Barcala (Santa Mariña)*
Clara Iglesias Cortizo
- SANTA MARIÑA: é o nome da patroa da parroquia e designa o lugar onde está situada a igrexa. O antropónimo Mariña procede do nome latino MARINA, ben procedente do masculino MARIUS, derivado de MARS-MARTIS; ou ben do adxectivo MARINAM, derivado de MARE-MARIS > mar.
- TRASANDE: mome de posesor. Deriva de VILLAM TRASENANDI, do antropónimo xermánico Trasenandus.
Barcala (Santa Mariña)
Manuel Reimóndez Portela.
Dende que as xentes teñen coñecemento desta parroquia, chamáronlle sempre Santa Mariña de Barcala.
Coa súa homónima San Miguel, están separadas fisicamente do val que forman as parroquias de Vea constituíndo elas soas tamén, un fermoso val encaixado entre montañas polo leste e polo oeste, pode considerarse como as da zona da Ulla e da Vea Baixa xa que son Ribeireñas do río grande e por ¡so teñen a mesma beleza de paisaxe e a mesma bonanza das súas terras.
LINDES: linda polo norte con San Miguel de Barcala, polo leste con San Xurxo de Vea e Frades, que tamén lie dá linde en parte polo sur. Polo oeste cos concellos de Valga e de Padrón.
Por razón alfabética do seu nome ocupa ao numero 9 entre as demais do concello da Estrada.
E pola razón da súa superficie correspóndelle ao número 26 con 477 hectáreas. Ten so dous lugares:

COMUNICACIÓNS: Santa Mariña atópase coa súa homónima San Miguel formando un fondo e fermoso val... o de Barcala, que dá ao río Ulla. Unha estrada pasa pola metade da parroquia de leste a oeste, entrando desde o val de Vea polo Alto do Chedón cara a Ponte Cesures, ou dende Souto.
Novas entradas e pistas arrancan de Couso seguindo á beira do río ata San Miguel de Barcala e desde alí soben a Santa Mariña. Tamén dende esta parroquia vai subindo monte arriba outra cara a Frades e Requián.
Fíxose a concentración parcelaria, que abriu numerosas pistas, a máis importante a que une Santa Mariña con Trasande. Están agardando poder facer a concentración parcelaria do monte.
Camiño real: este camiño viña da Estrada polos Gondomares de San Xiao de Vea por debaixo do Chedón cara á Igrexa, seguía por xunto ao cruceiro (por onde leva o mesmo nome e está un fermoso cruceiro) pasaba por onde a capela de San Uberto cara a Infesta, ou sexa Ponte Cesures. Ten moi preto, a seis quilómetros, a autoestrada AP-9, que pasa por Portal de Forno en Ponte Cesures, tendo entrada en Padrón.
HIDROGRAFÍA: so ten a parroquia un regueiro que chaman aquí de Caldeirón, que baixa cara San Miguel para verter no Ulla en Estroveiro.
PONTES OU PONTELLAS: ten a chamada do Pomariño na estrada a Cesures, regato do Caldeirón. A do Brexe no mesmo regato, e a de Estroveiro, vén de Requeirón onde nace.
FONTES: atópase a fonte do Quinteiro na mesma aldea, que os veciños encanaron ás casas. Actualmente esta fonte está arranxada dende hai 10 ou 12 anos e non está encanada para as casas. A fonte de Fontarán atópase no lugar do mesmo nome.
OROGRAFÍA: o monte Feáns fai de linde polo leste e sur, unha alta montaña que a protexe deses aires. Polo norte cae mirando ao río grande.
PAISAXE: a paisaxe é moi fermosa dende o cume do monte Chedón e por suposto dende a mesma parroquia con San Miguel alí abaixo, e térras de Carcacía á fronte, río por medio.
PEDRAS: moi importantes son os tres cruceiros da parroquia que están en pé, que son:
1 Situación: parroquia de Santa Mariña de Barcala, preto da escola ao borde dun antigo camiño.
Descrición: plataforma: tres chanzos cuadrangulares. Pedestal: cúbico, con "gorxa". Columna: octogonal, comeza e remata cuadranglar, redonda e logo acanalada. Capitel: cuadrangular con anxos e volutas. Cruz: redonda, latina, lisa. Anverso: Cristo crucificado. Reverso: Inmaculada. Altura: máis de cinco metros.
Inscricións: non se observan.
Conservación: boa.
Tradición: un de tantos cruceiros á beira do camiño, sinalando unha ruta, no medio do campo da festa do Caeiro.
2 Situación: á beira da estrada A Estrada-Cesures, á altura do quilómetro 11, fronte á capela de San Humberto ou San Xoán.
Descrición: pedestal: cinco chanzos e base cúbica con catro caveiras gravadas nos cantos; cobra, año, costelas e lagarto.
Columna: redonda con estrías de elegante fuste, base cilíndrica con gravados de bustos de santos. Capitel: cilíndrico con volutas. Na parte central catro grupos escultóricos, dous bispos e dous tríos de santos. Na base, en caras opostas, un sol e unha lúa crecente. Cruz: redonda con estrías rematada en motivos florais. Anverso: Cristo separado da cruz. Reverso: Virxe orando cun trío de anxos aos seus pés. Altura: 5.50 metros.
Inscricións: algúns signos ilexibles, so se puido descifrar: AÑO: 1692/ALONSO/ilexible/ilexible/ POR SU DEBOCIÓN/
Conservación: Boa.
Tradición: emprazado anteriormente na divisoria dos concellos da Estrada e Cesures, no alto do monte, no chamado camiño do Sal, paso obrigado dos carreteiros que ían buscar esta mercadoría a Cesures, onde había unha fonte para lie dar de beber ás bestas. Foi custeado por estes traficantes como protección contra as treboadas e salteadores de camiños. Abandonado aquel camiño, trasladouse ao emprazamento actual, (tomado de "Cruceiros de Couso" por alumnos desta escola. Dtor. Olimpio Arca Caldas).
3 Situación: no monte Caeiro, abaixo da capela.
Descrición: cruz de monte. Sen pedestal. Comeza cadrado, pasa a ter seis lados e remata cadrado. Con cruz de punta tallada e biselada.
Conservación: boa. Ten dúas unións no pé do pedestal e na base da cruz.
Tradición: preto del atópanse os santos das dúas Barcalas o día de San Xoán.
HISTORIA: desta parroquia di Jerónimo del Hoyo no ano 1607: "Santa Marina de Barcala.
Es anexa esta feligresía a San Miguel de Barcala; tiene 16 feligreses. Los fructos todos al rector, que baldrán, con la cabeza, cuarenta cargas de pan. Presentación de legos. La fábrica no tiene renta ninguna. Hay una ermita en lo alto del monte que se llama San Juan de Castro Valente, donde dicen había en años pasados gran devoción y concurso de gentes".
Catastro de Ensenada: os moi importantes datos que se atopan neste catastro do Marqués de la Ensenada poden lerse no capítulo dedicado a este, onda o grupo de parroquias que forma a Xurisdición de Vea.
Pascual Madoz no seu dicionario, anos 1846-50, dinos desta parroquia:
"Barcala (Santa Marina de), feligresía de la provincia de Pontevedra (7 leg.) diócesis de Santiago (4) partido judicial de Tabeirós (2), ayuntamiento de La Estrada (2). Situada a la falda del monte Feáns que la separan por el este de las de Vea y Frades en terreno pendiente y desigual con buena ventilación por el NE y N. Goza de clima templado y sano pués solo se conocen algunas pulmonías, comprende los lugares de Santa Marina y Trasande. Tiene 42 casas y una iglesia (Santa Marina) anexa a San Miguel de Barcala, servido por el cura de la matriz con cuya feligresía confina este termino, por N. (1/4) por E. y S. con el denominado monte de Feáns, donde se halla su extremo en sitio sombrío una ermita dedicada a San Juan Bautista y por el O. con el monte Caeyro, con este nombre se conoce una venta o taberna que hay también dentro del radio que describen los límites. El terreno es arcilloso de regular calidad, le fertiliza el río Ulla y da impulso con sus aguas en invierno a un molino de harina, sus repetidos Montes Teans y Caeyro están poblados de bosques, dehesas y tojales, que producen bastante leña y albergan fieras.
Caminos: uno de Padrón a La Estrada que toca en el lugar de la iglesia y comunica con las provincias de la Coruña y Pontevedra. El correo se recibe de Padrón por un correo estraordinario. Produce trigo, maíz, centeno, lino, nabos y patatas siendo ésta y la de maíz las mayores cosechas, cría ganado lanar, mular, cabrío y con preferencia vacuno, caza de conejos, liebres, perdices, zorros y lobos y pesca de truchas y anguilas. Industria la hilanza y tejido de lino y estopa para uso ordinario, la fabricación de carbón y el referido molino. Población 65 vecinos, 325 almas."
Nomenclátor Arz. de Santiago:
"Barcala S. Miguel y Barcala Santa Marina: Vea- Pontevedra- Estrada-Estrada-Ecco. real y varios legos-Entrada, 1 33 vecinos y 577 almas entre las dos- Estradas. Personal: García Prto D.Felipe, Parroc. 56 a. carr. incompleta. García D. Bernardo, Pbtro. García D. Manuel Pbtro."
No censo do ano 1924 tiña 234 habitantes.
Gerardo Álvarez Limeses en 1936 ("Geografía General del Reino de Galicia"); dinos:
"Barcala (Santa Marina). Está a la misma distancia que San Miguel, de Pontevedra y de La Estrada y limita: al N. con Barcala (San Miguel), al S. con Frades, al E. con Vea (San Andrés y San Jorge) y al O. con Requiejo.
Entidades: Iglesia con 145 habitantes y Trasande con 89 o sea en total 234 habitantes. Está situada en una prolongación del valle del Ulla hacia la parte oriental del macizo de montañoso de Xesteira y su terreno es de regular calidad. Sus montes se denominan Caeiro y Caldeirón. La ataviesa la carretera de Puente Cesures a Baloira y la riega un arroyo que nace en Requián y desemboca en el Ulla.
La iglesia tiene un arco romano y en el Caeiro hay una ermita sin importancia. Sus principales fiestas son la patronal y las de San Roque, el Sacramento y San Juan. Entre esta parroquia y la de Frades y Valga está el llamado campo de la Armada donde se dio una importante acción contra los franceses durante al guerra de la Independencia."
IGREXA PARROQUIAL: sobre da ¡grexa de Santa Mariña de Barcala di Hipólito de Sá... "Su perspectiva es altamente original por la torre cilindrica con remate piramidal que se construyó sobre el cuerpo prismático que, adosado a la fachada, cubre la puerta de entrada formando un diminuto pórtico. La abertura de la puerta es semicircular y ligeramente apuntada con molduras rehundidas en las jambas y está protegida por la base del cuerpo de la torre, que se apoya en la fachada y en dos columnas de sólidos fustes cilindricos y bases cuadradas. La nave fue reconstruida y por ello está modificada su traza primitiva conservando el ábside rectangular románico dividido en dos tramos por el arco triunfal y otro secundario de directriz apuntada, los cuales se apoyan en semicolumnas adosadas de fuste corto y originales capiteles de ornamentación floral.
Un podio corrido sirve de basamento a los plintos de las columnas y una imposta de bolas, hoy incompletas, une los ábacos de las columnas y marca de arranque de la bóveda apuntada que cubre la capilla mayor.
En la cabecera un pequeño retablo sin mayor valor artístico tapa la ventana románica del testero. Se ven en la abertura del arco triunfal los arranques de la antigua nave románica por cuyos muros se extendía la prolongación de la imposta que en parte se conserva en los muros de la capilla del ábside.
Exteriormente el ábside tiene dos tramos entre dos pares de contrafuertes, que responden al empuje de los arcos interiores con tan sólo un canecillo en cada tramo. El alero fue elevado mediante un friso completamente liso, que se apoya sobre los antiguos contrafuertes elevación que obligó a modificar la directriz de los arcos interiores, que inicialmente eran de medio punto y ahora están ligeramente apuntados. La ventana del testero es semicircular con doble archivolta ornamentada con bolas y un par de columnas acodilladas y ábacos salientes con señales que se prolongan a lo largo del muro de la cabecera. La abertura interior está tapada y sobre ella se lee el nombre de la titular de la iglesia: Santa Mariña".
Outros datos: igrexa parroquial. Ten unha fachada con porta de arco semicircular, ante ela dúas grandes columnas que forman un pequeño pórtico que se desenvolve formando o campanario.
En febreiro de 2003 un lóstrego destruíu o fermoso campanario tirando toda a torre. Atópase xa restaurada.
Nas "calles" laterais dous grandes contrafortes. Sancristía acaroada ao muro norte, ábsida rectangular románica con tres contrafortes laterais e canzorro liso no aleiro. No centro da cabeceira, saeteira románica cega sobre arquivolta decorada sobre columnas de capiteis vexetais. Muro liso, contraforte na unión ábsida-nave. Interior: arco triunfal apuntado e dobrado, paralelo a el un segundo arco de igual directriz, apean os dous nun par de columnas con capiteis e debuxos vexetais. O presbiterio cóbrese con bóveda de canon apuntado.
Fixéronse os altares a San Roque e a Virxe do Carme, que eran de ladrillo e agora se puxeron en pedra. Foi restaurada hai 4 ou 5 anos, retiraron o vello retablo para deixar á vista a ventá románica e retirouse a cal das paredes para deixar á vista a pedra.
A igrexa segundo Sanmartín: "...fue visitada en 1981 por personas desconocidas que se llevaron 4 tallas, una de ellas la imagen de la patrona, otra del siglo XVI (en definitiva, levaron todas as imaxes menos a de San Caétan), además de un copón, un cáliz y una patena, todo de plata".
Inscrición campás: grande AÑO 1902 MELCHOR OCAMPO ME HIZO ARCOS DE LA CONDESA, pequeña: HIZOSE SIENDO ABAD DE SN MIGUEL DE BARCALA Y SU UNIDA STA MARI ÑA D. FELIPE PORTO. JHS MARÍA Y JOSÉ AÑO DE 1862.
Capela do lugar de Caeiro. trátase dunha capela de planta rectangular, coa advocación de San Xoán, onde se venera tamén a San Humberto, patrón dos cazadores, que trouxeron a súa imaxe. Portada alintelada. Fachada rematada en espadaña central dun van. Ábsida máis estreita cá nave. Capela cuberta interiormente a dúas augas. Ten arco triunfal de medio punto sobre xambas encapiteladas. Diante da fachada ten un pequeno pórtico composto por un muro con antepeito tellado que seguramente o cubriría, está afundido.
FESTAS: celébranse festas do patrón, neste caso a patroa Santa Mariña o día 18 de xullo. O Santísimo Sacramento o día 19 e o San Roque o día 20. O día 24 de xuño celébrase a festa de S. Xoán, en Caeiro, e ao día seguinte Santa Lucía. O día de San Xoán as dúas parroquias de Barcala (Santa Mariña en San Miguel) van cos estandartes e cos santos antes da misa ata o cruceiro no medio do monte e alí tócanse as cruces e despois van todos xuntos para a capela.
INDUSTRIA: non ten industrias a parroquia a non ser algún muíño no regueiro que vén de Requián como dixemos.
Funcionan unha empresa de construción e uns invernadoiros.
Muíños: na presa de auga de regadío, a presa da Aldea existen os seguintes muíños : o das Laceiras, o dos Duros o muíño de Abaixo e aínda atopamos un cuarto muíño; ningún deles se está utilizando. Compre destacar tamén o de Pazos, o de Pedro Magán e o de Romaio, no regueiro de Pomariño.
Tamén existe unha taberna en Santa Mariña.
ENSINO: recíbeno no colexio público de CEIP do Souto (Colexio Villar Paramá)... levando os nenos o transporte escolar.
CENTROS CULTURAIS: a antiga escola, aparentemente en bo estado, con ventás novas, fai falta arranxala por dentro, para o seu óptimo funcionamento.
Asociación de veciños Santa Mariña, constituíuse en 2004 e encargouse do arranxo do campanario da igrexa.
DEPORTES: o principal é a pesca no río Ulla, alí preto na veciña San Miguel de Barcala e por suposto a caza de pluma e pelo nos montes que rodean a parroquia. Polo que atinxe á economía e vivenda esta parroquia mellorou, aínda que ten que poñerse ao nivel das parroquias dos Veas por exemplo. Neste momento están empezando a concentración parcelaria cos beneficios de pistas e camiños afirmados, aínda os veciños non deixaban facer pista polo leste lo lugar.
OUTROS DATOS: di Pedro Varela "que en sesión do Concello de 23 de xullo de 1847 lémbranse os danos que fan os animais salvaxes nos montes da parroquia". "No século XVIII tiña Santa Mariña unha fábrica de cal á que se consideraba de utilidade 100 reás de vellón".
(Catastro de Ensenada); e Varela sinala:
"Nesta de Santa Mariña de Barcala tiñan unha fábrica de cal de José Pardal veciño de Santa María de Herbón... considérasela de utilidade 100 reás de vellón".
TOPONIMIA MENOR: chamadeiros importantes son o monte da Pedreira, a fonte da Virxe, as Pedras do Raposo, o Mouro Morto, o monte de Caldeirón e o chamado monte da Armada onde din que se celebrou unha gran batalla.
PLANTÍOS REAIS: non aparecen plantíos de S.M. nesta parroquia... puidese ser a Devesa e Viveiro do Rei da súa homónima San Miguel correspóndese ás dúas parroquias.
TELEFONÍA: con fío, non sendo Trasande que TRAC.

Santa Mariña de Barcala*
Pedro Varela
Alá preto de Cesures e Padrón, a uns 16 quilómetros da Estrada, na aba do monte Teáns, está a parroquia de Santa Mariña de Barcala, que consta de 51 cabezas de familia e 236 habitantes.
Segundo o célebre historiador galego Verea e Aguiar, a denominación Barcala foi tomada do cartaxinés Amilcar Barca ou da familia Barcina. Outros historiadores aseguran que é palabra celta, con raíz bar, que significa “cume”, “cumio”. Por outra banda, se Barcala se escribiu nalgún tempo con “v”, como vimos en documentos antigos, atopámonos coa raíz var do grego, que pode significar “auga”, circunstancia moi de ter en conta porque por alí corre o caudaloso Ulla. Por último, cabe supoñer que Barcala veña das barcas ou barcazas, empregadas para cruzar este río.
Lugares: Igrexa e Trasande.
Lindeiros: norte, San Miguel de Barcala e San Xurxo de Vea; sur Frades e o Concello de Valga; leste, San Xurxo; oeste,Herbón e Requeixo.
Vías de comunicación: a estrada de Boimorto a Carril e mais camiños antigos: Hai unha ponte na devandita estrada.
Baña esta parroquia un regato que nace en Requián e desemboca no Ulla.
O ensino primario consiste nunha Escola Nacional servida por mestre, que xa funcionaba en 1856, a cargo do habilitado D.Francisco Antonio Iglesias.
No eclesiástico: Barcala ten por patroa a Santa Mariña; é filial de San Miguel e presentan para o curato varios leigos. A igrexa é reducida e moi antiga.
No punto coñecido por Caeiro, existe unha capela dedicada a San Xoán.
Festas anuais: a de Santa Mariña, o 13 de xullo; a de San Xoán, o 24 de xuño.
En sesión do Concello de data do 22 de xullo de 1847 alúdese aos danos que os animais salvaxes ocasionaban nos montes de Barcala.
Entre esta parroquia, Frades e Valga hai o «Campo da Armada», onde, segundo tradición, se librou unha grande batalla cando a guerra da Independencia. Despois dese campo hai o de Mouro Morto, próximo ao monte de Caldeirón.
Reciben o correo por San Miguel.
*Pedro Varela, A Estrada.