Manuel Reimóndez Portela
Pertence este concello á demarcación ou comarca de Terra de Montes, do partido xudicial da Estrada, que compón con estoutro concello e co de Forcarei. Linda con Cotobade, Cuntis, Forcarei, A Estrada e Campo Lameiro.
Ten unha extensión superficial de 80 Km.2, e no seu chan érguense actualmente 35 cruceiros, o que lle outorga unha densidade destes monumentos de 0,43 por cento, ou o que é o mesmo, con máis de 4 cruceiros por cada 10 Km.2.
Con esta proporción, ocupa o primeiro lugar de toda a zona estudada que presentamos.
Entre este número de cruceiros cómpre considerarmos que 13 deles pertencen a dous “Vía Crucis” antigos. Un, do que restan dez cruceiros, pertencente a Quireza, e o outro, do que restan 3 cruceiros, pertencente á parroquia de Pedre.
Dos trinta e cinco cruceiros sinalados incluíndo os do “Vía Crucis”, 16 teñen imaxe e os 19 restantes non, o que representa un 45 por 100 deles.
DATOS MAIS IMPORTANTES
Dentro do estudio destes cruceiros salientarémolos datos que recollemos, analizándoos individualmente un a un.
PLATAFORMA OU BASE.—A grada ou pasos, elemento substancial dos monumentos coñecidos coma cruceiros, ten unha boa representación en Cerdedo, onde se observa diferente cantidade deles en número de vinte, quedando quince sen pasos, sendo de destacar que entre estes se atopen os do “Vía Crucis”, que en xeral soamente teñen á vista un pedestal.
Segundo o número de pasos das súas bases, quedan clasificados así: un paso, tres cruceiros; con dous, nove cruceiros; con tres, seis cruceiros e, con catro, dous cruceiros.
MESAS.—Catro dos cruceiros deste concello teñen mesas, coa clásica finalidade de repousar nelas os cadaleitos dos defuntos de paso ós funerais de corpo presente ó cemiterio.
PEDESTAIS.—A gran maioría teñen o pedestal común, que é o cúbico biselado que alcanza a cifra de 27. Dous deles presentan un pedestal de forma de pirámide truncada. Hai outros dous octogonais e outros dous tamén redondos. Un é cuadrangular, sen biselar, e outro ten a orixinalidade de presentar unha capeliña por pedestal; élle-lo de Vichocuntín, fermoso cruceiro el.
VARAIS OU COLUMNAS.—Privan nesta ocasión os varais redondos lisos, cando os de sección octogonal son en xeral máis frecuentes. Temos 15 varais redondos e 14 de sección octogonal, entre os que se encontran case tódolos cruceiros do “Via Crucis”. Tres varais son tamén redondos, pero con estrías, e outros tres son hexagonais ou de semellante sección, debido ó forte bisel dos seus ángulos.
CAPITEIS.—Cómpre subliñar que tódolos cruceiros deste concello posúen capitel, moitos deles moi ricos en adornos. Non existe polo tanto ningún que sexa a simple cruz alta de pedra ergueita sobre unha plataforma ou base e un pedestal soamente.
Temos 12 de forma, máis ou menos, de pirámide cuadrangular invertida, por suposto truncada. E 13 deles son cuadrangulares, ás veces en varios planos. Dezasete deles teñen volutas e outras clases de adornos, e seis presentan querubíns nas súas caras, non nos ángulos.
É raro que un cruceiro presente o seu capitel en forma de ovoide, neste caso liso. Coñecemos algún na Golada, e desta particular forma de capitel damos unha opinión persoal nunhas conclusións xerais. Este cruceiro é o da parroquia de Parada.
CRUZ.—Predomina, evidentemente, a sección cadrada nas cruces deste concello; por suposto, todas elas son latinas. Inflúe de xeito decisivo se temos en conta que entre elas están as dos cruceiros que forman o “Via Crucis”. Hai ademais oito octogonais, catro cadradas con bordes biselados, unha hexagonal, dúas de forma romboidal e outras dúas en forma de ’X’.
ANVERSO.—Rexístranse 16 cruceiros coa imaxe clásica de Xesús Cristo crucificado; neles aparece sempre con tres cravos, facendo bó o parecer de Castelao, no senso de que en Galicia non existe Cristo cravado con catro cravos, como se estilaba nalgún tempo.
Con coroa de espiñas rexistrámolo en 14 ocasións.
En canto á posición da cabeza, vemos que en dez casos tena lixeiramente inclinada á dereita, en dúas ergueita, e en tres inclinada lixeiramente cara adiante.
Polo que se refire á postura das mans, esta é a porcentaxe:
—Coas mans abertas: seis cruceiros.
—Coas mans pechadas: catro.
—Coas mans medias pechadas: cinco.
—Cos dedos da man dereita (indicador e medio) abenzoando, témolo do cemiterio de Cerdedo.
—Teñen a inscrición I.N.R.I.: 15 cruceiros.
REVERSO.—Aparece a imaxe de María pregando, en 12 cruceiros. Un deles, o do cemiterio de Cerdedo, non ten reverso ou, mellor dito, non presenta ningunha imaxe no mesmo.
A imaxe con coroa aparece nunha ocasión, e en oito casos hai querubíns (un ou máis) ós pés. En cinco casos ten peaña debaixo, sobre a que pode descansar.
Nunha ocasión aparece soa a imaxe da Virxe —no cruceiro do “Via Crucis” de Quireza— e, formando parte do mesmo “Via Crucis”, hai outro cruceiro cunha imaxe, que se trata neste caso dun peregrino descansando cunha cuncha de vieira ós pés.
A imaxe da Virxe María á que nos acabamos de referir, está presente coa advocación das Angustias co seu Fillo recostado sobre o brazo dereito.
MOTIVOS DA PAIXÓN.—Considerados no seu conxunto —xa que están especificados nas correspondentes fotografías—, obsérvanse os seguintes motivos da Paixón: en catro, caveiras; en un, un sol; en dous, tibias cruzadas; en un, un martelo.
Estas son as figuras en conxunto, moitas delas figuran xuntas no mesmo cruceiro.
INSCRICIÓNS.—Só puidemos constatar INSCRICIÓNS en catro cruceiros.
REPARTO DE SITUACIÓNS TOPOGRÁFICAS.—Cruceiros pertencentes a igrexas e ó seu entorno, nove; cruceiros correspondentes ó entorno de ermidas, doce; cruceiros de “Vía Crucis”, trece; un “Vía Crucis” ten dez (Quireza) e o outro ten tres (Pedre); cruceiros de encrucillada, cinco; cruceiro de cemiterio, un.
CARACTERÍSTICAS PARTICULARES A SALIENTAR.—As imaxes dos cruceiros que se observan son moi artísticas. É mester salientar tamén a gran cantidade de cruces que “sementan” o chan da terra de Cerdedo.
O “Vía Crucis” de Quireza é magnífico. Empeza cun altísimo e gran cruceiro para seguir polo adro e camposanto con dez cruceiros a pé, faltando os outros (un derrubado recentemente por un coche). Tamén é interesantísimo o conxunto de nobre e harmoniosa pedra que forman en Pedre os seus cruceiros cos seus numerosos hórreos, tamén pétreos. Constitúe un dos senlleiros recantos galegos que nos restan sen excesivas alteracións. Un magnífico conxunto arquitectónico de arquitectura popular.
O cruceiro do camposanto de Cerdedo sen figura no anverso é de traza moderna, ten a particularidade de presentala man dereita de Cristo cravada con soamente o dedo indicador e o medio estendidos bendicindo; a esquerda está aberta, perdoando.
Cómpre subliñar tamén o feito de que cada ermida (12 en total) ten cadanseu cruceiro.
E, por suposto, o excepcional, o senlleiro de Vichocuntín coa súa capela como pedestal, os de Quireza, Castro, Carballás —magnífico, pero nun entorno noxento que dá mágoa—, os fermosos de Cerdedo (igrexa) e Folgoso, e o abandonado da Ponte do Pego de Parada.
Atopamos un “Peto de Animas” no cruceiro da ermida de San Antonio de Cerdedo.

Castro
SITUACIÓN: Parroquia de CASTRO. Nun antigo camiño, hoxe feito «pista», na banda de arriba da igrexa.
BASEAMENTO: Plataforma: Catro graos cuadrangulares, mal colocados. Pedestal: Cuadrangular de forma pouco corrente, por ter dúas fondas «gorxas». VARAL: Octogonal, liso. CAPITEL: Cuadrangular con enfeites. CRUCIFIXO: Latino, liso, sección cadrada. Anverso: Cristo crucificado, tres cravos, mans pechadas, cabeza deitada cara a dereita, coroa de espiñas, I.N.R.I. Reverso: Virxe Inmaculada, pregando collidas as mans. ALTURA: Uns seis metros. INSCRICIÓN: Non se atopan. CONSERVACIÓN: Mala. PROPIEDADE: Recórdase alí desde sempre e fálase se foi ergueito cando fixeron a igrexa. Alí fan parada cos defuntos que veñen de Filgueira. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de CASTRO, lugar de Bugarín, fronte á capela de Sta. Tereixa de Xesús.
BASEAMENTO:
Plataforma: Dous graos cuadrangulares.
Pedestal: Cúbico, coas beiras de arriba biseladas ou chafranadas.
VARAL: Octogonal, liso.
CAPITEL: Cuadrangular, liso.
CRUCIFIXO: De sección romboidal, rematando cuadrangular.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Regular.
PROPIEDADE: Pública.

SITUACIÓN: Parroquia de CASTRO, lugar de Filgueira.
BASEAMENTO:
Plataforma: Dous graos cuadrangulares.
Pedestal: Tronco de pirámide cuadrangular.
VARAL: Octogonal, lisa.
CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertida, con algúns «planos».
CRUCIFIXO: Octogonal, liso.
ALTURA: Uns catro metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa.

Cerdedo
SITUACIÓN: Parroquia de CERDEDO, á entrada da igrexa.
BASEAMENTO: Plataforma: Catro graos formando octógonos. Pedestal: Octogonal con «gorxa». VARAL: Comeza octogonal, con imaxes da Paixón: Pala, martelo, tibias en X, escaleira... segue en «tirabuzón», cilíndrico. CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertido con un anxo nas catro caras. CRUCIFIXO: Cilíndrico, liso. Anverso: Cristo crucificado, cabeza cara adiante, tres cravos, I.N.R.I. Reverso: Inmaculada pregando enriba dun pedestal. ALTURA: Moi alto, máis de sete metros? INSCRICIÓN: Cara ant. no pedestal: 1.900. Detrás: M. C..M. CONSERVACIÓN: Moi boa. PROPIEDADE: Forma parte do conxunto da igrexa. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de CERDEDO, diante da capela de S. Antón, onda un moi antigo camiño e ponte romana.
BASEAMENTO: Plataforma: Dous graos cuadrangulares. Pedestal: Cúbico, rematando con enfeites, por diante «Peto de Animas», faltándolle a tampa que tiña enriba. VARAL: Cilíndrico, liso. CAPITEL: Cuadrangular con volutas, enfeites e un anxo nas catro caras. CRUCIFIXO: Cuadrangular biselado. Anverso: Cristo crucificado, cabeza cara a dereita, tres cravos, coroa de espiñas, I.N.R.I. Reverso: Un peregrino con báculo, cabaza na man dereita e o Neno Xesús enriba da esquerda. ALTURA: Preto de seis metros. INSCRICIÓN: Soamente se da lido: «... ofrecieron esta» CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. |
|
SITUACIÓN: Lugar de AREN, no adro da capela.
BASEAMENTO:
Plataforma: Non ten.
Pedestal: Cilíndrico con «gorxa».
VARAL: Octogonal, liso.
CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertido, en cada cara unha caveira, en cada ángulo un anxo.
Anverso: Coñécese que a fixeron de novo de cemento, pois o resto do cruceiro parece moito máis vello, ten un corazón coa coroa de espiñas e a data 1.950, en que lle puxeron este crucifixo.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa.
BASEAMENTO:
Plataforma: Non ten.
Pedestal: Cilíndrico con «gorxa».
VARAL: Octogonal, liso.
CAPITEL: Tronco de pirámide cuadrangular invertido, en cada cara unha caveira, en cada ángulo un anxo.
Anverso: Coñécese que a fixeron de novo de cemento, pois o resto do cruceiro parece moito máis vello, ten un corazón coa coroa de espiñas e a data 1.950, en que lle puxeron este crucifixo.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa.
SITUACIÓN: Lugar de S. BERNABÉ, un pouco á esquerda da capela do mesmo nome.
BASEAMENTO:
Plataforma: Tres graos rectangulares máis longos na dirección Leste-Oeste.
Pedestal: Cúbico, biselado.
VARAL: Hexagonal, liso.
CAPITEL: Un ovoide.
CRUCIFIXO: Cuadrangular, liso.
ALTURA: Uns cinco metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa.
PROPIEDADE: Pública.
BASEAMENTO:
Plataforma: Tres graos rectangulares máis longos na dirección Leste-Oeste.
Pedestal: Cúbico, biselado.
VARAL: Hexagonal, liso.
CAPITEL: Un ovoide.
CRUCIFIXO: Cuadrangular, liso.
ALTURA: Uns cinco metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa.
PROPIEDADE: Pública.
SITUACIÓN: Lugar de CARBALLAS, no medio dunha praciña, preto da capeliña da Purísima.
BASEAMENTO:
Plataforma: Ten soamente unha pedra de caras rectangulares.
Pedestal: Cuadrangular con un grande «cuello».
VARAL: Empeza cuadrangular para seguir octogonal, por diante ten a Virxe coa cara do «Ecce Homo» nas mans.
CAPITEL: Cuadrangular con querubín por cada unha das caras.
CRUCIFIXO: Cilíndrico espiñoso.
Anverso: Cristo crucificado coa cabeza para diante, con barba, coroa de espiñas, tres cravos e mans pechadas.
Reverso: Virxe Inmaculada pregando, sostida por un querubín ós seus pés.
ALTURA: Máis de cinco metros.
INSCRICIÓN: Non se atopan.
TRADICIÓN: Dise que o mandou erixir un veciño de Quireza, ou máis ben que o fixo el mesmo. Alí van sempre as procesións. Amolárono arrimándolle un bebedeiro pro gando.
CONSERVACIÓN: Regular.
PROPIEDADE: Pública e din os veciños que o quixeron levar para Cerdedo mais non lle deixaron.

SITUACIÓN: No cemiterio.
BASEAMENTO:
Plataforma: Tres graos cuadrangulares.
Pedestal: Cúbico.
VARAL: Redondo, liso, que sigue coa cruz (sen capitel) tamén cilíndrico.
CAPITEL: Non ten.
CRUCIFIXO: Cilíndrico, liso.
Anverso: Cristo crucificado, coa cabeza para a dereita, coroa de espiñas.
Reverso: Non ten imaxes.
ALTURA: Uns cinco metros.
INSCRICIÓN: Na cara ant. do pedestal, placa de mármore que dí:
Tiende Sr. tus brazos yertos Sobre las tumbas de nuestros muertos Que el postrer día, Estos sus cuerpos Al alma unidos. Suban al cielo.
J. F. P.

SITUACIÓN: Lugar de CHAMADOIRA, diante da entrada principal da capela de S. Bartolomé.
BASEAMENTO:
Plataforma: Dous graos cuadrangulares.
Pedestal: Cuadrangular con bordes de arriba biselados.
VARAL: Empeza cuadrangular, segue estriado ó longo e remata formando o capitel, cuadrangular.
CRUCIFIXO: Octogonal.
ALTURA: Uns tres metros e medio.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Mala.

SITUACIÓN: Lugar de MEILIDE, ó Sur da capela de Loreto.
BASEAMENTO:
Plataforma: Unha pedra irregular.
Pedestal: Cilíndrico en dous planos o de arriba máis estreito.
VARAL: Octogonal, liso.
CAPITEL: Pirámide cuadrangular invertido.
CRUCIFIXO Octogonal, liso.
Reverso: Círculo.
ALTURA: Uns catro metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa.
PROPIEDADE: A capela foi erixida polo cura Lourenzo no 1555; non se sabe cando foi erixido o cruceiro.

Figueiroa
SITUACIÓN: Xunto á capela do S. Martiño, preto e ó Oeste da capela.
BASEAMENTO:
Plataforma: Tres graos cuadrangulares.
Pedestal: Cúbico biselado, mesa diante do cruceiro sostida por un pé desde o primeiro grao da plataforma, ten o mesmo outo que o pedestal.
VARAL: Redondo, liso.
CAPITEL: Cuadrangular.
CRUCIFIXO: Cilíndrico, liso.
Anverso: Cristo crucificado, cabeza para diante, mans pechadas, tres cravos, coroa de espiñas, I.N.R.I.
Reverso: Virxe pregando, mans xuntas ergueitas, de pé enriba dunha peaña.
ALTURA: Uns cinco metros.
INSCRICIÓN: Non se ollan.
CONSERVACIÓN: (Cruceiro de arredor da capela, coma moitos outros). Boa.

Folgoso
SITUACIÓN: Parroquia de FOLGOSO, á banda esquerda da estrada xeral Pontevedra-Ourense, onde comeza a »pista» para a igrexa.
BASEAMENTO: Plataforma: Dous graos cuadrangulares. Pedestal: Cuadrangular, moi «traballado» e signos da Paixón: Tenazas, sol e martelo. VARAL: Comeza cuadrangular para seguir redondo, liso con unha imaxe de S. Antón. CAPITEL: Cuadrangular con un anxo en cada cara. CRUCIFIXO: Redondo espiñoso. Anverso: Imaxe de Cristo crucificado, cabeza cara á dereita, tres cravos. Reverso: Imaxe da Virxe pregando sostida por un anxo ós seus pés. ALTURA: Uns cinco metros. INSCRICIÓN: Non se ollan. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Pública. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de FOLGOSO, na entrada ó adro da igrexa parroquial.
BASEAMENTO: Plataforma: Dous graos cuadrangulares. Pedestal: Cuadrangular biselado. Ten unha mesa rectangular no fronte que levanta un pouquiño máis que o pedestal sobre dun pé que sae do derradeiro grao da plataforma. VARAL: Redondo, liso. CAPITEL: Cuadrangular con enfeites, con un anxo en cada cara. CRUCIFIXO Sección en X. Anverso: Cristo crucificado ollando ó fronte, con coroa de espiñas, tres cravos, I.N.R.I. Reverso: Virxe pregando con coroa e un anxo ós seus pés. ALTURA: Preto de seis metros. INSCRICIÓN: Non ten. CONSERVACIÓN: Boa. |
|
Parada
SITUACIÓN: Parroquia de PARADA, en paraxe As Ermitas ou Ponte do Pego.
BASEAMENTO: Plataforma: Tres graos cuadrangulares. Pedestal: Cúbico con enfeites, con imaxes, cara de diante Adán e Eva. Cara dereita: chamas e almas no inferno. Cara de atrás: Imaxe dun santiño. Cara esquerda: enfeites de follas. VARAL: Empeza cadrado e despois octogonal, con unha imaxe na cara de diante. CAPITEL: Cuadrangular con moitos enfeites e un anxo en cada cara. CRUCIFIXO: Cilíndrico espiñoso. Anverso: Cristo crucificado co peito moi saínte para diante. Coroa de espiñas, tres cravos, moito pelo, I.N.R.I. Reverso: Imaxe da Virxe María pregando. ALTURA: Máis de catro metros. INSCRICIÓN: Non se ollan, mais é un fermoso cruceiro no monte cheo de toxos de frente da capela que se dixo. E un dos pouquísimos cruceiros con imaxes do inferno ou. purgatorio. CONSERVACIÓN: Mala. PROPIEDADE: Pública. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de PARADA, lugar de Portabarcia. Nunha encrucillada de camiños preto da estrada.
BASEAMENTO:
Plataforma: Enriba dun valado de pedra. Non ten graos.
Pedestal: Cilíndrico, liso.
VARAL: Cilíndrico, liso.
CAPITEL: Esférico, con estrías, feitas xeometricamente.
CRUCIFIXO: Cilíndrico, liso.
ALTURA: Máis de tres metros e medio. INSCRICIÓN: Non ten.

SITUACIÓN: Parroquia de PARADA, diante da igrexa parroquial no medio do camiño.
BASEAMENTO:
Plataforma: Tres graos cuadrangulares.
Pedestal: Cuadrangular, biselado.
VARAL: Cilíndrico, liso.
CAPITEL: Empeza redondo para seguir cuadrangular con un anxo en cada cara.
CRUCIFIXO: Cuadrangular, biselado.
Anverso: Cristo crucificado, tres cravos, coroa de espiñas, cabeza un pouco para a dereita,
I.N.R.I.
Reverso: Imaxe da Virxe María pregando, con un anxo ós seus pés.
ALTURA: Uns catro metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Boa. Ten unha mesa de uns 60 cms. de alto diante do cruceiro, mais apartada del.

SITUACIÓN: Parroquia de PARADA. Nunha encrucillada de camiños enriba dun valo.
BASEAMENTO:
Plataforma: Dalgunhas pedras cuadrangulares.
Pedestal: Cuadrangular.
VARAL: Non ten.
CAPITEL: Non ten.
CRUCIFIXO: Cuadrangular liso.
Anverso: Cristo crucificado (fáltalle o brazo esquerdo), cabeza para a dereita, coroa de espiñas, I.N.R.I.
Reverso: Imaxe da Virxe pregando.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Mala.
PROPIEDADE: Supoñemos que privada.

Pedre
SITUACIÓN: Parroquia de PEDRE, lugar de Vichacuntín.
BASEAMENTO: Plataforma: E unha obra feita en pedra, moi alta para nivelar co terreo moi en costa, sen graos. Pedestal: E o seguimento da base e nel ten unha capeliña onde estaría o pedestal e un «Peto de Animas», rematado por un tellado onde sae a vara. VARAL: Cilíndrico, liso. CAPITEL: Cuadrangular invertido, un anxo en cada cara e moitos enfeites. CRUCIFIXO: Cilíndrico, liso. Anverso: Cristo crucificado, cabeza cara a dereita, tres cravos, coroa de espiñas, I.N.R.I., mans pechadas. Reverso: Inmaculada pregando. ALTURA: Uns seis ou sete metro sen contar a grande obra da base. INSCRICIÓN: Placa de mármore no «Peto»: En el año 1.905. Se hizo este crucero Por orden de Manuel vecino y José Sieiro Donativo de D. Domingo Sieiro. CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Particular, da familia Sieiro que ten a casa alí diante do cruceiro. |
|
SITUACIÓN: Parroquia de PEDRE, na Eira grande, preto da igrexa, xunto a un antigo camiño de peregrinos, cara a Serrapio.
BASEAMENTO:
Plataforma: Sobre dunha pedra moi grande con tres graos polo Sur, cuadrangulares, e dous polo Norte polo mal nivel do terreo. O Este unha mesa.
Pedestal: Cuadrangular, moi pouco alto.
VARAL: Ata a metade liso cilíndrico e despois segue estriado.
CAPITEL: Cuadrangular.
CRUCIFIXO: Romboidal, liso.
Anverso: Cristo crucificado, coroa de espiñas, a cara para diante, mans pechadas, I.N.R.I. Reverso: Virxe pregando coas mans xuntas ergueitas.
ALTURA: Poida que máis de seis metros.
INSCRICIÓN: Non se atopan.
CONSERVACIÓN: Boa.
PROPIEDADE: Pública.
BASEAMENTO:
Plataforma: Sobre dunha pedra moi grande con tres graos polo Sur, cuadrangulares, e dous polo Norte polo mal nivel do terreo. O Este unha mesa.
Pedestal: Cuadrangular, moi pouco alto.
VARAL: Ata a metade liso cilíndrico e despois segue estriado.
CAPITEL: Cuadrangular.
CRUCIFIXO: Romboidal, liso.
Anverso: Cristo crucificado, coroa de espiñas, a cara para diante, mans pechadas, I.N.R.I. Reverso: Virxe pregando coas mans xuntas ergueitas.
ALTURA: Poida que máis de seis metros.
INSCRICIÓN: Non se atopan.
CONSERVACIÓN: Boa.
PROPIEDADE: Pública.
SITUACIÓN: Lugar de PEDRE, xunto á igrexa.
DESCRICIÓN: Son tres cruceiros que forman parte dun «Via Crucis»; os veciños acórdanse de outros xa desfeitos. Seguindo un camiño antIgo ate a Eira Grande, cara a Serrapio, ó Norte da igrexa. 1.° CRUCEIRO: Plataforma de dous graos, á súa esquerda unha escaleira para entrada dunha casa moi vella. Pedestal, cúbico, bordes sup. biselados. Columna ou varal: redonda lisa que remata formando o capitel cuadrangular. Cruz: Octogonal. Altura: uns dous metros e medio. Unha pequeniña cruz cravada na cara ant. do pedestal. 2.° CRUCEIRO: A uns 50 m. do outro, onde empeza a Eira Grande, sitio cheo de hórreos moi fermosos aínda que en ruínas. Plataforma: un grao cuadrangular. Pedestal: cúbico. Varal: cilíndrico, liso, remata cuadrangular formando o capitel. Cruz: octogonal. Non ten Inscricións. Altura: coma o de denantes. 3.° CRUCEIRO: A esquerda do camiño (os outros dous á dereita), e preto do gran cruceiro da Eira grande. Pedestal: cuadrangular. Columna: redonda, lisa. Cruz, octogonal, remata formando o capitel cuadrangular. Altura: coma os de denantes. CONSERVACIÓN: de todos é mala. SITUACIÓN: Parroquia de QUIREZA, lugar Tres Aldeas, á esquerda da estrada Codeseda-Cerdedo, onde sae unha «pista» para a parroquia de Castro. BASEAMENTO: Plataforma: Poida que estea enterrada. Pedestal: Tronco de pirámide. VARAL: Cilíndrico, liso. CAPITEL: Cuadrangular con volutas e enfeites. CRUCIFIXO: Cuadrangular con enfeites coma de «botóns». ALTURA: Uns catro metros. INSCRICIÓN: No pedestal pon: 1.824 e outra ilexible. CONSERVACIÓN: Mala. PROPIEDADE: Pública. |
|
Quireza
SITUACIÓN: Parroquia de QUIREZA, preto da casa reitoral e do adro da igrexa parroquial ó Sur da mesma.
BASEAMENTO: Plataforma: Dous graos octogonais, que se vexan, pode verse algo doutro enterrado. Pedestal: Octogonal con ampla «gorxa» e enfeites. VARAL: Poida que teña máis de seis metros de alto, dunha soia peza, empeza octogonal con imaxes da Paixón: escaleira, hisopo, espada..., sigue despois cilíndrico en tirabuzón. E un gran cruceiro con moita altura e moi traballado. CAPITEL: Cuadrangular con un anxo en cada cara e volutas. CRUCIFIXO: Octogonal, liso.
INSCRICIÓN: No pedestal, cara do lado esquerdo coa data 1.902 e na cara anterior: Este cruceiro se hizo... Año 1.902 siendo cura Manuel Rivas Gamallo. (En pequena placa de mármore.) CONSERVACIÓN: Boa. PROPIEDADE: Sábese que foi feito por José Ferreiro, veciño de Outeiro de Quireza. Houbo un desgusto na aldea porque cando o facían unha. vaca que traballaba prós canteiros partiu unha pata. Propiedade pública e o primeiro dun «Via Crucis». |
|
SITUACIÓN: Parroquia de QUIREZA, lugar de Vilachán, diante da capela da Consolación.
BASEAMENTO:
CAPITEL: Cuadrangular con enfeites.
CRUCIFIXO: Liso, hexagonal.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Mala.
BASEAMENTO:
- Plataforma: Non ten.
- Pedestal: Adivíñase case que a rentes da terra.
CAPITEL: Cuadrangular con enfeites.
CRUCIFIXO: Liso, hexagonal.
ALTURA: Uns tres metros.
INSCRICIÓN: Non ten.
CONSERVACIÓN: Mala.
SITUACIÓN: Parroquia de QUIREZA, lugar de Fondós, diante da capela de S. Xosé.
BASEAMENTO:
Plataforma: Puidera tela cuberta de terra. Pedestal: Cúbico con «gorxa».
VARAL: Cilíndrico, liso, moi curta polo que respecta ós outros compoñentes do cruceiro.
CAPITEL: Cuadrangular invertido.
CRUCIFIXO: De sección cadrada con algún enfeite.
ALTURA: Uns dous metros e medio.
INSCRICIÓN: Na cara de diante do capitel pon a data 1.826.

SITUACIÓN: Parroquia de QUIREZA.
DESCRICIÓN: E un Via Crucis no adro da igrexa de Quireza, que empeza despois do cruceiro tan alto da entrada do adro, percorre un longo camiño do adro, dá a volta arredor da igrexa e máis do cemiterio onde remata. Quedan en pé catro cruceiros.
Primeiro: Plataforma, non ten. Pedestal cuadrangular con unha caveira en cada esquina, cara de diante un lagarto, detrás un sapo e dos lados tibias cruzadas en X. Capitel, empeza redondo e remata cuadrangular. Cruz, cadrada lisa, de diante imaxe de Nosa Señora das Angustias.
Segundo: Pedestal, tronco de pirámide cuadrangular. Columna hexagonal, lisa. Capitel, cuadrangular, con volutas. Cruz, hexagonal, lisa.
Terceiro: Pedestal, tronco de pirámide cuadrangular. Varal, hexagonal, empeza cadrada. Cara de diante, imaxe de San Blas. Capitel, cuadrangular con enfeites. Cruz, cuadrangular, grande con enfeites.
Cuarto: Non se ven plataforma nin pedestal. Columna, hexagonal. Capitel, cuadrangular. Cruz, cuadrangular lisa, cara ant. a imaxe de Santiago peregrino.
Quinto: Pedestal, tronco de pirámide cuadrangular. Columna ou varal, hexagonal. Capitel, cuadrangular, liso. Cruz, unha cruz grande de sección cadrada. Altura, uns tres metros.
Sesto: Pedestal, soamente se olla un anaquiño por estar enterrado, é de sección cuadrangular.
Varal, hexagonal, liso. Capitel, cuadrangular con enfeites. Cruz, cuadrangular biselada. Altura, uns dous metros e medio.
Sétimo: Diante xusto da porta principal da igrexa. Pedestal, tronco de pirámide cuadrangular. Varal, hexagonal, empeza cuadrangular. Capitel, cuadrangular en planos. Cruz, grande, cuadrangular con enfeites.
Octavo: Pedestal, tronco de pirámide cuadrangular. Varal, hexagonal, lisa. Capitel, cuadrangular con enfeites. Cruz, pequena, hexagonal.
Noveno: Pedestal, tronco de pirámide cuadrangular. Varal, hexagonal, empeza cuadrangular. Capitel, cuadrangular con enfeites. Cruz, gran cruz que non garda proporción.
Décimo: O lado da entrada da «Casa de Fábrica», non se ve o pedestal. Varal, hexagonal lisa. Capitel, cuadrangular. Cruz, hexagonal, lisa con I.N.R.I.
A altura destes cruceiros é de dous a tres metros, pódense ver restos doutros cruceiros que eran compañeiros dos descritos para formar un gran Via Crucis.

Tomonde
SITUACIÓN: Parroquia de TOMONDE, nun monte preto ó Este da igrexa parroquial.
BASEAMENTO:
Plataforma: Case que non se ve. Diante unha mesa que chega ó alto da metade do pedestal.
Pedestal: Grande, cuadrangular, con dúas grandes «gorxas».
VARAL: Empeza cuadrangular, despois segue hexagonal, liso cas caras afundidas.
CAPITEL: Tronco pirámide cuadrangular invertido con enfeites.
CRUCIFIXO: Sección en X.
Anverso: Cristo crucificado, tres cravos, cabeza para a dereita, mans pechadas, I.N.R.I.
Reverso: Virxe pregando, tendo conta dela un anxo ós seus pés.
ALTURA: Máis de cinco metros.
INSCRICIÓN: Non se atopan.
CONSERVACIÓN: Mala, a mesa está caendo.

Esmoleiros e petos de ánimas de Cerdedo
Calros Solla
Principiamos unha nova xeira etnográfica, ocupándonos desta volta da escultura e da arquitectura popular cerdedesa vencellada ao costume cristián de solicitar o favor dos santos a través da esmola (esmoleiros) ou, polo mesmo procedemento, abreviar a estadía das ánimas no purgatorio, establecendo coas almas redimidas o tácito quid pro quo (petos de ánimas). Percorreremos camiños xa desbravados. Neste senso, é de obriga citar o amigo Estanislao Fernández de la Cigoña que, nos anos noventa do pasado século, investiu o seu lecer no inventario deste tesouro patrimonial espallado por toda Galiza. Polo que respecta ao territorio de Cerdedo, tentaremos coa presente serie de artigos facer fincapé na salvagarda da nosa arte popular e, asemade, achegar a oportuna addenda et corrigenda ao xa publicado.
O cruceiro de ánimas de Santo Antonio
O conxunto histórico de Santo Antonio localízase na parroquia de Cerdedo, a pouca distancia do núcleo urbano da capital (a uns escasos 400 m ao sur da igrexa parroquial). Esta constituído por un ramal da ancestral Verea Vella, unha ponte de orixe medieval sobre o río do Castro (reconstruída no século XVII), unha capela datada no século XVIII e un cruceiro que, como explicaremos, podería remontarse a mediados do século XIX ou ao XVIII (contemporáneo á capela). Como xa aclaramos no seu día, o reclamo de “conxunto romano” foi unha argallada de panocos que aínda persiste na sinalización.
No cruceiro de Santo Antonio, o alxibe das esmolas, entallado na parte superior e saínte do dado ou pedestal, pechábase cunha tampa de ferro con rañura e cadeado. Na actualidade, só se aprecian os rebaixes na pedra (dimensións do oco da tampa: 23x17 cm; do receptáculo: 15x10x10 cm de fondo), descoñecendo a data na que desapareceron as pezas de metal. E. Fernández de la Cigoña cataloga o cruceiro de Santo Antonio como “cruceiro de ánimas”. De la Cigoña visitou o lugar en 1996 e, naquela altura, creu ler no frontal do peto a seguinte inscrición gravada na pedra: “Como me bes te berás”. Así o consignou no seu libro Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia (1997). Porén, un ano despois, no seu outro libro Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra (1998) anota que non foi quen de descifrar a inscrición do peto, mais si parte da que se tallara na face oposta do pedestal: “Lo mandó azer por devoción Antonia Velo y su esposo...”.
Cómpre salientar que o cruceiro que describen tanto De la Cigoña (1996), coma Laredo Verdejo (1992) ou mesmo Reimóndez Portela (1985) non é o orixinal, xa que en 1972, as vibracións provocadas pola detonación de barrenos nas obras de ampliación do vial que comunica Cerdedo con Limeres, derrubaron o capitel e a cruz primixenios, na que só se representaba a imaxe de Cristo crucificado, e cuxos fragmentos se conservan na casa reitoral. No tocante ás inscricións, Reimóndez Portela leu no pedestal: “...ofrecieron esta”. Réimondez Portela, Laredo Verdejo e De la Cigoña cualifican o peto do cruceiro como “de ánimas”.
Desbotouse nos anos setenta a posibilidade de restaurar a cruz orixinal, encargándolle a feitura dunha nova ao escultor Eladio Martínez, con obradoiro en Bértola (Vilaboa), que tamén esculpiu un novo capitel. Sen pretender pór en dúbida a valía profesional do Mudo (que é indiscutíbel), no caso do cruceiro de Santo Antonio de Cerdedo, a calidade dos elementos substituíntes dista moito da dos elementos substituídos. En 2013, na parroquia pontevedresa de Tomeza, fincouse un cruceiro da autoría do propio Eladio Martínez, cuxa imaxinaría é idéntica á que hoxe loce o cruceiro de Cerdedo: o Crucificado (anverso) e a alóctona Virxe Peregrina (reverso). Por estas razóns, aconsellamos que se recompoñan axeitadamente os orixinalísimos elementos estragados en 1972, para que volvan coroar o varal do cruceiro de Santo Antonio. Se o chamado Museo da Pedra de Cerdedo –que naceu morto– for unha institución solvente e non unha trangallada, a cruz e o capitel arrequecerían xaora a súa paupérrima colección.
Nas fotografías que o investigador Xosé Carballo fixo en 2012 das pezas da cruz orixinal, arrombadas na reitoral, observamos que no tambor do capitel os elementos decorativos son vexetais (acantos), xeométricos (volutas) e figurativos (antropomorfos). No tocante aos figurativos, rexistramos tres cabezas anxelicais e unha caveira sobre dúas tibias cruzadas. A presenza da simboloxía mortuoria neste capitel é coherente coa lectura que De la Cigoña fixo en 1996 da suposta inscrición gravada no peto do cruceiro: “Como me bes te berás” (tópico do Memento mori). Se tomamos en consideración a segunda das lecturas de De la Cigoña (“Lo mandó azer por devoción Antonia Velo y su esposo...”), poderiamos afirmar que os promotores da obra actuaron por piedade ao santo Antonio de Padua, habilitando pois un esmoleiro. Agora ben, segundo as nosas apreciacións, no pedestal do cruceiro (60x60x56 cm) mal lense tres inscricións. Na face sur (cuarta liña de 4) fomos quen de descifrar: “...ofrecieron...”. Na face norte, no saínte do peto (segunda liña de 4): “...reze...”. Na face norte, por debaixo do saínte do peto (en dúas liñas): “pintó este ... Gómez das Fragas...”. O cruceiro de Santo Antonio é sen dúbida un cruceiro de ánimas, porén as esmolas sufragadoras de misas e as oracións rezadas ao seu pé foron destinadas á salvación da alma de quen custeou a construción: Cando realmente o cruceiro se espalla por toda Galicia é nos séculos XVII e XVIII, pois a Igrexa concede indulxencias a quen constrúa un cruceiro, e as oracións dos fieles ante a cruz aplicaranse en sufraxio da alma de quen o mandou construír (en Pico Graña, R.: Cultura e tradicións de Galicia, nº 2, 2007). Éche ben curioso que no cruceiro de Santo Antonio non se discirna a sinatura de quen o esculpiu e si unha inscrición co nome de quen o pintou.
Así a todo, convén salientar que o vieiro ancestral que comunica a encrucillada de Santo Antonio coa praza da igrexa e cemiterio de Cerdedo é escenario da procesión fantasmal da Santa Compaña, que en Cerdedo tamén se denomina Pantalla. Pola banda dos vivos, é consuetudinario procesionar tras dos santos (santo Antonio, o padroeiro san Xoán e a Virxe do Carme) o 13 de xuño dende a igrexa parroquial até Santo Antonio e retorno.
Xacando (Faro de Vigo, 3-3-2013), expliquei que en 1745, segundo as anotacións do padre Sarmiento, a ermida de Santo Antonio se situaba uns 400 m río abaixo da súa localización actual (nunha varcia estreita de 25/40 m de largo que se estende entre o trazado da Verea Vella e o curso fluvial), sendo trasladada no século XIX por mor dos estragos que no templo causaban as enchentes. As operacións de traslado puideron afectar a capela e o seu presumíbel cruceiro, dispóndoos no seu emprazamento actual, no lugar onde a Verea Vella galla cara ao lugar de Cerdedo (atravesando o río pola ponte de Cerdedo), cara ao lugar de Lourido (pola costa do Salgueiral) e mais cara aos lugares da Revolta, Cavenca, Meilide... O padre Sarmiento, prolixo en detallar os seus itinerarios, amenta a capela e a ponte, mais non repara nun cruceiro illado, xa porque talvez o considerou un todo a canda a capela, xa porque aínda non existía.
De o cruceiro campar naquela intersección de camiños antes do traslado da capela (séc. XIX), as esmolas depositadas no seu peto avogarían polas ánimas (encrucillada), polos viaxeiros (cristianización do culto aborixe aos numes dos camiños) ou mesmo polos oferentes que tomaban parte no bautismo prenatal (enxembramento) ou na esconxura do mal do aire, rituais que tiñan a ponte por escenario. Cando aquel espazo sagrado quedou baixo a advocación do santo Antonio, ben seguro se fixo desaparecer o esmoleiro do cruceiro, habilitándose outro na portada da capela, á dereita da porta, estimulando daquela a intercesión do santo casamenteiro e das causas e cousas perdidas. Alzada nunha peaña, unha pequena imaxe en pedra do santo presidía a fachada da ermida, até que se determinou empoleirala na fachada sur da reitoral, precavendo o ladroízo. O lugar pasou a denominarse Santo Antonio (óese San Antonio) e a ponte, nomeada de Cerdedo en tempos de Sarmiento, pasou a chamarse ponte de Santo Antonio (óese de San Antonio). Con certeza, a figura do Crucificado tiña ao seus pés a face encaveirada do capitel (a morte vencida pola resurrección; a redención do pecado orixinal), e ambas as dúas recibían o viaxeiro que se dirixía a Cerdedo.
As fotografías que da escultura orixinal fixo o compañeiro Carballo tamén permiten advertir a policromía do capitel e da cruz, obra do pintor Gómez das Fragas, onde a cor vermella é resiliente. A imaxe do Cristo abraia polo seu conturbador realismo: guedellas primorosamente peiteadas, cinguidas por un cadrelo pétreo de metálicas espiñas. A cabeza abaixada do home agonizante inclínase cara ao ombreiro dereito, onde pousa a longa cabeleira. Bigote e barba crespos e ben perfilados. Minucioso estudo anatómico no que chaman a atención as costelas, o ventre inchado e a trama de veas e tendóns nuns brazos aínda en tensión. En ambas as dúas mans, os dedos maimiño e anular pechan sobre o cravo, agás o mostreiro e o maior que permanecen estricados representando a beizón. Os paus da cruz son cilíndricos. Na parte superior do lonxitudinal desenrodélase o rótulo do inri e no trasverso son visíbeis os cotóns do madeiro, conferíndolle verismo.
O actual cruceiro de Santo Antonio de Cerdedo (coordenadas.- X: 549.819; Y: 4.708.795), alzado encol dunha plataforma de dous chanzos, pedestal e varal cilíndrico liso, posúe unha altura de 5’35 metros.
Remato formulando unha hipótese. Se cotexamos as fotografías da desaparecida cruz do cruceiro do Pego (parroquia de Parada) publicadas por M. Reimóndez Portela (Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra, 1985) coas fotografías achegadas por Xosé Carballo da antiga cruz do cruceiro de Santo Antonio (Cerdedo), podemos defender doadamente que ambas as dúas pezas son obra do mesmo escultor. Obsérvense as similitudes tanto no modelo da cruz: paus redondos e acotoados, rótulo desenrolado; coma no modelo da imaxe: coroa de espiñas, guechos longais, barba crespa e perfilada, pano de pureza anoado á dereita, abdome encovado, delgadez extrema... Sabendo por documentos que, cando menos, a cruz do cruceiro do Pego (1859) é da autoría de Ignacio Cerviño, postulamos que o célebre autor do cruceiro do Hío tamén labrou, cando menos, a cruz do cruceiro de Santo Antonio. É oportuno lembrar que no ano 1859 Ignacio Cerviño residía en Cerdedo e que en agosto dese mesmo ano casou coa cerdedesa Ramona Beiro. En novembro do ano seguinte, o matrimonio bautizaba na parroquial de Cerdedo a súa primeira filla Vicenta Cerviño Beiro. Engado a maiores que a imaxe repoluda do Santo Antonio que ocupaba a peaña da capela, trasladada a posteriori a unha peaña da reitoral, é de feitura semellante á outra imaxe do santo existente nunha casa de Parada, parroquia á que Cerviño se vinculou laboralmente. Xa que logo (as datas cadran), o escultor Ignacio Cerviño puido ser o autor do cruceiro de Santo Antonio, permitindo datar a súa feitura a mediados do século XIX (arredor do ano 1859). Nese tempo tamén se puido trasladar a capela río arriba, labores nos que Ignacio Cerviño (ou Antonio, o seu pai) puideron tomar parte.

O cruceiro do Pego
Dedicamos a cuarta entrega desta serie ao cruceiro do Pego (óese “do Pegho”) que, malia decapitado e asoballado pola matogueira, permanece en pé no lugar nomeado As Ermidas ou O Pego da parroquia de Parada, afastado uns 50 m da ermida da Nosa Señora do Pego ou da Purificación (a estrada EP-7106 polo medio), a pouco máis de 60 m do leito do río Lérez e a uns 120 m do vértice interparroquial de Parada, Cerdedo e Folgoso. A antiga presenza nestes predios arredados de eremitas e eremiterios orixinou o topónimo As Ermidas. Un goio fluvial, o chamado pozo Negro, xerou o topónimo O Pego, vaira do Lérez, ateigada de lendas e monstros (léase: “O Cancodrilo: espécime da criptofauna de Cerdedo”, Faro de Vigo-Montes, 16-12-2012). Aproveitaremos o presente artigo para dar conta dos avatares históricos do cruceiro do Pego e así mesmo razoar a súa correcta clasificación.
Antonio Rodríguez Fraiz (Canteiros e artistas de Terra de Montes e ribeiras do Lérez, 1982) dános a coñecer a Xoán de Bouzas Beiro, un destro pedreiro nado en Meilide no ano 1620. Non habendo mellor ofertante, o día 16 de xuño de 1651, Bouzas Beiro asina perante o vicerreitor das freguesías de Parada e Castrelo, un notario, un escribán e outras testemuñas veciñais o compromiso de labrar e erguer ao longo daquel ano un cruceiro que completase a obra e fábrica da ermida da Nosa Señora do Pego: por quanto junto y arriba de la hermita de Ntra. Señora do Pego es muy necesario de acerse un crucero de piedra con sus baras y escultura, y en el acer una imaxen de Cristo y Imaxen de Ntra. Sra. de la Soledad y otras cosas. Aviron taxar a labra do cruceiro en cincuenta ducados, susceptíbeis de seren sufragados en tres pagamentos: el dicho Juán de Bouças a de azer el dicho crucero de piedra y la coluna del a de ser como la del crucero de Cerdedo con la imáxen del Sr. San Antonio en medio de dicha coluna, y en quanto al pie detrás y arbol de arriba e ymaxenes a de azer dicho Juan de Bouças tres plantas y dellas a de dexar al dicho bicerrector y feligreses de dicha fra. una dellas la que les paresciere con las ymáxenes que dixeren. A pedra necesaria correría por conta dos veciños de Parada. De o canteiro incumprir o acordo, recaería sobre el a pena de excomuñón, polo tanto, dende mediados do século XVII, podemos asegurar que un cruceiro, coa imaxe do santo Antonio no varal, e na cruz, un Cristo e unha Virxe da Soidade, se anexaba á ermida do Pego.
O propio Rodríguez Fraiz volve ocuparse do cruceiro do Pego cando rexistra a vida e obra doutro egrexio canteiro: Ignacio Cerviño Quinteiro. Como ben determinou o investigador Anxo Coia, o escultor Ignacio Cerviño naceu na aldea de Peroselo (Augasantas-Cotobade) o 14 de xuño de 1834. En 1859, á idade de 25 anos, Ignacio Cerviño aparece aveciñado en Cerdedo, xa que, consonte a documentación achegada por Rodríguez Fraiz, o 31 de marzo do dito ano, o párroco de Parada e Castrelo abooulle a cantidade de 400 reais procedidos de la echura y colocación del crucero de la ermita de la Purificación. A maior abastanza, no Arquivo Histórico Diocesano de Compostela consérvase un documento no que se detalla que, en 1859, se lle contratou a Ignacio Cerviño a elaboración do cruceiro, xustificando dita encarga por haberse despedazado el que había en una gran tormenta de aire. Ascendeu o custo da obra a 460 reais, deducindo os 60 reais para sufragar o traballo de quen o pintou. É dicir, en orixe, o cruceiro do Pego lucía policromado.
Ao ano seguinte, o 5 de maio de 1860, o cura de Parada e Castrelo abóalle 220 reais procedidos de la echura del crucifijo y demás recomposiciones del mismo crucero del Pego. Deducimos que durante o inverno de 1859-60, ou ben a escultura volveu ser o albo do vendaval e, por tanto, obxecto de restauración; ou ben o abade cumpría co derradeiro prazo da débeda.
Seguindo a Anxo Coia (“Aproximación á obra e vida de Ignacio Cerviño”, Faro de Vigo-O Morrazo, 13-10-2017), o canteiro casa en agosto de 1859 coa cerdedesa Ramona Beiro e, en novembro de 1860, bautizan na parroquial de Cerdedo a súa primeira filla Vicenta Cerviño Beiro. Antes de rematar o ano, a familia Cerviño abandona Cerdedo e trasládase a Madrid. Xa de volta na Galiza e residindo na parroquia do Hío, Ignacio Cerviño tallará, entre 1869 e 1872, o Cristo da Luz (o cruceiro do Hío), a súa obra mestra.
Así que, entre 1859 e 1860, o canteiro Ignacio Cerviño fai en Cerdedo un cruceiro para a ermida do Pego, que viría substituír en todo ou en parte o esculpido polo canteiro Xoán de Bouzas Beiro en 1651, máis de dous séculos antes. Neste senso, Anxo Coia defende que tanto o pedestal cúbico figurativo coma o fuste octogonal do cruceiro son reaproveitamentos do século XVII. Pola miña banda, concordo con Coia na posíbel reutilización do fuste de Bouzas Beiro (lembremos que o contrato asinado en 1651 prescribe a talla dun santo Antonio no varal, presente no cruceiro), mais difiro na autoría das imaxes talladas no pedestal, que prefiro atribuírllas ao propio Cerviño, apoiándome apenas na intuición. Ao meu humilde entender, a escolla das caras frontais do dado para narrar en altorrelevo o episodio bíblico do pecado orixinal é excepcional, así como o recurso das circunvolucións vexetais para ocultar a nudez dos Primeiros Pais (cara 1), a entrada en escena do demo (cara 2), a serpe escamenta enrodelada na árbore do coñecemento (cara 3), ou que Adán bote as mans a cabeza (e non á gorxa) tras comer da mazá prohibida (cara 4). Estas solucións enxeñosas e singulares verémolas desenvolvidas e requintadas doce anos despois no cruceiro do Hío. Pola contra, Anxo Coia postula que Ignacio Cerviño se inspirou na obra do cerdedés Bouzas Beiro, reproducindo a iconografía do Pego na realización do seu monumental cruceiro do Hío, opción esta non exenta de razóns.
A escena de Adán e Eva collidos das mans e recatados pola maleza (cara 1) confundiu a moitos autores, que a interpretaron como dúas ánimas entre as lapas purificadoras do purgatorio, ou mesmo dúas almas condenadas ao lume infernal. O investigador Estanislao Fernández de la Cigoña (1997 e 1998) inclúe o cruceiro do Pego na súa listaxe de “cruceiros de ánimas” por mor dos motivos representados na cara 1 do pedestal. Nós, humildemente, diverxemos da interpretación que de tales imaxes se fixo e, xa que logo, da súa clasificación.
Velaquí a cronoloxía do erro interpretativo:
Antonio Rodríguez Fraiz, no seu libro Canteiros e artistas de Terra de Montes e ribeiras do Lérez (1982), describe deste xeito o cruceiro do Pego: No basamento o pecado de Adán e Eva, a morte, o inferno coa fegura do demo e a gracia, en outo releve todas as feguras, na vara San Antón.
Manuel Reimóndez Portela, no seu libro Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra (1985), tamén describe o pedestal: Cara de diante: Adán e Eva. Cara dereita: chamas e almas no inferno. Cara de atrás: imaxe dun santiño. Cara esquerda: enfeites de follas; e engade: É un dos pouquísimos cruceiros con imaxes do inferno ou purgatorio. Reimóndez Portela baseábase nas fichas de inventario do arquivo municipal de Cerdedo: Pedestal: Cara anterior: Adán y Eva. Cara lateral derecha: almas sufriendo penas de infierno. Cara posterior: imagen de santo. Cara lateral izquierda: adorno de hojas. Consonte as fotografías publicadas polo propio Reimóndez Portela, a escena do arrepentimento cadraba na vertical do Crucificado.
De la Cigoña, no seu libro Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra (1998), xustifica así a súa inclusión no seu catálogo: As catro caras do cubo que fai de base vense adobiadas con diversas figuras. As ánimas, dúas persoas entre as lapas que se dan a man, aparecen no lado dereito. As lapas rodean os seus corpos espidos. Pola parte dianteira hai unha representación de Adán e Eva. Pola banda da esquerda aparecen a Árbore do Ben e do Mal, e pola parte traseira vese unha figura humana coa cabeza estragada e de contornos bastante mal definidos na que Rodríguez Fraiz (1961) quere ver o diaño e que nós pensamos que non se trata del, polo que este peto, en contra da opinión do referido autor, nada ten que ver co Inferno. Cremos que podería tratarse de San Miguel Arcanxo ... Rodríguez Fraiz asegura que na parte baixa do cruceiro, na base que sostén ergueito o varal, aparece o demo, cousa que non é verdade (páxs. 70-1).
Porén, a correcta interpretación das catro caras do pedestal do cruceiro do Pego ofreceuse no artigo “A labra precursora de Ignacio Cerviño”, publicado no xornal Faro de Vigo-Montes (7-10-2012) e posteriormente no volume As pedras da tribo. Retrincos da intrahistoria de Cerdedo II (2014): Nas catro caras frontais do pedestal cúbico do cruceiro do Pego, en altorrelevo, represéntanse catro pasaxes de cando os nosos Primeiros Pais sucumbiron á tentación: 1) Adán e Eva, ledos, no Paraíso 2) O demo gaioleiro 3) A serpe enrodelada na maceira e 4) A parella amosando vergoña e contrición tras cometer o pecado orixinal. O pedestal do cruceiro do Pego é un cómic de pedra narrado en catro viñetas.
Amais, nunha nota ao pé de páxina, engádese: Na escena primeira, Adán e Eva, mimetizados coa edénica matogueira, cóllense das mans. Na escena segunda, o demo rabilongo brande ameazante unha guincha (a figura perdeu a cabeza e os brazos). Na escena terceira, o demo, mudado a cobra, cingue a árbore da ciencia (a figura perdeu a cabeza, mais conserva o picado das escamas). Na escena cuarta, Adán e Eva amosan pesar polo pecado cometido (a figura de Eva perdeu o brazo dereito, coa man esquerda agocha a crica; Adán oculta a pixa coa man dereita.
Cremos que as estratéxicas mutilacións padecidas polo demo e mais a serpe foron obra da irracionalidade de xorne integrista.
A primeira escena do pedestal é, ao meu entender, interpretada erroneamente por Rodríguez Fraiz (“o inferno coa fegura do demo e a gracia”, Canteiros..., 1982, páx. 453). O engano trabucou outros autores (Xosé Mª Laredo Verdejo, Xosé Carlos Valle Pérez entre outros) que creron ver neste altorrelevo dúas almas consumidas polas lapas, retrucando a opinión de Castelao quen afirmara que nos cruceiros galegos xamais se representaba o inferno.
Daquela, a escena primeira do pedestal, a través da que moitos investigadores se asomaron ao inferno ou ao purgatorio, debe entenderse, ben ao contrario, como solaz dos Primeiros Pais no Paraíso. As circunvolucións que cobren as extremidades inferiores de Adán e Eva non son lapas, senón mesta e pudorosa matogueira. No entanto, Rodríguez Fraiz si atinou ao decatarse da presenza do demo, mais non na primeira, senón na terceira escena do pedestal.
En conclusión, o cruceiro de Pego non se pode catalogar como cruceiro de ánimas desprovisto do peto das esmolas. Esta circunstancia non impediu, así e todo, que os chanzos da plataforma fosen empregados polos fieis para pousar donativos, como se comprobou en outubro de 2012, cando membros do colectivo Capitán Gosende procedemos á limpeza e dignificación daquel espazo.
Historia adversa. Once anos antes, a finais de 2001, a prensa local informaba que o monumento fora obxecto dunha agresión vandálica ou dunha tentativa de roubo: La cruz apareció destrozada en el suelo y los vecinos sospechan que se trata de una agresión intencionada o de un intento de robo frustrado (La Voz de Galicia-Deza, 4-12-2001). Grazas ás investigacións de Xosé Carballo, sabemos que algúns anacos do crucifixo se conservan nunha casa da aldea da Insua (Parada). Por desgraza, desapareceron a imaxe da Virxe, a cabeza do Crucificado e boa parte do pé da cruz. As fotografías de Reimóndez Portela, obtidas na década dos 80, non abondan para paliar a perda.
Na actualidade, o cruceiro do Pego (plataforma, pedestal, fuste e capitel), en estado de ruína e abandono, agarda das autoridades a indispensábel intervención que enxalce en Cerdedo unha das obras de xuventude do inmorredoiro escultor Ignacio Cerviño, autor do cruceiro do Hío. Entrementres, vaia polas ánimas.