Fervenza de Chamosa
A freixa de Chamosa atópase na parroquia de Forcarei, no lugar de Chamosa. O río que a forma é o rego de Sorribas, que se abre paso entre penedos a distinto nivel. Accédese ao lugar por unha ponte de madeira, dende a que se pode observar o tramo final da fervenza ou freixa e mais dous muíños de cubo. Os muíños podían ser de canle ou de cubo e a diferenza estaba na forma de tomar a auga. Os de cubo dispoñían dun depósito de auga vertical circular; por iso, a captación adoitaba ser pola parte superior do muíño.