As xornadas celebraranse no Teatro Principal da Estrada durante os días 26 e 27 de novembro ás 18:30 h, co seguinte programa:
Martes, 26 de novembro, ás 18:30 h:
- CEIP do Foxo: "Xoana a sombra bulebule"
- CEIP Figueiroa: “Bailamos ?”
- CEIP Villar Paramá: “FERMOSA”.
- CEIP Oca: "O Mago de Oca"
- IES Avelina Valladares: - “O Tesouro do Castro”.
Mércores, 27 de novembro, ás 18:30 h:
- CEIP Cabada Vázquez: "Porque o valgho eu!"
- CEIP Pérez Viondi: “ A bolboreta Arlequina”
- IES Antón Losada Diéguez: "A vida é un cásting"
- IES Manuel García Barros: "Wombo Combo"
Sen dúbida, o teatro na escola é unha actividade moi importante para o desenvolvemento persoal e emocional do alumnado, idóneo para mellorar a capacidade comunicativa, para fomentar actitudes solidarias e de traballo cooperativo, para incrementar a creatividade e o sentido estético, para mellorar a integración no grupo e ao mesmo tempo avanzar na autonomía persoal... Convidamos a toda a veciñanza a asistir ás xornadas de teatro Olimpio Arca para gozar do teatro e apreciar o talento dos rapaces e rapazas, así como o do profesorado que os dinamiza e que se implica nun proxecto que, aínda que é emocionante e divertido, require moito esforzo e dedicación. A entrada é libre e gratuíta.