Colabora neste artigo Sara Troitiño Ovelleiro
Uns anos antes, o cabido da Catedral mandara construír unhas neveiras que eran, uns buratos na terra cubertos na súa parte interior por un muro de pedra para almacenar a neve ata conseguir xeo e así poder conservar alimentos. O lugar indicado polo cabido foi o monte de Fixó, outro dos pobos de Millerada. Decidiron situalas alí porque existía unha ruta dos Arrieiros cara ó Ribeiro, facendo que a zona estivese moito mellor comunicada. O cabildo logo de construír as dúas neveiras e máis unha casa que funcionaría como almacén, necesitaba unha persoa que administrara o negocio, e outra que traballara alí na fabricación do xeo. Falaron co párroco para que levase o negocio, Don Aurelio, logo de pensalo un pouco, decidiu aceptar a oferta que se lle propoñía. O home vendo a situación económica de Xosé, decidiu axudarlle dándolle traballo xunto a el nas neveiras.
O primeiro día, Xosé recubriu o chan de palla, facéndolle un bo leito a neve, para que esta non se ensuciase, despois disto colleu o seu carro e as súas dúas vacas e marchou de camiño a unha pequena depresión na ladeira da montaña para coller a neve. Transportábana no carro das vacas e depositábana nas neveiras para despois prensala e así convertela en xeo. Cando xa estaba o proceso rematado, o xeo era cortado e vendido aos nobres que gustaban incluso ata de facer xeados nos meses de calor.
Volvendo a actualidade, empezan nas neveiras uns traballos de arqueoloxía para rehabilitalas xa que estas permanecían nun total abandono dende o s. XIX. Dubídase da forma da cuberta das neveiras, aínda que se pensa que probablemente fose en forma de cúpula, así como do material utilizado para o tellado.
Como ben din, hai que mirar o pasado para poder escribir o futuro, así que historias como a das neveiras de Fixó non so nos serven para darnos conta da realidade da época e de como esas neveiras se transformaron nas actuais senón para coñecer estes fermosos recunchos que esconden os nosos pobos.
*Este artigo, está baixo os dereitos de autor da páxina ©Ventoxo Imaxes, para a súa modificación ou uso, é necesario o permiso explicito dos seus autores. Para máis información sobre o artigo contacte con nós en: [email protected].