Bisbarra de Tabeirós
o sur da cunca do Ulla,
eres harmoniosa voz
da máis fermosa bagulla.
Tabeirós tivo a súa orixe
nos tempos daquel rei suevo
Miro no século sexto
da Gallaecia gran relevo.
Así esta xurisdicción
de Tabeirós abarcaba
o actual Consello da Estrada
que pola lei se creaba.
Provén dunha voz latina
“strata” terra pisada
ou por onde se camiña
o nome da nosa Estrada.
No século dezanove
é xa unha vila A Estrada,
ilustrisima e excelencia
xa debía ser tratada.
Destacados escritores:
Pai Soárez de Tabeirós,
O Manuel García Barros,
e o Velho de Tabeirós.
Tamén foi Manuel Budiño
un Heroe da Estrada
da resistencia estradense
a aquela francesa espada.
E tivo a súa propia prensa
que foi chamada “El Emigrado”
pra honra dos emigrantes,
noso pobo extraditado.
As túas festas patronais
son do San Paio, cristián,
santo que martirizou
o Califa Abderramán.
Fermosa e pontevedresa.
Viva por sempre A Estrada!
de galegos emigrantes,
gloriosa, doce e amada!
Manuel Álvarez Fuentes
La Habana – CUBA.
24 de Xuño 2014
o sur da cunca do Ulla,
eres harmoniosa voz
da máis fermosa bagulla.
Tabeirós tivo a súa orixe
nos tempos daquel rei suevo
Miro no século sexto
da Gallaecia gran relevo.
Así esta xurisdicción
de Tabeirós abarcaba
o actual Consello da Estrada
que pola lei se creaba.
Provén dunha voz latina
“strata” terra pisada
ou por onde se camiña
o nome da nosa Estrada.
No século dezanove
é xa unha vila A Estrada,
ilustrisima e excelencia
xa debía ser tratada.
Destacados escritores:
Pai Soárez de Tabeirós,
O Manuel García Barros,
e o Velho de Tabeirós.
Tamén foi Manuel Budiño
un Heroe da Estrada
da resistencia estradense
a aquela francesa espada.
E tivo a súa propia prensa
que foi chamada “El Emigrado”
pra honra dos emigrantes,
noso pobo extraditado.
As túas festas patronais
son do San Paio, cristián,
santo que martirizou
o Califa Abderramán.
Fermosa e pontevedresa.
Viva por sempre A Estrada!
de galegos emigrantes,
gloriosa, doce e amada!
Manuel Álvarez Fuentes
La Habana – CUBA.
24 de Xuño 2014