Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • San Miguel de Castro (San Miguel)
      • San Pedro de Ancorados (San Pedro)
      • San Tomé de Ancorados (San Tomé)
      • San Xiao de Vea (San Xiao)
      • San Xurxo de Vea (San Xurxo)
      • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
        • Manuel Ventura Figueroa, ( 1708-1783), Arzebispo de Laodicea, Patriarca das Indias, Presidente do Real Consello e Cámara de Castela e a súa relación con Santa Cristina de Vea
      • Santeles (San Xoán)
      • Santo André de Vea (Santo André)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Terra de Montes >
      • Bearíz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
        • Meavía (San Xoán)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
    • Veciños >
      • Campo Lameiro
      • Cotobade
      • Cuntis
      • Padrón
      • Pontecesures
      • Silleda
      • Teo
      • Valga
      • Vila de Cruces
      • Vedra
  • Cultura
    • Arte >
      • Artesanía >
        • Fernando Porto
      • Cine >
        • Chano Piñeiro
      • Escultura >
        • A purísima de Asorey
      • Fotografía >
        • Karina
        • Pedro Brey Guerra
        • Maxcarun >
          • Aves
          • Insectos
          • Mamíferos
          • Reptis e anfíbios
        • Naturgalicia
      • Pintura
      • Teatro
    • Asociacionismo >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • CETMO
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
        • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
      • Secundaria >
        • IES Chano Piñeiro
        • O Chaniño - Biblioteca
        • Lingua de Montes
        • IES Manuel García Barros (As nosas letras)
        • IES Nº 1
    • Letras >
      • Antonio Rodríguez Fraiz >
        • Achegas
        • Entrevistas >
          • Salvador Antonio Rodríguez Fraiz, un crego do noso pobo
      • Ramón de Valenzuela Otero >
        • Achegas >
          • Sermos Galiza
        • Fotos
        • Vídeos
      • Manuel Daniel Varela Buxán >
        • Fotos
        • Textos
      • Manuel García Barros >
        • Correspondencia >
          • Cecilia Alcoba
          • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
        • Documentos
        • Fotos
        • Vídeos
        • Xornadas e outras achegas
      • Marcial Valladares Núñez >
        • Obra
        • Vídeo
      • Olimpio Arca Caldas >
        • Fotos
        • Obras
        • Vídeos
      • Xoseme Mosquera >
        • Vida
        • Obra
      • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
        • Do autor >
          • Vivir morrendo
        • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
        • Un Otero Espasandín de vinte anos
      • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
        • Biografía
        • Documentos
        • Imaxes
        • Obra
      • Xosé Otero Abelleira >
        • Fotografías
    • Historia >
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Centenario da revolta labrega >
        • Sociedades agrarias
        • Xornais e documentos
        • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
        • Recuperación da Festa Labrega
        • Revolta labrega de 1915
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Patrimonio >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
      • Castelos >
        • Castelo de Cira
      • Castros >
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
      • Cruces
      • Hórreos >
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas
      • Lavadoiros >
        • Liñares
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Mosteiro de Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petróglifos >
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Andón
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Gomail
        • Ponte de Leira
        • Ponte Vea
      • Torres >
        • A Torre da Barreira
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Tradicións >
      • Entroido
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán no Areal
  • Natureza
    • Árbores >
      • Sobreira de Balboa
      • Sobreira de Valiñas
    • Fervenzas
    • Fontes
    • Flora >
      • Cogumelos
      • Piornal de San Trocado
    • Fauna >
      • Aves >
        • Canilonga
      • Anfibios e réptiles
      • Invertebrados
      • Mamíferos >
        • Lontra
      • Peixes
    • Lagoas >
      • Canteira de Ventoxo
      • Lagoa Sacra
      • Lagoa do Seixo
    • Montes >
      • Candán
      • Pico Sacro >
        • Fotografías
        • Textos
        • Vídeos
      • Serra de Cabanelas
    • Penedos >
      • Penedas de Naveiro
    • Ríos >
      • Ulla
    • Vales
  • Muller
    • Asociacionismo >
      • Espadela >
        • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
        • Festa da Vincha
    • Nomes >
      • Avelina Valladares
      • Virxinia Pereira
  • Memoria
    • Actividades >
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Os feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • As listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Os lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
    • Os nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono. A creación cultural truncada
      • Alfredo Iglesias
      • Candido Tafalla, A Estrada, acude a Pontevedra a defender a democracia
      • Brea Abades, un anticipo da masacre?
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros. A lotería da conmutación de penas capitais
      • José Mª Baliño Sánchez, estradenses no maquis francés
      • José María Pena, o presidente do Frente Popular
      • Ken Keirades silenciado
      • Antonio Fraguas. A práctica da humillación
      • Balseiros, o delito de ser alcalde
      • Bernardo Mato Castro, mallar no ensino
      • Hixinio Carracedo Ruzo, a caza do home >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas e a represión na zona da Ulla
      • José Mª Taberneiro, “o rolo de Vilapouca”
      • José Rodríguez Sangiao, O ferreiro de Guimarei
      • Manuel Puente Porto, e a represión dos labregos conscientes
      • Manuel Coto Chan e o socialismo estradense
      • Martiño Ferreiro Álvarez, o cerdedense que morreu en Mauthausen
      • Ramón Fernández Rico, o torneiro. Unha familia desfeita pola represión franquista
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
      • Vidal Puga. 1934, o prologo do 1936
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Ecoloxismo
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Sinaturas
    • Andrea Porto
    • Calros Solla
    • Carlos Loureiro
    • Clara Iglesias Cortizo
    • David Otero
    • Dionisio Pereira
    • Goretti Sanmartin
    • Luis Alberto Silva Casas
    • Manuel Cabada Castro
    • María N. Soutelo
    • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xurxo Esquío
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Manuel cabada castro

Licenciado en Filosofía pola Universidade Pontificia de Comillas. Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. Teoloxía pola Universidade de Innsbruk e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic (cunha tese dirixida polo seu mestre e teólogo Karl Rahner)

Biografía

Coma a figueira

5/7/2016

0 Comentários

 
 Imagem
O tempo corre que é unha barbaridade, dicimos de cando en vez. Para algúns corre moi lento, por exemplo, para os rapaces e xente moza. En troques, para os que xa nos apuntamos á chamada “terceira idade”, si que se nos vai o tempo a toda présa, por máis que intentemos frealo.
Os tempos de Deus son distintos. Mellor dito, Deus non ten tempo. Deus é eterno, é a mesma eternidade. Non sabemos, estando como estamos no tempo, como se pode vivir a eternidade. Este é o seu misterio, a súa grandeza. De tódalas maneiras, algo de eternidade si que levamos nós dentro, porque a verdade é que nos gustaría a todos ser eternos, vivirmos sempre, etc. E isto non podería ser así se non soubésemos algo dela, desa eternidade. Cousa que polo demais non nos debería estrañar, porque á fin e ó cabo de Deus, que é a mesma eternidade, procedemos todos.
Vivimos, polo tanto, entre o tempo e a eternidade: cada un de nós e a humanidade no seu conxunto. Algún bo día e sen que se nos consultase (porque non eramos aínda nada) atopámonos, e ben sorprendidos, neste mundo. E empezamos a berrar forte, a respirar os primeiros “airiños da miña terra” e aquí estamos. En plena aventura da vida con outras persoas ás que lles pasou a mesmo.
Os tempos litúrxicos son tamén cambiantes. Case sen dármonos conta, estamos xa na antesala do chamado Tempo de Advento. Co domingo seguinte ó próximo (que será a festividade de Cristo Rei) estaremos xa metidos nese especial tempo preparatorio do nacemento de Xesús. Nacemento, vida, paixón, morte e resurrección de Xesús son tamén para nós algo así como o modelo ou o paradigma do noso propio proceso vital.
Tanto para Xesús coma para nós vivir é un proceso que non se detén, unha verdadeira aventura. En canto a nós, o máis fermoso, grandioso e insospeitábel é que Deus estea no comezo, no centro e no descoñecido futuro destas nosas vidas. Unhas vidas que en realidade xa non rematarán, porque ó estarmos como estamos nas mans de Deus seremos tamén inmortais á semellanza del. El non nos vai deixar caer das súas mans.
Ben. Todo isto está dito porque as lecturas de hoxe (case xa ó final, como digo, do chamado tempo litúrxico “ordinario”) nos levan un pouco por aí. Hai nelas, tanto na primeira (do Libro de Daniel) coma no mesmo evanxeo, unha linguaxe de signo apocalíptico. Fálasenos do futuro dunha maneira que a máis dun nos podería arrepiar. Pero é, como digo, unha linguaxe que naqueles tempos era normal utilizar ó falar destas cousas. Xesús participaba tamén, sendo como era home do seu tempo e da súa particular cultura, desta maneira de se referir ós acontecementos futuros. Como con acerto nos conta M. Regal Ledo en relación con isto nalgún dos seus escritos: “A encarnación de Deus é moito máis có feito puntual dunha persoa humana que toma corpo nas entrañas de María; tamén toma corpo nas entrañas da historia, das culturas, do pensamento humano”.
De todos modos, Xesús non se deixa levar totalmente por esa maneira apocalíptica de falar, ó nos dicir concretamente no evanxeo de hoxe: “En canto ó día e maila hora no que iso vai acontecer, ninguén sabe nada”.
Malia esta advertencia, semella que os primeiros cristiáns estaban convencidos da próxima ou inmediata volta de Xesús, “con gran poder e gloria” (tal como se nos di). O que significaría que o final da historia humana tería acontecido xa e nós, polo tanto, non estariamos xa hoxe aquí.
Pois ben, ante tanta ignorancia nosa sobre os misterios de Deus (en calquera caso, misterios bondadosos e misericordiosos, porque o noso Deus é e seguirá a ser sempre un Deus Pai bondadoso e misericordioso), deberiamos seguir o consello de Xesús de “aprender da figueira”.
Na nosa terra temos moitos nomes de lugares e apelidos chamados “Figueroa”, aínda que máis correctamente habería que dicir “Figueiroa”. Un nome que proviría dalgunha “pequena figueira” (“ficariola”, no latín vulgar) que habería por alí. Tamén “Figueirido” ou “Figueiredo” que fan referencia a sitios onde abondan as figueiras, etc. A figueira ten para min gratas lembranzas de cando era un rapaz. Non era unha “ficariola”, unha pequena figueira, senón unha ben grande, a que chegaba case ata o tellado da nosa casa familiar. Como eramos seis os irmáns, nosa nai repartiunos as pólas da gran figueira para que non rifásemos demasiado entre nós cando apulitabamos a ela ó empezaren os figos a madurar.
A Xesús tamén lle gustaban os figos, e algunha vez ata tivo que maldicir unha porque non tiña figos, e iso que, tal como se nos di no evanxeo, non era tempo de figos... Pois ben, a figueira vén sendo para Xesús no evanxeo de hoxe un símbolo da nosa vida, que vai sempre cambiando, avanzando, semellando ás veces estar morta, aínda que en realidade no seu interior bule sempre, agachada, a vida. No inverno está amorriñada e as follas, murchas, cáenlle ó chan; na primavera xorden os primeiros gromos nas pólas e no verán os figos convértense en delicia para o padal. A figueira non sabe do seu futuro, nin lle angustia. Limítase a seguir o ritmo interior que lle dita a natureza. Deixa que os necesitados se alimenten dos seus froitos. Uns froitos que ela non sabe cómo é capaz de producilos. Pero aí están: ó servizo de quen se queira achegar onda ela.
Digo isto e podería engadir moito máis, porque é Xesús quen nos di que aprendamos dela. Esteamos, pois, coma ela, ben enraizados na humildosa terra e abertos cara ó ceo e cara ó futuro.
Deixémoslle ó noso Deus Pai que, así como foi el quen pensou en nós para darnos vida, sexa tamén el quen a goberne e dirixa polos seus vieiros, rectos ou retortos. A nosa vida e a de cantos queremos. E neste inabarcábel grupo dos que queremos non deberiamos excluír a ninguén, por descoñecido que sexa para nós. Pois queremos querer a todos en canto que son todos irmáns nosos en Cristo Xesús, noso irmán maior.
* 
domingo, 15. XI. 2015

0 Comentários



Enviar uma resposta.

    Publicacións

    Fevereiro 2017
    Outubro 2016
    Setembro 2016
    Agosto 2016
    Julho 2016
    Junho 2016
    Maio 2016
    Abril 2016
    Setembro 2015
    Junho 2015
    Março 2015
    Janeiro 2015
    Dezembro 2014
    Novembro 2014
    Outubro 2014
    Setembro 2014
    Agosto 2014
    Julho 2014
    Junho 2014
    Abril 2014
    Fevereiro 2014
    Janeiro 2014
    Dezembro 2013
    Novembro 2013
    Agosto 2013

    Categorias

    Todos

    Feed RSS

    Outras referencias

    Entrevista en Noticieiro Galego

    Arquivos

    Recensión en "Encrucillada" sobre o libro do Pai Seixas
    File Size: 170 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    Lembranza de Francisco Sanmartin
    File Size: 255 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    Arturo Rivas Castro, un físico de Sabucedo cortexado e controlado polos intereses bélicos e económicos dos primeiros dirixentes franquistas
    File Size: 5801 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    Minidiccionario ou glosario da rapa das bestas de Sabucedo. Un vademecum
    File Size: 160 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

    El Dios que da que pensar
    File Size: 24889 kb
    File Type: pdf
    Baixar o arquivo

✕