Buxo, beleza e liberdade!
onde basta con unha: a miña!
Bonifacio Byrne
Manuel Álvarez Fuentes Buxo, beleza e liberdade! David naceu en Compostela, no solo compostelán, escritor de moito afán e de fermosa acuarela. Veciño da bela Estrada na terra pontevedresa mestre de tenra promesa e de grandiosa alborada. Poeta, fermosas verbas de “Para iso está o futuro” de falar forte e seguro sobre aurilucentes herbas. Falaches de Castelao, o pai do nacionalismo, heroe do galeguismo no máis altísimo grao. Por Bóveda, galeguista que fora alí fusilado, o crime tes proclamado dese réxime franquista. David forte como o buxo é a túa loita pola lingua a súa beleza non mingua mais falla a súa liberdade no seu galego aturuxo! Adiante Poeta! Buxo, beleza e liberdade! Manuel Álvarez Fuentes O bardo da colectividade Galega da Habana |