Cunha velada cultural, na que participaron máis dun centenar de persoas, finalizaron as Xornadas das Letras Galegas. O evento, celebrado o pasado 27 de maio no salón de actos do antigo Palacio do Centro Galego da Habana, estivo organizado por 36 sociedades representativas de parroquias e municipios de Galicia e a Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana (CCG-UH) e estivo presidido pola coordinadora das sociedades comarcais galegas, Juana C. Fernández Pérez, e a directora da CCG-UH, profesora Arantxa Fernández Crespo, quen tivo ao seu cargo as palabras de benvida e a condución da actividade.
A primeira parte da velada estivo dedicada pola CCG-UH a recordar a vida e a obra do escritor Carlos Casares coa proxección de audiovisuais e a participación de dúas das súas alumnas, Yuney Zaldívar e Roxana Rodríguez, quen abundaron en aspectos destacados da biografía do homenaxeado e leron dous dos seus poemas, “Rosalía” e “Amemos”. A segunda parte estivo dedicada ao Día dás Letras Galegas en Cuba e presentáronse senllos proxectos culturais das sociedades da Estrada e Lalín.
A IV edición do Día dás Letras Estradenses dedicouse nesta ocasión ao patriarca das letras galegas, Manuel García Barros (A Estrada 1876-1972). O médico, directivo e delegado informativo de España Exterior en Cuba, Manuel Barros, fixo unha semblanza da súa vida e unha exaltación da vasta obra deste intelectual estradense neste ano que se cumpre o 141º aniversario do seu nacemento e o 60º do nomeamento de “Ken Keirades" como "membro correspondente" da Real Academia Galega.
Destacou Manuel Barros que en 2016 cumpríronse 90 anos da presentación, os días 11 e 16 de decembro do ano 1926, no Salón Novidades da Estrada, da súa obra teatral "Carta dá Habana" estreada "como parte das veladas a favor dos damnificados polo ciclón que arrasou a Illa de Cuba o 20 de outubro de 1926" e unha mostra evidente do agradecemento e a solidariedade que García Barros sempre tivo para a colonia estradense en Cuba, cos cales mantivo durante a súa vida unha estreita relación. Falou sobre as características a obra, que soamente ten dous personaxes, tanto desde o punto lingüístico como literario, concluíndo esta homenaxe a García Barros coa lectura de tres fragmentos de "Carta dá Habana" na que o poeta e profesor Manuel Álvarez puxo voz ao personaxe del, a directiva Teresita González ao dela e o propio Barros a "voz en off" de "A carta".