Castelao tamén acudiu ao Pico Sacro no 1924 logo do golpe militar de Primo de Rivera no que quedaban proscritas a nosa lingua e cultura e paralizado o rexurdimento iniciado polas Irmandades da Fala. Naquela viaxe Castelao reafirmou a súa identificación cun espazo físico que foi soporte do espírito do noso pobo, un lugar sobre o que se ergueu unha identidade perseguida e negada. Por iso no exilio volveu a a este sitio cando escribiu o Alba de Gloria. E por iso nós volvemos sobre os seus pasos lendo o este discurso para conmemorar o día da Patria Galega, o Alba de Gloria, que leremos máis un ano, o sábado antes do 25 de xullo, no cumio do Pico Sacro.
Programa
12.00h. Chegada ao Pico e concentración na fonte roubada do Pico Sacro
12:30 Benvida na chaira da capela do Pico Sagro a cargo da escritora Marica Campo e a continuación subida do último treito deste monte.
12:45h.: Izado da bandeira. Lectura de Alba Groria de Castelao por representantes das A.C. O Galo de Santiago, Papaventos de Vedra, O Castro de Vigo e Vagalumes da Estrada. Canto do himno galego e baixada.
14:00h.: No adro da capela do Pico Sacro actuará o grupo de pandeiretas Raiola da AC. Manuel Gacio de Lestedo, que este ano obtiveron o Premio Xacarandaina.
15:15h.: Xantar en “Casa Mosqueiro”, S. Mamede de Rivadulla.
Escoller menú e anotarse aquí antes do 20 de xullo
Roteiro
17:30h. Saida de “Casa Mosqueiro”
Coto de Pesca de Ximonde
Area de Agro Novo
Casa-Museo da Pesca no rio Ulla
Dous edificios construidos a comezos do s.XX grazas a financiación das sociedades dos emigrantes en Arxentina.
Fervenza do rio Pereiro