Vigo foi a primeira cidade do Estado en proclamar a República. O voto do político cerdedés foi determinante. A xestión do concelleiro Campos Varela posibilitou a adquisición municipal do pazo e parque de Castrelos.
Calros Solla
No libro Os concellos e os alcaldes de Vigo (J. M. González Fernández, 2019) lemos que: Por ser concelleiro durante a Ditadura [de Primo de Rivera] Campos Varela figurará nun folleto titulado “Comisión de responsabilidades del Ayuntamiento de Vigo. Siete años de administración municipal (1923-1930)”. J. M. González engade que nas eleccións municipais de abril de 1931, Campos Varela se presentara pola candidatura monárquica, integrándose coa instauración da República nas fileiras agrarias como independente.
Na edición do 14 de abril de 1931, El Pueblo Gallego informa que, no concello de Vigo, conforme os resultados das eleccións municipais, Ánxel Campos Varela fora elixido concelleiro (independente) polo oitavo distrito (Coruxo-Oia-Saiáns): En el distrito octavo se retiró voluntariamente el señor Echegaray García (republicano), para dejar la votación al independiente agrario señor Campos Varela ... La votación ha dado el siguiente resultado: Izquierdas: 14.167 votos. Monárquicos: 12.945. Independientes: 56.
En titulares: La lucha electoral en Vigo. Las izquierdas obtuvieron cerca de 1.500 votos de mayoría. Salieron elegidos 18 antimonárquicos, 18 monárquicos y un independiente ... La mayoría de los votos alcanzados por el independiente señor Campos Varela le fueron dados por las izquierdas agrarias que sólo disputaron un puesto en el distrito octavo y aplastaron al candidato monárquico. O xornal pregúntase: ¿Quiénes tendrán mayoría en el ayuntamiento? ... La mayoría de izquierdas o derechas depende del candidato agrario independiente, aunque es de suponer que se incline a las izquierdas por ser agrario y por que fueron las izquierdas quienes le dieron casi toda la votación.
Vigo foi a primeira cidade do Estado en proclamar a República (na madrugada do 13 ao 14 de abril). Escusamos dicir que a figura do cerdedés Campos Varela foi determinante. A casa do concello de Vigo (a antiga) foi o primeiro edificio oficial en enarborar a bandeira tricolor. A insignia republicana foi izada ás 6:30 horas do día 14, malia ser retirada corenta e cinco minutos despois pola Garda Civil.
El Pueblo Gallego (16 de abril de 1931) informa da primeira sesión da Xunta Municipal e do Comité Revolucionario vigués, celebrada de véspera. Entre outras moitas resolucións, a Xunta Municipal, presidida por Enrique Blein Budiño, nomea a Ánxel Campos Varela membro da Xunta de Goberno da Caixa de Aforros. Campos Varela tamén figura como membro da Comisión de Ensinanza. O comerciante Blein Budiño, primeiro alcalde vigués da II República, será represaliado tras o golpe de Estado de xullo de 1936.
Na sesión supletoria do concello de Vigo celebrada o 2 de maio de 1931, o concelleiro Campos Varela presentou unha instancia para que se satisfixese a débeda económica contraída cos obreiros pobres do campo (El Pueblo Gallego, 3-5-1931).
Días despois, El Pueblo Gallego (16-5-1931) publica que na sesión supletoria do concello de Vigo celebrada de véspera, Ánxel Campos Varela denunciara “varias irregularidades” no Servizo Municipal de Pompas Fúnebres, sendo nomeado deseguido vogal concelleiro da dita Xunta.
O mesmo xornal (20-6-1931), informando da sesión municipal, publica unha intervención de Campos Varela reclamando que o peixe vendido aos conserveiros de Canido sexa descargado naquel peirao. Nunca mellor dito, Campos Varela arrimaba a brasa (ou a lata) á súa sardiña (ou á do seu sogro).
O mesmo xornal (9-7-1931) recolle unha intervención de Campos Varela na sesión municipal pedindo autorización para llevar a vender carne de Vigo a la playa de Canido, donde hay varias familias veraneantes. Entre elas, a súa.
O mesmo xornal (28-7-1931) informa que a construción do camiño que vai a Punta Pinos, en Canido, estaba sendo sufragada por un “grupo de amigos”, entre os que figura o concelleiro Campos Varela.
O mesmo xornal (15-10-1931), ocupándose da sesión municipal, publica unha intervención de Campos Varela acerca de la carestía de la vida en nuestra ciudad, mencionando los medios por los que se podría conseguir el abaratamiento.
O mesmo xornal (26-11-1931) recolle a moción de Campos Varela verbo da construción de dous camiños veciñais: da Ponte Saiáns á igrexa de San Miguel de Oia e de Coruxo a Cambre.
O mesmo xornal (5-12-1931) salienta unha intervención de Campos Varela na sesión municipal protestando polo imposto que deben satisfacer os labregos por matar porcos. O concelleiro solicita a súa supresión.
O mesmo xornal (19-12-1931) informa que na sesión extraordinaria do concello, celebrada de véspera, fora elixido alcalde o avogado Amando Garra Castellanzuelo (republicano, UR) en substitución de Enrique Blein Budiño (republicano, IR). Na carreira sucesoria, Campos Varela (agrario) queda de terceiro, obtendo 3 apoios fronte aos 20 de Garra e os 12 de Martínez Garrido (socialista).
O mesmo xornal (13-2-1932), verbo da sesión municipal, informa que, a petición do gobernador civil, os concelleiros deben declarar as súas filiacións políticas. Campos Varela quiere se haga constar que es republicano-agrario-católico.
O mesmo xornal (31-3-1932), a piques de celebrarse o primeiro aniversario da proclamación da República (14 de abril), recolle unha intervención de Campos Varela aconsellando que debe avisarse a los vecinos con la antelación necesaria para que adquieran banderas republicanas para los balcones, porque todos las tienen monárquicas y tienen, por lo menos, que reformarlas. Cando menos, manter as aparencias.
A revista Vida Gallega (20-5-1932) informa que o concelleiro Campos Varela presentara unha moción solicitando para Vigo un novo Xulgado e unha Sala de Audiencia.
Por El Pueblo Gallego (26-5-1932) sabemos que o concelleiro Campos Varela ordenara a construción dunha fonte pública en San Miguel de Oia sen os preceptivos trámites legais.
O mesmo xornal (29-7-1932) informa que o concelleiro Campos Varela perdera a votación para cubrir a segunda tenencia de alcaldía.
O mesmo xornal (28-1-1933) publica que, en sesión extraordinaria da corporación municipal, celebrada de véspera baixo a presidencia do alcalde Emilio Martínez Garrido (o terceiro alcalde da II República), o concelleiro Campos Varela fora elixido 1º tenente de alcalde.
As reaccións non se fan agardar. El Pueblo Gallego (4-2-1933) informa que, na parroquia de Coruxo, ha causado buen efecto la designación de D. Ángel Campos Varela para ocupar el puesto de primer teniente de alcalde del Ayuntamiento de Vigo y máxime siendo un gran defensor de la causa agraria, perteneciendo a esta minoría en el Ayuntamiento.
A alcaldía a un tiro de pedra. El Pueblo Gallego (11-2-1933), baixo o titular “El alcalde indispuesto”, publica: A causa de una ligera indisposición que le aqueja, dejó ayer de concurrir a su despacho oficial el alcalde, señor Martínez Garrido, despachando la firma del día el primer teniente de alcalde y presidente de la Comisión municipal de Hacienda, don Ángel Campos Varela.
O mesmo xornal (16-2-1933) informa que Campos Varela asiste no Tamberlick á gala de elección de “Miss Galicia”. Cando o tenente de alcalde tornaba pola pasarela de acompañar á última das misses, o “speaker” espetoulle: ¡Atención! Va a pasar Miss Lavadores.
O mesmo xornal (17-2-1933) informa que, por cuestións de axenda, o tenente de alcalde Campos Varela susbtituíra o alcalde Martínez Garrido na homenaxe que a Agrupación Artística lle ía tributar ao compositor Reveriano Soutullo.
O mesmo xornal (23-3-1933) publica que, en substitución do alcalde, Campos Varela presidirá o partido benéfico de hóckey que, entre os equipos Vigo e Atlántida, se disputará no “Stadium” de Balaídos.
O mesmo xornal (28-3-1933), baixo o titular “Inauguración de la Feria del Libro” informa: Ayer, a las doce de la mañana, tuvo lugar en la calle de Galán [antes e agora, rúa do Príncipe] la inauguración de la Feria del Libro organizada por la Cámara de librería portuguesa. Acudiu ao acto o primeiro tenente de alcalde Ánxel Campos Varela que fixo uso da palabra: para agradecer las frases de los representantes portugueses, manifestando que Vigo considera la exposición de volúmenes lusitanos como un obsequio preciadísimo de nuestros hermanos de raza y destino. Tamén dixo: que Vigo se consideraba honrado con la presencia del pueblo portugués esperando de los actos que se realicen en esta Semana inolvidable, un fruto óptimo para todos, lo que seguramente sucederá por tener arraigados en el alma viguesa los mismos sentimientos, idénticas voliciones, iguales afectos que el país hermano...
O mesmo xornal (21-5-1933), baixo o titular “Hoy se abre al público el parque “Quiñones de León””, eloxia o alcalde Martínez Garrido por concluír con éxito o proceso de adquisición do parque e pazo de Castrelos. A actuación do tenente de alcalde Campos Varela, ao tempo presidente da Comisión de Facenda, tamén é obxecto de loanza. El Pueblo Gallego lembra que as negociacións co marqués de Alcedo comezaran en 1924, baixo a alcaldía de Gregorio Espino. Calcúlase que o sostemento da finca rolde as 50.000 pesetas anuais.
O mesmo xornal (26-5-1933) informa que Campos Varela, vogal da Caixa de Aforros de Vigo e delegado da alcaldía: depositará una monumental corona ante el mausoleo de la ilustre pensadora gallega Concepción Arenal en la necrópolis de Pereiró.
Continuará...