Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • San Miguel de Castro (San Miguel)
      • San Pedro de Ancorados (San Pedro)
      • San Tomé de Ancorados (San Tomé)
      • San Xiao de Vea (San Xiao)
      • San Xurxo de Vea (San Xurxo)
      • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
        • Manuel Ventura Figueroa, ( 1708-1783), Arzebispo de Laodicea, Patriarca das Indias, Presidente do Real Consello e Cámara de Castela e a súa relación con Santa Cristina de Vea
      • Santeles (San Xoán)
      • Santo André de Vea (Santo André)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Terra de Montes >
      • Bearíz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
        • Meavía (San Xoán)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
    • Veciños >
      • Campo Lameiro
      • Cotobade
      • Cuntis
      • Padrón
      • Pontecesures
      • Silleda
      • Teo
      • Valga
      • Vila de Cruces
      • Vedra
  • Cultura
    • Arte >
      • Artesanía >
        • Fernando Porto
      • Cine >
        • Chano Piñeiro
      • Escultura >
        • A purísima de Asorey
      • Fotografía >
        • Karina
        • Pedro Brey Guerra
        • Maxcarun >
          • Aves
          • Insectos
          • Mamíferos
          • Reptis e anfíbios
        • Naturgalicia
      • Pintura
      • Teatro
    • Asociacionismo >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • CETMO
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
        • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
      • Secundaria >
        • IES Chano Piñeiro
        • O Chaniño - Biblioteca
        • Lingua de Montes
        • IES Manuel García Barros (As nosas letras)
        • IES Nº 1
    • Letras >
      • Antonio Rodríguez Fraiz >
        • Achegas
        • Entrevistas >
          • Salvador Antonio Rodríguez Fraiz, un crego do noso pobo
      • Ramón de Valenzuela Otero >
        • Achegas >
          • Sermos Galiza
        • Fotos
        • Vídeos
      • Manuel Daniel Varela Buxán >
        • Fotos
        • Textos
      • Manuel García Barros >
        • Correspondencia >
          • Cecilia Alcoba
          • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
        • Documentos
        • Fotos
        • Vídeos
        • Xornadas e outras achegas
      • Marcial Valladares Núñez >
        • Obra
        • Vídeo
      • Olimpio Arca Caldas >
        • Fotos
        • Obras
        • Vídeos
      • Xoseme Mosquera >
        • Vida
        • Obra
      • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
        • Do autor >
          • Vivir morrendo
        • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
        • Un Otero Espasandín de vinte anos
      • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
        • Biografía
        • Documentos
        • Imaxes
        • Obra
      • Xosé Otero Abelleira >
        • Fotografías
    • Historia >
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Centenario da revolta labrega >
        • Sociedades agrarias
        • Xornais e documentos
        • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
        • Recuperación da Festa Labrega
        • Revolta labrega de 1915
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Patrimonio >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
      • Castelos >
        • Castelo de Cira
      • Castros >
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
      • Cruces
      • Hórreos >
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas
      • Lavadoiros >
        • Liñares
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Mosteiro de Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petróglifos >
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Andón
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Gomail
        • Ponte de Leira
        • Ponte Vea
      • Torres >
        • A Torre da Barreira
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Tradicións >
      • Entroido
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán no Areal
  • Natureza
    • Árbores >
      • Sobreira de Balboa
      • Sobreira de Valiñas
    • Fervenzas
    • Fontes
    • Flora >
      • Cogumelos
      • Piornal de San Trocado
    • Fauna >
      • Aves >
        • Canilonga
      • Anfibios e réptiles
      • Invertebrados
      • Mamíferos >
        • Lontra
      • Peixes
    • Lagoas >
      • Canteira de Ventoxo
      • Lagoa Sacra
      • Lagoa do Seixo
    • Montes >
      • Candán
      • Pico Sacro >
        • Fotografías
        • Textos
        • Vídeos
      • Serra de Cabanelas
    • Penedos >
      • Penedas de Naveiro
    • Ríos >
      • Ulla
    • Vales
  • Muller
    • Asociacionismo >
      • Espadela >
        • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
        • Festa da Vincha
    • Nomes >
      • Avelina Valladares
      • Virxinia Pereira
  • Memoria
    • Actividades >
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Os feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • As listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Os lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
    • Os nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono. A creación cultural truncada
      • Alfredo Iglesias
      • Candido Tafalla, A Estrada, acude a Pontevedra a defender a democracia
      • Brea Abades, un anticipo da masacre?
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros. A lotería da conmutación de penas capitais
      • José Mª Baliño Sánchez, estradenses no maquis francés
      • José María Pena, o presidente do Frente Popular
      • Ken Keirades silenciado
      • Antonio Fraguas. A práctica da humillación
      • Balseiros, o delito de ser alcalde
      • Bernardo Mato Castro, mallar no ensino
      • Hixinio Carracedo Ruzo, a caza do home >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas e a represión na zona da Ulla
      • José Mª Taberneiro, “o rolo de Vilapouca”
      • José Rodríguez Sangiao, O ferreiro de Guimarei
      • Manuel Puente Porto, e a represión dos labregos conscientes
      • Manuel Coto Chan e o socialismo estradense
      • Martiño Ferreiro Álvarez, o cerdedense que morreu en Mauthausen
      • Ramón Fernández Rico, o torneiro. Unha familia desfeita pola represión franquista
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
      • Vidal Puga. 1934, o prologo do 1936
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Ecoloxismo
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Sinaturas
    • Andrea Porto
    • Calros Solla
    • Carlos Loureiro
    • Clara Iglesias Cortizo
    • David Otero
    • Dionisio Pereira
    • Goretti Sanmartin
    • Luis Alberto Silva Casas
    • Manuel Cabada Castro
    • María N. Soutelo
    • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xurxo Esquío
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Camiñando entre petróglifos, pantallas e polafías

10/20/2015

0 Comentários

 
Calros Solla
Imagem
Membros de Capitán Gosende a carón do petróglifo da Laxa da Romaxe (foto de Xoán Soto).
O venres día 9, á noitiña, deille principio ao lecer asistindo, como membro da Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, á Polafía da Estrada. A palabra “polafía” é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, que teñen como obxectivo primordial o de pór en valor e rescatar do esquecemento o valioso patrimonio oral, literario e musical galego. 
Coordinadas polo escritor Antonio Reigosa, a polafía da Estrada foi a trixésima das celebradas até o de agora polo país adiante. En 2007, a Cerdedo correspondéralle organizar a cuarta edición, na que brillou con luz propia a querida cantareira Manuela Cortizo Medal, Manuela de Barro. Xa choveu, xa aloveou.
Os amigos da Asociación Vagalumes, Xoán Carlos Garrido e David Otero, presentáronnos un fermoso e variado espectáculo de reivindicación cultural no que non faltou de nada: a angueira do liño, a música, o canto e o baile tradicionais da man dos grupos Tamparrantán e Tequexetéldere; o Entroido do val de Vea glosado por Manuel Reices, e os contos tradicionais nas voces de Luís Rivas Barbastristes, Marcos e Tino Regueira Paz, neto do defunto David Paz, músico de Cerdedo.
Aproveitei a oportunidade para saudar e conversar cos amigos Antonio Reigosa, Isidro Novo, Xoán Carlos Garrido, David Otero e Tino Regueira e mais para apalabrarmos unha pronta excursión polo monte do Seixo (Roteiro da Montaña Máxica), guiando a xente de Vagalumes. Non foi mala feira a da Estrada. 
Xa no domingo, ameazados pola cabuxa do furacán Xoaquín, os de Capitán Gosende enfrontamos a xornada apelando á resiliencia nosa de cada día. Ana Santiso, Nando Vázquez, Xoán Soto, Anjo Torres e quen escribe botámonos ao monte, e o vendaval acabou apiadándose de nós. Non podía ser doutro xeito, chamándose o vento Xocas.
    A noite do 31 de outubro para o primeiro de Santos, os Gosendes celebramos en Cerdedo o Roteiro da Pantalla que este ano fará a súa quinta edición. A meta da camiñada espectral que programamos para a noite do Magosto é a estación petroglífica da Laxa das Filloeiras, os dous conxuntos inscultóricos que tiven a sorte de atopar o 3 de marzo e o 22 de xullo de 2012 e que se localizan no monte de Pedre, no lugar denominado Os Castelos. Cumpría, xa que logo, botarlle unha ollada ao percorrido escolleito para a presente, por aquilo de improvisar só o estritamente necesario.
A media costa, un presentimento apurroume a abandonar o camiño previsto e a rubir por unha devasa aberta entre o piñeiral. Case sen alento, acadei un relanzo. Baixo os meus pés estendíase un laxedo cuberto de frouma, lique e brión, acoutado, polo leste, por uns penedos que, a xeito de funil, evocaban as torres dunha antiga e zafreada fortaleza. A grandes trazos, aquel chan lousado presentaba moitas similitudes co santuario rupestre da Laxa das Filloeiras, situado, monte arriba, a uns 150 metros cara ao sueste.
Achegueime á base daquela pena casteleira e axiña os ollos se sentiron atraídos por un risco acazapado baixo o cobertor vexetal. O indicio esperanzador axiña se converteu en felicísima certeza. Quizais, miles de anos despois, unha man humana volvía acariñar as pegadas daquel alfabeto insondábel.
O petróglifo descuberto o domingo 11 de outubro de 2015 (coordenadas: X: 546.731; Y: 4.708.098; alt. 493 m) componse, a primeira vista, duns 63 elementos (cruciformes, cruciformes pometados e/ou antropomorfos, coviñas, idoliños...) distribuídos nun panel a dous niveis. No nivel superior, a laxa presenta unha grecha ou rebaixe que, de arriba a abaixo, divide a tona da pedra en dúas metades de proporcións parellas. Á esquerda da fendedura, distribúense uns 19 motivos. Á dereita, 32. No panel inferior, cun grao maior de inclinación, riscáronse uns 12 motivos. 
Decidiuse bautizar o novo achado co nome de Laxa da Romaxe, xa que, o conxunto lembra un festexo cerimonial, unha ruada, un serán, un remuíño de xente que se agrupa ou baila arredor de dúas figuras principais profusamente adobiadas. Unha polafía, si, quitáronmo da boca. 
Asemade, con esta denominación, Capitán Gosende quere homenaxear as amigas e amigos da Asociación Irimia. O pasado setembro, en Penas de Rodas (Outeiro de Rei), co gallo da súa XXXVIII Romaxe, os de Irimia honráronnos coa entrega do “ramo”. Capitán Gosende, canda o colectivo Canón de Pau (Cotobade), traballaremos para que o vindeiro ano, a trixésimo nona edición da súa multitudinaria celebración teña por escenario o oenach do monte do Seixo.   
O achado do petróglifo da Laxa da Romaxe (ou dos Irimegos), o cuarto que os exploradores de Capitán Gosende atopan no monte de Pedre, sérvenos para denunciar a situación de franca indefensión do patrimonio arqueolóxico desta parroquia, ameazado, entre outros proxectos, pola trincheira do tren de alta velocidade. O novo gravado rupestre localizaríase a escasos 200 m ao sur da liña límite de edificación da infraestrutura ferroviaria.              
O 21 de setembro celebrouse no Concello de Cerdedo un pleno no que, a preguntas da oposición, a autoridade local volvía insistir en que o AVE non pasará por Pedre (ou si, e xa se verá). A comunidade de montes de Pedre, confiante no mesiánico vaticinio, aínda non estimou oportuno convocar unha xuntanza para falar sobre o asunto. Alá cadaquén. O colectivo Capitán Gosende, malia o silencio incomprensíbel dos comuneiros, seguirá pateando o territorio para, na medida do posíbel, minimizar os estragos que se agoiran. Escusamos dicir que o sitio arqueolóxico da Laxa da Romaxe se engade dende xa á oferta cultural do Roteiro polo Pedre milenario, deseñado por Capitán Gosende en 2013.
Coa descuberta do petróglifo da Laxa da Romaxe, o colectivo Capitán Gosende suma 17 petróglifos no concello de Cerdedo e catro no da Estrada (parroquia de Sabucedo). Os Gosende enviámoslles un agarimoso saúdo aos compañeiros e compañeiras da Asociación Rapa das Bestas, desexándolles moito éxito para a nova rota dos muíños de Vesacarballa que tiveron a ben ampliar, atinxindo os recén-descubertos gravados rupestres do Outeiro da Pena (O Curuto).Faise camiño ao andar.
*  Faro de Vigo-Terra de Montes, 11-10-2015.
0 Comentários



Leave a Reply.

    Letras

    Sinaturas

    Feed RSS



    Un proxecto de:

     Imagem

    Estamos en:

    Imagem
    Imagem
    Imagem

    Merca aquí:

    Imagem
    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.
✕