O recoñecemento materializarase nun acto que se celebrará o sábado 7 de novembro na Casa da Cultura de Vilalba a partir das doce do mediodía cunha táboa redonda na que intervirán Helena Villar, Xoán C. Garrido, Heitor Picallo, Mini e Mero, Xabier P. Docampo, Alfonso Blanco e Xulio Xiz.
Despois do xantar –para o que é preciso anotarse a través do teléfono 646 41 38 90 ou do enderezo electrónico [email protected] Mini e Mero e o gaiteiro nubeiro Raúl Galego ofrecerán un concerto.