Asociacións dos tres concellos solicitan unha reunión urxente cos alcaldes
Tanto XUBRINTAS como ALAMOCEIROS comezaron a fase de determinación de afección ambiental, prevista na tramitación estatal ao abeiro das modificacións sufridas na lexislación tras o RDL 6/2022, modificado polo 11/2022 e o 20/2022, na cal se determinará se deben ou non deben someterse Ley 21/2013, de 9 de diciembre, de evaluación ambiental.
Tras a análise da documentación exposta e a magnitude deste macrocomplexo eólico, do que aínda só coñecemos unha parte, faise patente un grande impacto sobre o medioambiente, o patrimonio cultural e sobre a saúde e calidade de vida da veciñanza dos concellos de Cerdedo Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada.
Á vista desta preocupante situación, a Asociación Veciñal Sociocultural Ambiental Alarma na Terra de Montes, a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, a Asociación Eido do Cervo, a Asociación Cultural e Informativa da Biodiversidade das Aldeas A.C.I.B.A.L. e o Colectivo do Vento, SOLICITA UNHA REUNIÓN URXENTE cos alcaldes dos concellos de Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e A Estrada.
1 https://sede.miteco.gob.es/portal/site/seMITECO/navAfeccionAmbiental