Nesta ocasión, as actividades comezarán mañá, sábado 20, ás 12:00 h. na praza da Farola. Realizaremos alí unha lectura pública da obra da nosa autora, polo que convidamos a todas as persoas que o desexen a que se acheguen para participaren nela. Efectuaremos unha gravación destas lecturas, co obxectivo de proxectala o mércores 24 ás 19: h na sala de exposicións de Abanca. Neste acto, ademais procederemos á lectura do manifesto da Asociación de Escriotores e Escritoras en Lingua Galega, asociación que promove desde o ano 2010 a celebración do Día de Rosalía.