Escribía entón o seu autor no limiar deste estudo fundamental sobre a nosa literatura: "Parafraseando ao máis grande poeta norteamericano, Walt Whitmanl, poderiamos dicir que nas túas mans, amiga e amigo lector, non repousan unhas follas, senón que treme unha muller. Unha muller humilde, sensible, bondadosa, cun espírito libertador e cunha forte dose de rebeldía que a levou -sendo unha señorita dunha das familias fidalgas con máis avoengo de Galicia- a superar os prexuízos existentes e mesturar a súa escrita en castelán cun feixe de poemas escritos en galego, nunha época na que a nosa lingua estaba aldraxada e os galegos tiñan vergonza de falar aos señores como falaban á súa nai ou aos seus fillos."
Esta edición esgotado é posta outra volta ao público nesta versión dixital para consulta de quen queira afondar sobre unha etapa do noso rexurdimento no cal a nosa Comarca participou tamén con voz de muller