A Asociación Cultural “Vagalumes” chama a participar na manifestación do 17 de maio
Mais eles nunca responden porque son de tirar a pedra e esconder a man. De prohibir o uso do galego nas materias científicas no ensino e queixarse da súa extinción entre a mocidade. De exhibir publicamente a toponimia deturpada (Sangenjo, Riveira...) e anunciar estudios e ferramentas para a súa restitución. De difamar con campañas contra a imposición do galego e chamar liberdade a usar os fondos públicos para a exclusión da nosa lingua.
Porque eles prefiren exterminar o galego en silencio, que ninguén se decate até que sexa tarde, non levantar a lebre. As estatísticas reflicten que van gañando e cómpre reactivarse para desenmascarar o seu acoso e derribo ao noso idioma.
Por iso convocamos as veciñas e veciños da Estrada a unirse á manifestación que terá lugar o vindeiro 17 de maio ás 12:00 h. En Santiago de Compostela convocada por “Queremos Galego!”. Debemos parar o lingüicidio que é cousa de todos e todas os que queremos que a este país non o borren do mapa, que ten unha personalidade milenaria sedimentada na súa lingua e que se non defendemos e promovemos nós as nosas cousas, os de fóra nin as van respectar nin as van apreciar como comprobamos máis unha vez.
A.C. Vagalumes