Este conto está escrito pola veciña de Oroso, Estela Suárez, e está acompañado de traballadas ilustracións que correron a cargo de Héitor Picallo, natural de Cuntis. A historia céntrase na relación de amizade que establece a lúa e o protagonista, un cativo chamado Xan.
Intervencións
No acto de presentación contarase coa participación da autora Estela Suárez; o ilustrador Héitor Picallo; do escritor David Otero; do mestre e escritor, Carlos Loureiro e da escritora e crítica literaria Romina Bal.
Estela Súarez Recouso
Estela Suárez está licenciada en Filoloxía Galega e actualmente atópase estudando Pedagoxía. O seu primeiro certame literario gañouno na súa localidade natal, Oroso, en 1999 momento no que comezaría a súa andaina literaria, sucedéndose diversos premios en certames de narrativa e relatos curtos. Entre os últimos recoñecementos recibidos atópase o primeiro premio á mellor curta no V Certame de Curtas para Rosalía da AS-PG e o segundo premio do III Concurso de Curtametraxes “E ti que ves?” de Adega; ambos neste ano 2015.