Manuel Barros. La Habana
POEMAS PARA A HABANA
ESA VECIÑANZA
David Otero
DESEXO
Quero que activemos quen somos
Que non sigamos na fuxida
Que basta a invasión do meu pasado
Pois o tempo noso aquel queremos
Que se volva duramente ofensivo
Tal como a natureza pura…
… e así sen miras sempre dura
II.
SON
Son as sonoridades da memoria
Quen pasean de bo talle polas rúas
As que acariñan pétalos de flor vermella
As que compoñen versos de cantar de pobo
Son as sonoridades da memoria
Quen pasean de bo talle polas rúas.
III.
LINGUA
Nas nosas palabras-corazón permanecen
Os teus sonoros acentos latexantes
De continuadas tarefas
Polos días que me definen
Vou e vas comigo sempre
Abondoso de memoria sen irme a perdas
E camiño feliz… ben posto na viaxe
Sabendo no oriento da firmeza da túa luz.
Eu digo nai…
e digo matria
E no teu falar …
eu digo patria
A todas e a todos.
no meu afecto de sermos
sempre.
david otero
A Estrada, 16 de maio de MMXVIII
A MARÍA DA VITORIA
Manuel Álvarez Fuentes
para levar adiante
os proxectos máis fermosos”
María Victoria Moreno Márquez
María Victoria naceu
nesa Valencia de Alcántara
na terra de Estremadura
tal como á fonte vai a cántara.
Cáceres foi a súa provincia
onde viu a luz ó nacer,
mais amou tanto a Galiza
que galega puido ser.
A relación con Galicia
máis a opción pola súa lingua
foi grande historia de amor
que xamais o tempo mingua.
O amor pola nosa lingua
levouna a impartir as clases
dunha forma clandestina
segundo as franquistas bases.
Así lle foi retirado
o pasaporte unha vez
nel réxime de violencia
que puxo a España ó revés.
Ela foi cuarta muller
que en nosas Letras Galegas
recibiu unha homenaxe
polas fermosas achegas.
Foi profesora de ensino
secundario de Galicia
unha mestra consagrada
e cunha tenra caricia.
A diversos animais
Victoria fixo falar
para divertir aos nenos
cun amor moi singular.
Editada moitas veces
foi Anagnórise, magna obra
desta muller escritora
con gran talento de sobra.
Con Elexías de Luz
cultivou a poesía
resplandecente de amor
en luminaria porfía.
Non importa o mal do cancro
se sempre estarás na gloria
pois ti es coma a Santa Virxe,
a María da Vitoria!
Manuel Álvarez Fuentes
9 de Marzo de 2018
plegable_xuntanza__2018_pre_proyecto.pdf |