Poema compartido con Rosalía
David Otero
luminosa señora de Galicia,
soberana guía que nos defines
e determinas.
Verde luz
da aflorecida esperanza deste pobo,
poema noso de obrigada lectura
e de escritura
Amiga nosa,
marabilla inmedible de identidade,
teimosa caminante a noso ser.
e tan cantora.
Mirada verdadeira
a comunal futuro que cumprir,
palabra matricial feita poema
e harmonía.
E así soñamos…
cantando na túa memoria,
cando a túa mirada permanente nos recita
tantos versos
E neste día que nos sinala…acariñando
é o amor quen se fai recordo e nos abraza,
nas luzadas cheas de estrelas a bicarnos,
nomeándote
Que sexa así o romper dos días que desexamos,
os que nos permitan as portas liberadas,
para nós abrilas…para nós pechalas…
se queremos.
E na dozura mellor do que sentimos
andemos paso a paso os nosos tempos
e así teñamos a mellor viaxe, Rosalía,
para pensarte.
Nesa humildade do noso orgullo
dicímoste señora,
esperanza,
marabilla,
futuro,
amor…
ROSALÍA.
d.o.feb.MMXV.