Asistiron presidentes e directivos das sociedades galegas: Ferrol e a súa Comarca, Fillos do Concello de Bujan, Fillos do Partido de Lalin, O Val de Lemos, O Val de Ouro, Progreso de Lanzos, Puentedeume e o seu Partido Xudicial, Unión Trivesa, Unión Vilalbesa e Centro Unión Ourensá da Habana.
A presidenta, Gódula Rodríguez Señaris, pronunciou as palabras de apertura, recordando que por acordo de Xunta Xeral de Asociados do pasado mes de xaneiro, "todas as actividades que se realizasen na sociedade durante o presente ano estarían dedicadas ao centenario dun dos seus máis preclaros asociados e directivos, como o foi sen dúbida o doutor Xesús Barros López".
O médico e directivo, Manuel Barros, foi o único orador da xornada, e comezou a súa intervención agradecendo en nome da familia aos organizadores da homenaxe; así mesmo saudou a presenza no acto dun nutrido grupo de presidentes de entidades, e deu a coñecer tres mensaxes de adhesión ao acto recibidos desde Galicia, enviados polo poeta, David Otero, José Manuel Castelao Bragaña, ex-presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada en Bos Aires e o profesor Javier Comesaña Pereira, dando a continuación lectura ao relatorio "Xesús Barros e as sociedades españolas en Cuba".
A continuación, o bardo da comunidade galega de Cuba, Manuel Álvarez Fontes, leu o seu poema ?Fillo de honra e deber?, dedicado a Xesús Barros, mentres que na "pincelada cultura" o público gozou da presentación de Soylín Ibarra, nova soprano do Teatro Lírico Nacional "Gonzalo Roig” que interpretou "Mírame así"; (Sánchez de Fontes) "Hoxe a miña Habana" (X. Laugart) e pechando con broche de ouro o recital con "Amigos para sempre". (Weber)
A actividade concluíu cunha visita do público á exposición “A Estrada e a sociedade das súas emigrantes e descendentes a 100 anos do seu fundación na Habana, Cuba” na que se puido apreciar en centenares de fotografías, documentos e publicacións, momentos da vida asociativa do doutor Xesús Barros López.