David Otero
Hoxe tocamos o encanto
no tempo e na palabra,
na memoria compartida…
a nome propio,
tal como aire
que respiramos.
Hoxe vestímonos de outono guapo
cos recordos limpos
cando os espellos non están embazados
e miramos a vida
postos de verde…
con esperanzas.
Hoxe…si…
Pois ti…
es luz de primavera
tan incesante,
froito de verán
tan traballado,
acariñando pedra de gran
e tan señeira
a lume de fogar matrio
tan de inverno de acoller sempre.
Pois no Baño e Tabeirós
así irmandados
foi e vai a túa palabra…
tal enamoro
e na expresión teatral tan actoral
escribes pobo e vila,
escola e fontes,
castro e entroido,
por inmedible patrimonio.
Velai en ti, irmán, a historia,
que se tece a cada día,
no saber e no querer ben conxugado,
amor de pobo,
e tristemente…en resistencia.
Velaí cantor noso
esa frescura
que resoa fondamente
neste recordo
Velaí irmán esa mornura túa
Canta memoria…!
DAVID OTERO
1º Cabodano de Olimpio Arca Caldas a 25 novembro de MMXV