David Otero
Manuel Sueiro
Velaí dous máis nesta campa.
Velaí dous nosos de moito para máis.
porque así…máis seremos no camiño.
Camiño el…vocacional e militante
indo por flores de viva primavera
sendo vós… Manuel, Manuel,
e así nós tamén sendo… a pasos de sumando obra
neste lugar onde non se gardan esquencidos
O voso acento, Manuel, Manuel, éo de… “si…aquí”
e aquí si hoxe…nós pintamos a bandeira
coas colores propias das nosas palabras
retendo arcos da vella nas meniñas dos nosos ollos
acoutando pois… que a casa nosa e vosa…non se nos marche pola porta.
Manuel, Manuel, que así ben vos acae a certo o de…
“ que alí onde se toque…a memoria doe…”
por iso a necesidade da vosa presenza nesta Campa
que nela vós...
xa non sodes presentes ausentes…
Logo velaí pois …dúas opcións …”a vida…ou a vida…”
que así con ela celebremos a memoria
porque , Manuel, Manuel…nada vén do baleiro
que a beleza nace da terra
e por iso as nosas palabras… levan historia.
Manuel, Manuel,
na Irmandade desta Campa viva das Laudas
nesta fronte de restauración
brademos memoria…
Non lle botemos máis silencios
…ao silencio.