Con esta lectura lembramos a subida a este monte de Castelao e un grupo de amigos da Estrada h,ai 10 anos, no 1924, cando na ditadura de Primo de Rivera estaba prohibida calquera actividade cultural e política nacionalista. Alba de Gloria está considerado como un dos máis fermosos textos da literatura galega e o noso grande político e artista escribiuno cando xa estaba exiliado en Bos Aires, e recolle a súa lembranza ás xeracións anteriores que ergueron a nosa identidade e esperanza ao longo da nosa historia e representa un canto a resiliencia do noso país nun momento moi crítico polo contexto da ditadura franquista.
Os actos comenzarán coa benvida aos asistentes e intervención de Felipe Senén, Secretario da Real Academia Galega de Belas Artes e exdirector do Museo Arqueolóxico da Coruña, para logo levar a cabo a subida ao último treito do cumio do Pico Sacro, para ler o Alba de Gloria de Castelao. As AC. Vagalumes e AC. O Galo, lerán Alba de Gloria, sendo este ano a asociación invitada a lela xunto con elas a AC Lucenza-Ateneo de Nigrán".
Logo de xantar levarase a cabo un roteiro pola Terras da Ulla polo concello de Teo.