Que nos contaría Carlos Marx se puidese volver ao mundo dos vivos apenas por unha hora? O seu corpo leva 130 anos baixo terra. O seu legado, o marxismo, que durante o século XX inspirou movementos políticos que se estenderon por todo o planeta, é hoxe unha especie en extinción. Desde a caída do Muro de Berlín, o comunismo xa non é un factor na actual ecuación dominada polo monoteísmo neoliberal. Marx está morto. Ou non está morto?
Hoxe protestamos (como fixo Marx) polas barbaridades do capital financeiro (que Marx denunciou) nesta enésima crise sistémica (que Marx prediciu) causada pola acumulación da riqueza nas mans duns poucos (como Marx formulou) nun mundo convulso (que Marx anticipou). E o curioso é que non sabemos quen foi Marx. Cal foi a súa vida, a súa experiencia, a súa maneira de pensar?
Marx está morto. E continúan a matalo todos os días, porque o seu espírito -como aquel espectro sobón que percorría Europa- teima en revivir a cada pouco. Agora din que nunha especie de abdución metafísica, o espíritu de Marx materializouse no corpo dun anónimo cidadán galego bebedor de cervexa.
Será verdade? Que dirá? Cousa boa non, seguro.