galega.
Convidámosvos a coñecer este deporte, recén chegado ao noso país e que nos últimos anos está a experimentar un grande crecemento. Un dos deportes nacionais de Irlanda, cun papel relevante na loita do pobo irlandés en defensa da súa cultura e identidade e que aínda hoxe, na era do deporte negocio, continua sendo non profesional.
Con esta mostra de Fútbol Gaélico queremos tamén fomentar o deporte mixto e contribuír a derrubar os prexuízos relacionados coa división dos deportes en diferentes categorías en función do sexo. Reivindicaremos, pois, que mulleres e homes podemos practicar e competir xuntas/os tamén no deporte.