Rexeitamos unha actividade que só se pode calificar de matanza indiscriminada e inxustificada dun animal da nosa fauna que, ademais, non só non provoca dano algún senón que ten un papel beneficioso no noso entorno axudando ao control de roedores e outros animais prexudiciais para os cultivos agrícolas ou eliminando restos de animais mortos. Todo isto fai que o raposo sexa un animal a protexer e non a eliminar.
Tamén queremos denunciar o feito de que entre as entidade colaboradoras desta carnicería se atope o propio concello de Cerdedo-Cotobade, que demostra así a súa nula preocupación pola natureza e a fauna así como a
súa incoherencia, dado que o mesmo concello que recentemente colaboraba cunhas xornadas de defensa do lobo agora non ten reparo en propiciar a matanza de raposos.
Finalmente, na nosa denuncia desta actividade cruel e innecesaria, queremos incluír tamén a colaboración dunha empresa como Ence, cuxo empeño por converter o rural nun ermo sen vida parece que non se limita unicamente á ocupación dos montes con especies de crecemento rápido tan negativas como os eucaliptos e piñeiros senón que tamén quere facer a súa contribución á erradicación da nosa fauna autóctona colaborando con campionatos como este.
Terra de Montes, 7 de xaneiro de 2019
Colectivo Portalén
Terra de Montes-Galiza