Este acto estará organizado pola Asociación Cultural “Vagalumes” e Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG (As. de Escritoras e Escritores en Lingua Galega).
Neste acto contaremos coa colaboración da Asociación Cultural “Tamparrantán” de Santo André de Vea que levan anos traballado na recollida e difusión da cultura popular do noso Concello. Ademais estará presente a tradición do entroido da Ulla e da literatura oral do noso rural.
O acto é aberto e de entrada gratuíta. ATENCIÓN AO CAMBIO DE DATA