É una ocasión para dar continuidade e profundidade ao coñecemento desta autora xustamente homenaxeada este ano ao dedicárselle as letras galegas.
Intervirá a escritora e profesora Marga do Val, especialista e amiga de Luísa Villalta, e coordinadora deste número especial.
Marga do Val é autora de poesía, ensaio, novela e teatro, é licenciada en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola USC. Entre 1995 e 2005 exerceu como lectora de lingua e literatura galegas na universidade de Tréveris, e tamén profesora de lingua e literatura galegas nun centro de ensino medio (San Paio). Colaborou en varias publicacións periódicas, como a revista Grial, Festa da Palabra Silenciada ou A Nosa Terra. Tamén escribiu no Sermos Galiza, do que forma parte do Consello de Administración.
En 2015 foi elixida directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo.
Agasallarase cun exemplar aos asistentes ao acto.