| |
Este acto tivo lugar na escola de Santo André de Vea o pasado sábado 5 de maio ás 20:30 h. E xunto coa autora, Clara Iglesias, e o escritor David Otero en representación da A. C. Vagalumes, tamén interviron activistas culturais desta área como son Teresa Villar, presidenta de Tamparrantán, quen presentou o acto, a profesora Amalia Fernández, que nos falou da importancia do respecto á nosa toponimia correcta fronte ao desleixo das administracións e Manolo Rodríguez, quen analizou a relación entre toponimia e patrimonio..