O vindeiro domingo 21 de xuño, nas vésperas do San Xoán que terá lugar no Areal de Berres, quixemos citar desde a Asociación Cultural "Vagalumes" nese lugar aos poetas da comarca nun encontro con creadores de bisbarras veciñas nunha xornada de convivio no que renderemos homenaxe aos escritores desta parroquia, sobre todo aos irmáns Valladares que tiveron a iniciativa no seu tempo de recoller a fala desta Terra e poñela en texto impreso e produción literaria.
A xornada comezará na vila da Estrada, no pedrón dedicado a Marcial Valladares na alameda ás 12:30, onde os poetas máis novos, desde alí achegarémonos a Igrexa de Berres, onde están enterrados os Marcial e Avelina, alí celebrarase un concerto baseado en obras destes autores a cargo de Isabel Rei, para continuar en percorrido poético até o Areal pasando pola casa natal de Manuel García Barros.
No Areal, neste espazo natural arranxado e posto en valor polos veciños terá lugar as intervencións poéticas e musicais.
|