Tabeirós Montes
  • Novas
    • Presentación
    • Contacto
    • Colabora
  • Terra
    • A Estrada >
      • Agar (Santa Mariña)
      • Aguións (Santa María)
      • Arca (San Miguel)
      • Arnois (San Xiao)
      • Baloira (San Salvador)
      • Barbude (San Martiño)
      • Barcala (San Miguel)
      • Barcala (Santa Mariña)
      • Berres (San Vicenzo)
      • Callobre (San Martiño)
      • Cereixo (San Xurxo)
      • Codeseda (San Xurxo)
      • Cora (San Miguel)
      • Couso (Santa María)
      • Curantes (San Miguel)
      • Estrada, A (San Paio)
      • Frades (Santa María)
      • Guimarei (San Xiao)
      • Lagartóns (Santo Estevo)
      • Lamas (San Breixo)
      • Liripio (San Xoán Bautista)
      • Loimil (Santa María)
      • Matalobos (Santa Baia)
      • Moreira (San Miguel)
      • Nigoi (Santa María)
      • Oca (Santo Estevo)
      • Olives (Santa María)
      • Orazo (San Pedro)
      • Ouzande (San Lourenzo)
      • Parada (San Pedro)
      • Paradela (Santa María)
      • Pardemarín (Santa Baia)
      • Remesar (San Cristovo)
      • Ribeira (Santa Mariña)
      • Ribela (Santa Mariña)
      • Riobó (San Martiño)
      • Rubín (Santa María)
      • Sabucedo (San Lourenzo)
      • San Miguel de Castro (San Miguel)
      • San Pedro de Ancorados (San Pedro)
      • San Tomé de Ancorados (San Tomé)
      • San Xiao de Vea (San Xiao)
      • San Xurxo de Vea (San Xurxo)
      • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) >
        • Santa Cristina de Vea (Santa Cristina)
        • Manuel Ventura Figueroa, ( 1708-1783), Arzebispo de Laodicea, Patriarca das Indias, Presidente do Real Consello e Cámara de Castela e a súa relación con Santa Cristina de Vea
      • Santeles (San Xoán)
      • Santo André de Vea (Santo André)
      • Somoza, A (Santo André)
      • Souto (Santo André)
      • Tabeirós (Santiago)
      • Toedo (San Pedro)
      • Vinseiro (Santa Cristina)
    • Terra de Montes >
      • Bearíz >
        • Beariz (Santa María)
        • Lebozán (Santa Cruz)
        • Xirazga (San Salvador)
      • Cerdedo >
        • Castro (Santa Baia)
        • Cerdedo (San Xoán)
        • Figueiroa (San Martiño)
        • Folgoso (Santa María)
        • Parada (San Pedro)
        • Pedre (Santo Estevo)
        • Quireza (San Tomé)
        • Tomonde (Santa María)
      • Forcarei >
        • Aciveiro (Santa María)
        • Castrelo (Santa Mariña)
        • Dúas Igrexas (Santa María)
        • Forcarei (San Martiño)
        • Madanela de Montes, A (Santa María Madanela)
        • Meavía (San Xoán)
        • Millarada (San Amedio)
        • Pardesoa (Santiago)
        • Pereira (San Bartolomeu)
        • Quintillán (San Pedro)
        • San Miguel de Presqueiras (San Miguel)
        • Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña)
        • Ventoxo (San Nicolao)
    • Veciños >
      • Campo Lameiro
      • Cotobade
      • Cuntis
      • Padrón
      • Pontecesures
      • Silleda
      • Teo
      • Valga
      • Vila de Cruces
      • Vedra
  • Cultura
    • Arte >
      • Artesanía >
        • Fernando Porto
      • Cine >
        • Chano Piñeiro
      • Escultura >
        • A purísima de Asorey
      • Fotografía >
        • Karina
        • Pedro Brey Guerra
        • Maxcarun >
          • Aves
          • Insectos
          • Mamíferos
          • Reptis e anfíbios
        • Naturgalicia
      • Pintura
      • Teatro
    • Asociacionismo >
      • A.C. A Estrada >
        • Antonio Fraguas e o monumento aos mártires
        • Enterro da Sardiña
        • Mostra de artesanía da Estrada
        • Simposio de literatura galega de autoría estradense
      • A. C. O Brado
      • Contrarretranca
      • A. C. Vagalumes >
        • Actividades
      • AEC Verbo Xido >
        • Carteis e publicacións
        • Defensa das árbores autóctonas
      • CETMO
    • Ensino >
      • Primaria >
        • CEIP O Foxo >
          • As nosas cousas
          • Bilbioteca
          • Peque Xenios
          • Pereiriños
        • CEIP de Figueroa (A biblio de Carola)
      • Secundaria >
        • IES Chano Piñeiro
        • O Chaniño - Biblioteca
        • Lingua de Montes
        • IES Manuel García Barros (As nosas letras)
        • IES Nº 1
    • Letras >
      • Antonio Rodríguez Fraiz >
        • Achegas
        • Entrevistas >
          • Salvador Antonio Rodríguez Fraiz, un crego do noso pobo
      • Ramón de Valenzuela Otero >
        • Achegas >
          • Sermos Galiza
        • Fotos
        • Vídeos
      • Manuel Daniel Varela Buxán >
        • Fotos
        • Textos
      • Manuel García Barros >
        • Correspondencia >
          • Cecilia Alcoba
          • Xosé Ramón Fernández Oxea (BEN-CHO-SHEY)
        • Documentos
        • Fotos
        • Vídeos
        • Xornadas e outras achegas
      • Marcial Valladares Núñez >
        • Obra
        • Vídeo
      • Olimpio Arca Caldas >
        • Fotos
        • Obras
        • Vídeos
      • Xoseme Mosquera >
        • Vida
        • Obra
      • Xosé Roxelio Otero Espasandín >
        • Do autor >
          • Vivir morrendo
        • Paisaxe vital de Xosé Otero Espasandín con Castro ao lonxe
        • Un Otero Espasandín de vinte anos
      • Xosé Manuel Cabada Vázquez >
        • Biografía
        • Documentos
        • Imaxes
        • Obra
      • Xosé Otero Abelleira >
        • Fotografías
    • Historia >
      • Oficios >
        • Esmoleiros
      • Centenario da revolta labrega >
        • Sociedades agrarias
        • Xornais e documentos
        • Sociedade de Instrución Unión de Rubín de La Habana
        • Recuperación da Festa Labrega
        • Revolta labrega de 1915
    • Música >
      • Banda de Gaitas de Forcarei
      • Coral Polifónica Estradense
      • Gaiteiros de Soutelo
      • Nao
      • Xenreira
      • Xosé Lueiro
    • Patrimonio >
      • Arquitectura vernácula >
        • Alvarizas
      • Castelos >
        • Castelo de Cira
      • Castros >
        • Fortaleza/Castro de Terra de Montes
      • Cruces
      • Hórreos >
        • Hórreo de Quintela
      • Igrexas
      • Lavadoiros >
        • Liñares
      • Megalítico
      • Mámoas
      • Mosteiros >
        • Mosteiro de Aciveiro
      • Muíños
      • Neveiras >
        • Neveiras de Fixó
        • Neveiras do mosteiro de Aciveiro
      • Pazos >
        • Casa e capela de San Ildefonso na Algalia (Guimarei)
        • A casa de Araúxo en Ponte-Sarandón
        • Casa de Badía
        • Casa de A Silva en Ribadulla (Arnois)
        • A Casa da Condesa (ou do Piñeiro) en Santa Mariña de Ribeira
        • A casa de Sesto (Ribela)
        • Casa de Recarei (Curantes)
        • Casa de Miranda (Santeles)
        • Casa de A Silva en Vendexa
        • A Casa Grande de Parada
        • A Casa Grande de San Paio de Figueiroa
        • Casa de Barcia en San Miguel de Cora
        • A casa de "Os Muros"en San Pedro de Parada
        • Casa de Vilanova en Remesar
        • "Casa Varela” en Pereiras
        • Os Mondragón de Vilasusán.Remesar
        • O Pazo do Outeiro de Maíndo (Couso)
        • Pazo de Correáns
        • Pazo de Guimarei
        • Pazo da Mota
        • Pazo de Monteagudo
        • Pazo de Oca
        • Pazo de Preguecido
        • Pazo de Valiñas
        • Pazo de Xerliz
      • Petróglifos >
        • Laxas de Penide
      • Pontes >
        • Ponte de Andón
        • Ponte Carballa
        • Ponte de Gomail
        • Ponte de Leira
        • Ponte Vea
      • Torres >
        • A Torre da Barreira
        • Torre de alarma de Barciela
        • Torre de Guimarei
    • Tradicións >
      • Entroido
      • Rapa das bestas >
        • Fotografía >
          • Fotorapa
          • 2008
          • 2009
          • 2010
          • 2011
          • 2012
        • Vídeo
        • Publicacións
      • San Xoán no Areal
  • Natureza
    • Árbores >
      • Sobreira de Balboa
      • Sobreira de Valiñas
    • Fervenzas
    • Fontes
    • Flora >
      • Cogumelos
      • Piornal de San Trocado
    • Fauna >
      • Aves >
        • Canilonga
      • Anfibios e réptiles
      • Invertebrados
      • Mamíferos >
        • Lontra
      • Peixes
    • Lagoas >
      • Canteira de Ventoxo
      • Lagoa Sacra
      • Lagoa do Seixo
    • Montes >
      • Candán
      • Pico Sacro >
        • Fotografías
        • Textos
        • Vídeos
      • Serra de Cabanelas
    • Penedos >
      • Penedas de Naveiro
    • Ríos >
      • Ulla
    • Vales
  • Muller
    • Asociacionismo >
      • Espadela >
        • A muller na Terra de Montes (Exposición do CETMO)
        • Festa da Vincha
    • Nomes >
      • Avelina Valladares
      • Virxinia Pereira
  • Memoria
    • Actividades >
      • Eliminación da simboloxía franquista
      • Homenaxe nacional as vítimas do franquismo en San Simón
      • Homenaxe a Xoán Xesús González
      • Proxección de "A derradeira lección do mestre" (24-3-2007)
      • Homenaxe aos paseados da Ponte do Regueiro
      • Conmemoración do 5 de xuño (5-06-2007)
      • Homenaxe a Bernardo Mato Castro na súa escola (8-7-2006)
    • Documentos >
      • Causas >
        • Así se xustifica unha condena a morte de José Costés Fernández e José Gómez Rivas >
          • Ideas polas que se mata a Cortés Fernández
      • Cartas >
        • Manuel Graciano ao Goberno Portugués
        • Carta dos Concelleiros ao pobo da Estrada
        • Ramón Fernánde Rico
        • José Mª Pena
      • Instrucións para a resistencia
      • Oficio de Crego de Castro (Cerdedo)
      • Memorias >
        • Memorias dun proscrito
      • Prensa >
        • Galicia Libre
      • Publicacións
    • Os feitos >
      • O levantamento franquista na Estrada
      • A Estrada viste a camisa azul
      • O “imposto revolucionario”
      • O saqueo do pobo. O invento do secuestro express
      • As incautacións: A insticionalización do roubo
      • A interrupción tráxica do galeguismo
      • Represión do maxisterio estradense
      • Mulleres, dignidade e rebeldía
    • Imaxes >
      • Vitimas do franquismo
    • As listaxes >
      • A Estrada >
        • Fuxidos da parroquia de Guimarei
        • Presos en San Simón
      • Terra de Montes >
        • Beariz
        • Cerdedo
        • Forcarei
    • Os lugares >
      • A casa do pobo de Deán (Cerdedo)
      • A república de Guimarei
      • Ponte do Regueiro
      • Quilómetro 1 da Avenida de Buenos Aires: Aquí se fusilou
    • Os nomes >
      • Antonio Sueiro Cadavide
      • Alfonso Ramiro Castro Dono. A creación cultural truncada
      • Alfredo Iglesias
      • Candido Tafalla, A Estrada, acude a Pontevedra a defender a democracia
      • Brea Abades, un anticipo da masacre?
      • Francisco Varela Garrido
      • Isolino Feros. A lotería da conmutación de penas capitais
      • José Mª Baliño Sánchez, estradenses no maquis francés
      • José María Pena, o presidente do Frente Popular
      • Ken Keirades silenciado
      • Antonio Fraguas. A práctica da humillación
      • Balseiros, o delito de ser alcalde
      • Bernardo Mato Castro, mallar no ensino
      • Hixinio Carracedo Ruzo, a caza do home >
        • Fotos homenaxe a Carracedo na Somoza no seu 75 cabodano
      • José Gómez Rivas e a represión na zona da Ulla
      • José Mª Taberneiro, “o rolo de Vilapouca”
      • José Rodríguez Sangiao, O ferreiro de Guimarei
      • Manuel Puente Porto, e a represión dos labregos conscientes
      • Manuel Coto Chan e o socialismo estradense
      • Martiño Ferreiro Álvarez, o cerdedense que morreu en Mauthausen
      • Ramón Fernández Rico, o torneiro. Unha familia desfeita pola represión franquista
      • Ventín, 5 da mesma familia fusilados xuntos
      • Vidal Puga. 1934, o prologo do 1936
    • Testemuños >
      • David García Insua
      • Roxelio Arca
  • Movementos
    • Ecoloxismo
    • Emigración >
      • Arxentina
      • Brasil
      • Cuba >
        • Nomes >
          • Manuel Álvarez Fuentes
          • Jesús Barros López
    • Loita labrega
    • Movemento obreiro
    • Movemento veciñal >
      • Contra a suba do IBI na Estrada
      • Loita contra a fusión de Cerdedo
    • Normalización lingüística >
      • Conflito do Foxo
      • Letras galegas 1970 na Estrada
      • Queremos Galego
    • Pacifismo
    • Política >
      • BNG
      • PSOE
      • PP
      • OUTROS
  • Sinaturas
    • Andrea Porto
    • Calros Solla
    • Carlos Loureiro
    • Clara Iglesias Cortizo
    • David Otero
    • Dionisio Pereira
    • Goretti Sanmartin
    • Luis Alberto Silva Casas
    • Manuel Cabada Castro
    • María N. Soutelo
    • Sindo Villamayor
    • Susana Sánchez Arins
    • Xoán Carlos Garrido
    • Xosé Luna
    • Xurxo Esquío
  • Arquivo
    • Foto >
      • Edificios
      • Eventos
      • Deporte
      • Industria
      • Nomes
      • Rúas
      • Xente
    • Vídeo >
      • Documentais >
        • CETMO
        • A Estrada románica
      • Filmes
      • Actos
      • Conversas
      • Imaxes
    • Audio >
      • Voces
    • Publicación >
      • Libros >
        • Ond´o sol facheaba ó amañecer. Vida e obra de Avelina Valladares. Xosé Luna Sanmartín
        • Vagalumes. Manuel Cabada Vázquez
        • A Estrada
      • Xornais >
        • Eco de la Estrada
        • El Emigrado
        • El Estradense
      • Revistas >
        • Contrarretranca
        • Cotaredo
        • Tabeirós Terra
        • Verbo Xido
      • Folletos

Un Otero Espasandín de 20 anos [I]

8/5/2015

0 Comentários

 
Calros Solla
ImagenOtero Espasandín (autoría de Ana Santiso)
Xosé Roxelio Otero Espasandín, mestre e poeta, fillo de labregos, naceu na parroquia cerdedense de Santa Baia de Castro, lugar de Castro do Medio, en novembro de 1900. Amén da súa obra poética e xornalística en galego, é autor, en castelán, de máis dunha trintena de libros de divulgación histórica e científica, elaborados, boa parte, durante a súa estadía bonaerense. O pintor e escritor Luís Seoane, camarada na diáspora, exclamaría: realizó en seis o siete años una labor enciclopédica sin igual.

Intelectual comprometido coa educación, a liberdade e a democracia, viuse obrigado a fuxir dunha España esgazada polas poutas do fascismo. Padeceu a condición de refuxiado no campo francés de Saint-Cyprien (1939) e o posterior exilio en Inglaterra (1939-41), Arxentina (1941-47) e Estados Unidos. Otero Espasandín, que non voltaría a Galiza, faleceu en Washington o 15 de outubro de 1987, após unha vida entregada ao estudo e á docencia. Vállanos de laudatio esta colección de retallos de prensa (1921-1929) cos que rememoramos apenas os seus anos mozos, os seus “enrabechados”, vertixinosos, esperanzados e “felices” anos vinte.

No xornal santiagués El Compostelano do 13 de abril de 1921 (páx. 3), baixo o titular “Maestros y estudiantes normalistas”, atopamos a Otero Espasandín, estudante de Maxisterio, asumindo o cargo de vicepresidente da xunta directiva da Asociación de Maestros y Estudiantes Normalistas.

O 19 de abril de 1921, a mesma cabeceira (en portada) e baixo o titular “En la Normal”, informa: La última conferencia de Ciencias en la Escuela Normal de esta ciudad, estuvo a cargo del alumno de cuarto curso don José Rogelio Otero Espasandín, disertando sobre el tema “Estudio físico-químico del aire”. Expuso, acertadamente, los cuerpos que forman dicha mezcla, los procedimientos que en el laboratorio se emplean para separarlos y la acción que cada uno de ellos ejerce en la materia, y especialmente sobre los seres vivos. Hizo un detenido estudio físico del aire explicando la causa de la presión, meteoros aéreos y fenómenos ópticos que se producen en la atmósfera.

A súa disertación deu pé a un debate entre o alumnado asistente que dirimiron os profesores Tello e Sáenz Morilla, titulares de Química e Matemáticas, respectivamente.

El Compostelano do 17 de maio de 1921 (páx. 2), baixo o titular “En la Normal. Una gran fiesta literario-musical”, ofrece a crónica do acto que a Asociación de Maestros e Normalistas celebrou co gallo do remate do curso académico. Tras o discurso inicial, a cargo do presidente da entidade, sucédense lecturas de textos literarios, actuacións musicais e outras intervencións. O profesor de Matemáticas, Sáenz Morilla, aconseja a todos que estudien con afán, pero sin dedicarse a especialidades, porque cree que el maestro debe ser una enciclopedia, para lo que tendrá que saber de todo. Otero Espasandín aproveita a súa quenda para ler os versos doutro insigne mestre e poeta, José Mª Gabriel y Galán (1870-1905), en concreto, o poema titulado “El ama”: Yo aprendí en el hogar en qué se funda la dicha más perfecta, y para hacerla mía quise yo ser como mi padre era y busqué una mujer como mi madre entre las hijas de mi hidalga tierra...

En El Compostelano do 1 de xuño de 1921 (en portada), baixo o titular “De Instrucción pública”, consta que José Otero Espasandín vén de finalizar os seus estudos na Escola Normal de Mestres de Santiago.

Ao pouco, ingresa no exército para cumprir o servizo militar (3 anos). Integrando o Batallón Expedicionario do Rexemento “Zaragoza”, é destinado ao norte de África. María Cuquejo Enríquez (Xosé Otero Espasandín. Obra galega, 2006), engade: por mor da desfeita de Annual (xullo de 1921), é mobilizado a Melilla, neste mesmo ano [...] En terras africanas coincide con Rafael Dieste, Amado Villar e mais Brea Segade e xuntos faranlle fronte a un destino duro tanto pola guerra como polos rigores do deserto.

El Compostelano do 16 de xuño de 1922 reproduce, en portada, un artigo de Otero Espasandín titulado “Bar Cosmopolita. Escenas de campaña”, asinado en Ras Medua o 5 de xuño. A desfeita de Annual acontece un ano antes, nas fatídicas xornadas do 22 e 23 de xullo de 1921. Os poboados de Ras Medua reconquistaríanse o 21 de novembro, catro meses despois.

No sobredito artigo, o de Cerdedo comparte a súa experiencia forzosa no conflito colonial español: Diré que el Bar Cosmopolita es, en síntesis, una especie de chabola en mucho inferior a una tienda de pulpo en una feria de cabeza de partido. Atendiendo al material de construcción, podemos dividirlo en dos partes. Forman la primera unos cuantos pedazos de puertas viejas colocados de punta y, asegurándolos, otros colocados horizontalmente sobre ellos y que, sumados a unas planchas alabeadas de zinc, forman el techo. Unos cuantos sacos deshechos, a los que sirven de soporte unos palos de pita, componen la segunda parte, más pintoresca, porque desde ella podemos contemplar una puesta de sol o el parpadeo de las estrellas...

Malia o contexto, na baiuca “Cosmopolita”, os recrutas galegos armaban animada e señardosa tertulia literaria. Naquel ermo, Otero Espasandín e Dieste, cerdedense e rianxeiro, fan agromar unha longa e incondicional amizade: Llegan juntos Cambeiro y Dieste. Éste hace unos símiles sutilísimos en el curso de su amena charla. Es el poeta aticista; siéntase a mi lado y hablamos extensamente de Valle Inclán, Oscar Wilde, Maeterlinck, Bernard Shaw, Unamuno, Carrere [...] Otros muchos entran y salen a menudo hasta que, recia y clara, una corneta nos anuncia un plato de rancho [...] A eso de las diez, un toque prolongado acallará las algazaras de los que en el campamento bailan muiñeiras al son de una gaita meiga y nostálgica...

No ano 23, Otero Espasandín, Dieste, Amado Villar e Brea Segade tornan ilesos do Rif. O xornal coruñés El Ideal Gallego do 20 de novembro de 1923 (páx. 3), na sección “Ecos compostelanos”, informa: En la “Casa de las Crechas” anoche, convocados por el director de la “Hoja Literaria” de Faro de Vigo, señor Posada Curros, se han reunido los colaboradores de ella, señores Cotarelo, Remiñán, Fuentes Jorge, Maside, Amado Villar, Otero Espasandín, Barrón y los cofrades de “La Buena Armonía”, señores Lema (don Manuel J.), López (don Antonio), Asorey, Fernández González, Rey Alvite y el dramaturgo San Luis, para festejar con una cena íntima el primer mes de la publicación de dicha Hoja.

O poeta Amado Villar (Villavril) dirixirá as páxinas literarias do Faro, arrequecidas coas colaboracións, entre outros, de Otero Espasandín.

O xornal vigués El Pueblo Gallego do 29 de xaneiro de 1924 (páx. 6), na sección “Ecos compostelanos”, publica: A partir del día 1 de febrero comenzará a prestar sus servicios, en el acreditado Colegio del Ave María de Santa Eugenia de Riveira, nuestro especial amigo el joven escritor y maestro nacional D. José Otero Espasandín que desde esta misma fecha será también colaborador de “El Pueblo Gallego” en aquella localidad. Plácenos mucho que Otero Espasandín, muchacho de vasta cultura y espíritu agudo, vaya ocupar un puesto tan importante como el que se le ofrece en Riveira...

Otero Espasandín, canda Dieste, porá escola no Pósito de Pescadores de Ribeira. Xosé Mª Brea Segade fará o propio no de Rianxo. Segundo anota Dionísio Pereira (Paisaxe vital de X. Otero Espasandín con Castro ao lonxe, 2012), o de Cerdedo compaxinará as tarefas docentes no pósito coas de mestre de Matemáticas no colexio privado “Ave María”.

O xornal El Compostelano do 21 de febreiro de 1924 (páx. 3) saúda a presenza de Otero Espasandín en Santiago.

O xornal vigués Galicia do 22 de febreiro de 1924 (páx. 2), na sección “Santiago” (notas culturais), farase eco da presenza de Otero Espasandín nesta cidade.

Continuará...

* Faro de Vigo-Terra de Montes (2-8-2015).

0 Comentários



Leave a Reply.

    Letras

    Sinaturas

    Feed RSS



    Un proxecto de:

     Imagem

    Estamos en:

    Imagem
    Imagem
    Imagem

    Merca aquí:

    Imagem
    Licenza Creative Commons
    Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional.
    Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/.
    Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html.
✕