En positivo:
Para nós a solución dos pequenos concellos galegos cada día máis despoboados non son as fusións de municipios, pois precarizan os servizos e sitúan á administración local cada vez máis lonxe dos veciños, sen por iso poñer couto ao declive demográfico.
A solución pasa por mancomunar servizos para racionalizar o gasto.
Tamén pasa por mudar a lei de financiamento estatal que discrimina aos pequenos concellos galegos, ingresándolles un 20% menos que a media española, debido a que Galicia ten un poboamento disperso e numerosos núcleos de poboación, o que fai máis caro dotalos de servizos. E a actual Lei tampouco contempla criterios correctores do envellecemento da poboación, un feito que tamén orixina máis gastos médico-sanitarios e de dependencia. Compre mudar esta Lei con urxencia.
Por último, e ao contrario do que se veu facendo ate agora, compre que os Concellos leven a cabo políticas que fixen poboación, promovendo a riqueza patrimonial, agrogandeira, forestal e natural que a Terra de Montes atesoura, acabando de unha vez coas políticas clientelares que só benefician aos amigos a costa dos orzamentos, cos gastos desmedidos na retribución dos Alcaldes e coas obras faraónicas que todos e todas coñecemos.
Saúdos.
Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes Verbo Xido