Necrolóxica do Concello de Cerdedo
O finado, de 183 anos de idade, morreu desafiuzado e soíño coma un can; deixa un milleiro de orfos e máis de medio millón de euros en débedas.
Primos, tíos y demás familia pregan polo seu eterno descanso e convídannos a asistir ao pranto público que se celebrará o vindeiro luns, 31 de outubro, ás 20:30 horas, na Praza da República da infausta localidade (a carón da igrexa parroquial e do camposanto de San Xoán); seguidamente, a participar na procesión fantasmal na que, de corpo presente, o cadáver será conducido por carrouchos e corredoiras, e ao posterior banquete mortuorio. Favores por los cuales les anticipan las más expresivas gracias.
Amenizará o sepelio unha nutrida representación das choronas de Cangas. O autocar do carrexo de votos percorrerá os lugares de costume en sinal de dó.
Casa mortuoria: Casa do Concello de Cerdedo (Salón de Plenos).
Funeraria: A Fusionadora.