Con este acto comezamos unha xeira que durante este ano renderá homenaxe ao polígrafo que nos vén de deixar recentemente e ao cal o noso concello en particular e toda en Galiza en xeral está en débeda polo labor de restauración da nosa historia, anovamento pedagóxico e defensa da nosa lingua.
Olimpio Arca destapou a biografía silenciada de mulleres como Virxinia que completan a nosa historia e sen as cales quedaría parcial e fragmentada a comprensión do noso pasado.
O próximo martes 23 de decembro levaremos a cabo un acto de recordo de Virxinia ás 20:30 h. Na sala Varela Buxán do Teatro Principal da Estrada. Intervirá Maca Arca (mestra e filla de Olimpio Arca) e Noni Arauxo (mestra e persoa que tratou persoalmente a Virxinia Pereira). Presentaremos neste acto a publicación dixital dunha sección da páxina www.tabeirosmontes.com dedicada a Virxinia e dos traballos de Olimpio Arca que irán progresivamente difundíndose a través da web.