Este libro que recolle 33 poemas con ilustracións a toda cor, para nenos e nenas, lévanos á Galicia interior, onde os protagonistas pasan a ser a vaca, a toupa, a serpe, a pulga, o raposo, o cabalo, o rato ou a troita...
Participan
En "Bicos" participaron 20 ilustradores galegos de recoñecido prestixio, que coa súa arte fan deste libro un auténtico tesouro de cor e letras.
Camilo Caamaño Xestido, Xandre Paz, Xan Paz, Pilar Taboada, Isabel Alonso, Ramiro Cimadevila, José Antonio Fondevila, Damián Paío, Beatriz Mosquera, Héitor Picallo, María Lires, Xavier Ríos, Manolo Fragoso, Lois Gil Magariños, Alba de Alba, María Núñez Jalda, Agustín Bastón, Xulio García Rivas, Lito Portela.
Colaboran
Para a publicación de “Bicos” contouse co apoio do Concello de Agolada e as empresas Cooperativa Hoxe (queixos) de Lalín e o restaurante Enxebre Porta do Sol de Lamela, de Silleda.
Na presentación
No acto do venres na Estrada, participarán o profesor e escritor David Otero, o empresario Miguel Villar, os ilustradores Héitor Picallo, Manolo Fragoso e Ramiro Cimadevila; e o autor do libro, Xosé Vázquez Pintor.
Durante o acto, organizado pola Asociación Cultural “Vagalumes” poderemos disfrutar coa exposición das ilustracións que forman parte de "Bicos" e tamén dun recitado poético improvisado.