O Pazo de Monteagudo
José M. Bértolo Ballesteros e Luís M. Ferro Pego
En Codeseda indo cara Campo Lameiro, se nos apartamos en Xubrei nunha pista que hai a esquerda, podemos admirar o fermoso pazo de Monteagudo xunto á capela de San Antonio, que foi fundada en 1670.
Gonzalo del Villar Monteagudo, fillo de Magdalena que foi enterrada sobre o ano 1680 na capela de santa Lucía da igrexa parroquial de Codeseda, foi quen refixo o pazo de Monteagudo dándolle a fisionomía que ten agora e poñendo o escudo que destaca na cara norte e que fai referencia aos seus apelidos e aos da súa muller. Era escribán e rexedor en Padrón e logo en Santiago, e tamén foi tesoureiro da Santa Inquisición. Casou en Padrón con Xoana Perrúa Vaamonde, irmá de Francisca, a muller de Pedro Rodríguez Leira Castro, da casa de Os Muros (Parada).
Foron os “donos das casas e lugar de Monteagudo e nos lugares de Insuela, Campos, Fornos e Xubrei e máis bens raíces e censos do coto de San Xurxo de Codeseda e da xurisdición de Tabeirós e coto do Viso”. Tamén tiñan casa na rúa do Toural en Santiago, onde vivían habitualmente. Tiveron catro fillos, pero quen herdou os bens de Codeseda foi Casilda del Villar Perrúa, que casou en Codeso (Boqueixón) o 6 de xuño de 1704 con Francisco Antonio Ballesteros Castro, rexedor de Santiago. Francisco era fillo do capitán Lois Ballesteros del Mazo Pimentel e de Agostiña González Castro e Tineo, veciños de O Valado (Codeso) e neto de Antonio Ballesteros e de Leonor Pimentel Ribadeneira, do pazo de San Xiao de Laíño (Dodro), cuxos bens reclamou infrutuosamente Francisco ante a Chancelería de Valladolid.
Tiveron sete fillos, e cando en 1750 morreu seu pai, Francisco, quedaron os bens de Codeso para o fillo maior chamado Agostiño e todo o de Codeseda para o menor, chamado Ramón. Pero Ramón quíxolle quitar a herdanza ao seu irmán dicindo que estaba tolo, pois tiña algún ataque epiléptico, e que non coidaba da facenda, se ben era o propio Ramón quen ceibaba os cabalos para derramaren os cultivos e viñas de Agostiño, e así podelo acusar.
Ramón Ballesteros Castro Villar, aos 62 anos contraeu matrimonio en Codeseda en 1778 con Ana María Vaamonde Cortes, de 19 anos, filla de Henrique e de Loisa da casa da Devesiña (actualmente chamada dos Parrondo). Ramón morreu seis anos despois deixando tres fillos, se ben o primoxénito morreu aos once anos, polo que o pazo de Monteagudo o herdou o segundo fillo chama-
do Manuel.
Manuel Ballesteros Vaamonde, naceu en 1780 e morreu “de debilidade” aos 102 anos en 1883, segundo o Libro de Defuntos da parroquia. Contraeu matrimonio en 1825 con Xoana María Caietana Xil Otero, da casa de Sesto (Ribela), que levaba como as súas irmás o nome de Caietana por ser da familia do bispo de Lugo e arcebispo de Santiago D. Caietano Xil Taboada. Manuel foi alcalde de Boqueixón en dúas ocasións. Un neto de Manuel chamado Xosé María Ballesteros Fernández, (Caldas de Reis,1899Santiago, 1945) médico e fundador do sanatorio de Na. Sra. da Mercé en Santiago e casado coa súa prima de Corcubión Carme Castro Ballesteros, (1899-1982) foi quen, ao herdar o pazo, construíu nel unha porta na parede norte e sobre o lintel as súas iniciais: J. B. F. que curiosamente coinciden cos do propietario actual. Diante do pazo e coa colaboración do concello levantou unha nova fonte, con lavadoiro e pía para o gando, sobre a que se erguía a imaxe de San Bras.
A súa esposa, de viúva meteuse monxa despois de doar as propiedades de Codeseda ao Seminario de Santiago, para que se aproveitara para lecer dos seminaristas, pero en Santiago esquecéronse desta propiedade e quedou abandonada.
En 1984 o pazo foi mercado por Anxo Bastida, que o vendeu a Xosé. F. Pérez Oya e por último en 1999 comprouno D. Xosé Blanco Fondevila e a súa muller dona Sofía Santos Pérez que o acaban de rehabilitar baixo a dirección do arquitecto Xoán Navarro Beldeweg.
* Capicua. 6-6-2012.