LUÍS FAJUNDES
Denomínase así un pequeno rego ou suco feito na terra, que acaba nun balo de terra con dúas pedras horizontais, onde se nos dí que ían a beber os animais; está situado en A Costa na parroquia de Santa Cristina de Vea. Hoxe en día xa non ten auga. Segundo a miña investigación no Arquivo Histórico Universitario de Santiago, procede este nome da súa pertenza a unha finca dos Barreiro. Un veciño informounos que ao pasar a carretera tamén se chamaba " O Agro dos Barreiro". Un membro destacado desta familia foi Simón Barreiro, de Santa María de Xanza e que tiña unha casa en Santa Cristina De Vea. Foi Barbeiro-Sangrador do Hospital Real de Santiago, e era o avó por parte da nai de Don Manuel Ventura Figueroa Barreiro (1708-1783) o da estatua da Alameda de Santiago, Gobernador do Consello e Cámara da súa Maxestade, Arzebispo de Laodicea, Creador da " Fundación Figueroa ", de dotes para orfas parentes súas para casar ou para que segan carreiras universitarias os descendentes . Para mín foi importante saber deste suco, porque é a pegada real e física no terreo que conecta a ese personaxe histórico coa parroquia, o seu avó materno tiña aí unha casa e este topónimo demostra a existencia das propiedades que tiña Simón Barreiro nese lugar, onde viviron alomenos dous tios de Ventura Figueroa que herdaron de Simón Barreiro .Estes tios foron Don Pedro Barreiro e María Gonzalez, veciños do lugar de Sorribas, e don Manuel Valverde e dona Francisca Antonia Barreira Rodriguez de Prado, pais do primeiro Patrono da Asociación figueroísta, don Juan Bautista Valverde Barreiro ( 1727-1788). Noutro documento do 1699, faise referencia á devandita casa, desta saga familiar.