Perseguinte con suavidade sobre sinfoniers de veludos enloitados.
Amasei cerebros débiles e sodomizados,
E perseguinte lene.
Rostro escuro, sobre busto rexo.
Mans embrutecidas por exactos afectos.
Peitos abandonados.
Corpo seccionado por lunares púbicos
Que perseguín lene.
Biqueite coma ninguén porque ninguén te bicara.
Aínda ningún resplandor aparecera para alumearte.
Esparexín a túa boca na miña ata aplacar os insectos,
As voraces voces que a asolagaban
Topei límite aos teus ombreiros de distancias non percorridas.
Fitei dende alí:
A ti e a erótica infecta de Gauguin.
Puiden ollar por derradeira vez os cadáveres amados de pé
E non sempre xacentes
Coas malditas túnicas ataviadas por Mantegna.
Deitados sobre escasísimos lirios.
Retornaches cada día máis decidida ao amor.
Cada día máis fermosa.
Buscabas delicadezas en brazos deprimidos,
Ata, esgotados, deixar que o tempo, cal leves barcazas
Nos agasalle soterrándonos xuntos.