Teño falado algunha vez co artista Paco Lareo, sobor de que a arte principia cunha iluminación, cun escintileo. Entras na sala 45 da National Gallery a ver os “Xirasoles”que o Vincent (Van Gogh) ensoñou para engaiolar a habitación do seu amigo Paul (Gauguin), na Casa Amarela en Arlès, e ficas mudo, pampo, extasiado; ou sexa, iluminado.
O que tamén ficou fondamente iluminado foi o empresario xudeo que asistiu a unha exposición de Luís Seoane a mediados da década dos cincoenta, na sala Bonino de Bos Aires; o empresario fíxolle unha permuta, vintedous óleos a cambio dun chalet en Ranelagh. O artista utilizou a casa para xuntarse os domingos cos seus amigos, Laxeiro, Díaz Pardo, Dieste.
A mesma iluminación, a mesma redescuberta (léase impacto emocional ou rebelación) que tiven (felizmente) ao contemplar as corenta obras que van formar a anovadora exposición, organizada pola Asociación Galega das Artes, Cores con palabras.
Efectivamente a arte está aí, Londres, Bos Aires… Pero tamén está (tamén, re-existe) moito máis preto, ao noso carón, na nosa vila, na nosa aldea. Tan só hai que abrir os ollos da alma.
Recoñezo esta arte na mirada transparente e luminosa de Puri Togariños, que aposta –como diría o meu amigo Pancho Pillado –por “popularizar o elitismo”; é dicir, facer da arte pictórica un auténtico patrimonio da humanidade.
Velaí a profundidade desta exposición. Unha maré artística enchoupada en esperanza, creatividade, humanidade e sinxeleza, tamén. Unha arte que acredita que o tesouro máis precioso que posúe a imaxinación, e tal vez o ser humano, é a liberdade (a capacidade creadora). Velaí, tamén, a profundidade da Vida.
Cores con palabras. Corenta obras de artistas nobeles e consagrados, corenta anacos de vida, corenta lampexos, mesturados libre(mente) que fan que fiquemos fondamente iluminados.
Agosto. Chove e vai viruxe, pero non nos importa. Poñemos o chuvasqueiro e pateamos Dublín. Unha marabilla, semella Galicia. De súpeto, entre as nubes do ceo, sae o Lourenzo. Ficamos pampos, mudos (léase iluminados), polo ar, pola música, pola cor urbana da paisaxe e da paisanaxe.
É coma mergullarse nun infindo uni(verso) literario. Todos os recunchos da cidade arrecenden a literatura. As rúas, os pubs, os museos, os parques, a auga que descende das montañas de Wicklow, o escote da pescadeira Molly Malone na rúa Grafton, o coello que percorre o monte que temos a carón do noso hotel, preto de Phoenix Park; mesmo dous dos seus símbolos, como son a Guinness Storehouse e o Kilmainham Gaol, cárcere-museo, memoria viva irlandesa (onde se rodou In the name of the father), que visitamos co noso simpático guía Kevin.
Todo, insisto, está impregnado dun halo máxico – literario. Ata cando tomamos un taxi ao porto, ou nos perdemos nunha estación do tren para rexurdir (novamente) en Conelly Station; ou ceamos nun restaurante brasileiro.
Teño para min que Dublín é o que é mercede aos seus escritores, aos seus libros, á súa literatura. A cidade de St. Patrick sábeo perfectamente e, por iso, séntese orgullosa de todos eles.
Unha ponte sobre o río Liffey leva o nome do autor de Esperando a Godot, Samuel Beckett. Na esquina de Merrion Square fica feliz, estomballado, Oscar Wilde, que semella sorrir, cando lle agasallamos cun orixinal asinado de O Libro dos bicos. O creador do Ulises, James Joyce, pulula tamén omnipresente por toda a cidade; ao igual que o poeta William Butler Yeats (irmán do afamado pintor); o escritor Bernard Shaw, autor da peza teatral Pigmalión; Jonatham Swift, autor da obra mestra, As viaxes de Gulliver; ou Bram Stoker, co vampiro máis famoso da literatura, Drácula.
Unha das bibliotecas máis bellas do mundo, que alberga unha xoia única, o libro de Kells, está no Trinity College. E en calquera das paredes dos pubs de Temple Bar, nun ambiente de pintas e música en vivo, agroman os versos, os pensamentos, e os retratos dos grandes creadores irlandeses.
Ata, dende a National Gallery of Ireland, o xenial Picasso semella rendirlle unha (pictórica-musical) homenaxe á máis grande cidade literaria, co seu colorista, “Still life wih a mandolin”. Entrementres, Dublín, orgullosa dos seus libros, da súa literatura e dos seus escritores, deixa fuxir un sorriso de felicidade. E que como deixou escrito o xenial Joyce, “When I die Dublin will be written in my heart”.
Hoxe pola mañá antes de escribir este artigo fun cortar a herba á miña casa da Pinguela, en Guimarei. Sempre é un pracer pasar un par de horas na aldea facendo tarefas do campo, non dun xeito tradicional, coa gadaña, senón coma un “señorito urbanita”, conducindo un potente cortacéspede que tritura a herba de tal xeito que serve de abono e non fai falla recollela.
O caso é que pasei un momento feliz. Traballar na finca dos meus avós dáme paz, lembranzas, e tranquilidade, ao tempo que me permite poñer as ideas en orde.
O feito de coidar (léase agarimar) a terra é un vencello cos nosos devanceiros, coa nosa tribo. Resulta curioso (e inxusto, tamén) que as cousas (os obxectos, as casas, as fincas, o río…) sobrevivan ás persoas, pero évos así (dende a creación).
Esta mesma semana fun mirar coa axuda dun perito os marcos duns montes e prados propiedade dos avós da miña muller, nas aldeas veciñas de Vis de Baixetes e Parada. Non foi doado dar con eles pero finalmente conseguimos saber dos lindes do monte da Lomba, da Reja… e como no conto da herba, resultou moi grato (re)atopar o que era propiedade da familia.
A vida cotiá, refírome ás cousiñas e ás persoas, pasan moi rápido por diante dun e non temos tempo a pensar, a cavilar, a reflexionar. Pero hai que facelo. Hai que procurar un tempo para pensar, cavilar e reflexionar, digo, porque o pensamento, as ideas, as lembranzas, os soños, a memoria (en definitiva), son os que nos permiten vivir con dignidade na estrada da vida.
O que está a ocorrer en Gaza, por exemplo, co xenocidio do pobo palestino, por parte da barbarie e da senrazón do governo de Israel, atenta contra toda dignidade humana.
O empresario palestino, Ghaleb Jaber Ibrahim (Ainabus-Nanablus, Palestina, 1950), presidente da Fundación Araguaney e un dos pioneiros do audiovisual galego, ten dito que o grande problema dos humanos, antes mesmo que as guerras ou que as diferenzas culturais, é a ignorancia.
E a peor ignorancia é a de quen non quere saber.
Eu estouvos totalmente dacordo. Menos mal que o ser humano contén ese portento marabilloso que é a memoria (que tamén inclúe os soños). E a liberación de Palestina, como nos lembra o autor de, Palestina, crónica de una injusticia (Ir Indo, 2002) é un soño lexítimo avalado pola memoria.
Que así sexa.
Hoxe é o día. Volverei á Solaina. Á casa do meu amigo levado. E mirarei para todos os recunchos. E botarei un sorriso de complicidade. Porque acredito (acreditamos) que ti tamén estarás connosco. E lembrareite, con aquela “Cousiña,” recordas? Aquela que escribín para ti no Faro, e da que tanto gozaches, e que agora reproduzo aquí (máis ou menos) dedicada á túa memoria, dedicada a todos os forxadores que fan posible, co seu infindo traballo, presididos pola túa irmá Carmen, que a túa Solaina, amigo Ferreiriño, escintile un día máis ao amañecer.
Da túa tribo herdaches o maior Tesouro do Mundo, a Forxa da Vida. Os teus amigos, que son moitos, chamabante Paco. E ti respondías sempre cun sorriso. A túa figura foi a dun Cabaleiro de Deza galopando nun “Golf” branco polas estradas da Arte.
Eras desa especie en vías de extinción, a dos bos e xenerosos. Nunha ocasión falamos do segredo das cousas e o abaixo asinante, principiou a escribir “Cousiñas”.
Se tiveses que pintar un animal quizais escollerías unha bolboreta de mil colores distintos. Se tiveses que poñer música seguramente “pincharías” calquera desas cancións que fican no corazón por sempre xamais. Se tiveses que escoller un lugar no mundo, tal vez, irías á procura dese teu Macondo paradisíaco, onde o sol fachea sempre ao amañecer.
Participaches en mil proxectos. Coñeciches mil países. Saboreaches mil culturas. Viviches libre(mente) baixo mil ceos. E todo, absolutamente todo, metíchelo, de vagariño, na túa maleta e trouxéchelo para a Terra.
Forxaches, coa forza dos teus Soños, unha Solaina de Cultura. E fixeches da túa aldea, Piloño, un lugar universal. Gustabas de cantar no coro da parroquia. Gozabas actuando no Teatro da Vida. Pasaches moitas horas mesturado cos nenos, dos que sempre dixeches que son o futuro. E gustabas de parolar cos teus veciños na taberna ou botarlle unha man no que fixera falta.
Hai tempo dixen de Ti, meu amigo, que eras un dos Grandes do noso país. Hoxe -por escrito e tendo como testigo o luar de xullo-, repítoo aos catro ventos:   Paco Lareo foi un dos Grandes Artistas da nosa Terra. Un día, lembras? pintaches unha anduriña inscrita nun círculo, ao día seguinte xurdía entre as augas da cultura Edicións Fervenza.
E é que, meu amigo, ti non facías obras de Arte, non, Ti facías Maxia. O teu Universo Máxico era como Mil Estrelas bailando libre(mente) nun infindo mar azul.
Paco Lareo, aínda que nunca o procuraches, xa o acadaches dende hai moito tempo, o recoñecemento de todos aqueles que tivemos a honra de tratarte como persoa e como artista. Deica sempre, amigo.
De Noticieiro Galego