Daquelas que cantan as pombas y as frores
todos din que teñen alma de muller,
pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,
Ay!, de que a terei?
Traemos aquí estes versos como exemplo da consciencia rosaliana a respecto das súas transgresións. Rosalía coñece a súa función como escritora no medio dun movemento colectivo de recuperación lingüística. Os seus textos transmiten as sutís distincións existentes entre persoas usuarias do galego e público receptor da súa obra, como ben indicou ao afirmar aquilo de que “As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estes versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo para eles”. Recoñece así formar parte dun movemento de orixe (semi)urbana, por moito que denunciase a situación das clases populares. Rosalía e os seus contemporáneos diríxense ás persoas ilustradas, a unha elite intelectual, para tentar movelas cara a unha identificación co país. Poderiamos sinalar que este público receptor está conformado por persoas que tiñan o galego como lingua próxima, quer por seren criadas nela, quer por percibíreno no seu contorno e mesmo podéreno utilizar ocasionalmente.
Rosalía planifica perfectamente. Non están no centro do seu horizonte inmediato de recepción as clases populares, que xa empregan espontaneamente o galego nin as persoas que o atacan. Están esoutras que, pola súa instrución, mais tamén pola súa orixe e/ou relación directa cos espazos de uso cotián do galego, poden contribuír a unha mudanza de actitudes e a prestixiar, cando menos literariamente, “o noso dialecto”.
A maneira de defender a patria é, desde a súa primeira obra e inequivocamente, a través da lingua: “Has de cantar”: “Canta, si queres, / na lengua que eu falo” [...] “Cantarte hei, Galicia / na lengua gallega, / consolo dos males, / alivio das penas”. Eis unha declaración de intencións a través do canto, que podemos identificar perfectamente coa lingua. A transcendente idea da necesidade de cantar (e de cantar en lingua galega), de falar, de se expresar aparece máis veces, de xeito simbólico, ao longo das composicións de Cantares gallegos. Existe unha constante presenza da expresión como instrumento de construción e de autoaformación.
A intencionalidade colectiva que subxace nos seus poemas (“Así mo pediron / na beira do mare”) acompáñase coa escolla de abordar o seu reto desde as pequenas cousas, dando voz a “todo aquelo, en fin, que pola súa forma e colorido é digno de ser cantado”. A reivindicación da modestia como punto de inicio aparente fica explícita novamente no último poema, onde tamén se observa a enerxía e a soltura adquirida tras a viaxe poética, que posúe tamén unha relectura (socio)lingüística:
Eu cantar, cantar, cantei,/ a grasia non era moita, / que nunca (delo me pesa) / fun eu meniña grasiosa. / Cantei como mal sabía / dándolle reviravoltas, / cal fan aqués que non saben / direitamente unha cousa. / Pero dempois paseniño, / i un pouco máis alto agora, / fun botando as miñas cántigas / como quen non quer a cousa.
[...] Non me espriquei cal quixera / pois son de espricansa pouca; / si grasia en cantar non teño / o amor da patria me afoga.
Rosalía non pretende conciliar ámbitos de uso, acrecentalos, xustapoñelos; ela non quere unicamente elevar o galego ao ámbito do público e prestixialo. A súa intención última reside en romper –e/ou fusionar, o que é máis interesante, ao unir maxistralmente o individual e o colectivo- coas esferas do público e do privado. Neste mesmo eixo temos que situar o seu afán de superar a dicotomía clásica entre progreso e sentimento, entre obxectividade e subxectividade, na procura do que denominariamos modernamente unha ollada desde a interseccionalidade. A súa perspectiva parte da indagación nas pequenas cousas, desde unha aparente humildade que daría cabida a cantar o privado, na aposta por uns valores estéticos e lingüísticos baseados no popular, mais tentando transcendelos. Na construción do imaxinario colectivo serán as escollas paisaxísticas as que ofrezan, metonimicamente, un todo global da Galiza. E a unión de lingua e paisaxe é central nos Cantares.
Rosalía opta por unha análise parcial e localizada, situando a raíz do problema nun nivel que procura a responsabilidade social ao tempo que conmove as conciencias. O seu discurso rupturista é evidente en moitos dos seus versos, mais quizais sexan estes, os tan malentendidos e deostados de “Castellanos de Castilla”, os que fagan explícita a través do canto a autoafirmación e a construción que discorre, case sen nos decatarmos, dun eu a un nós a través da descrición positiva da natureza que nos rodea:
Pero máis val que enmudesa, / pois tes condición de ingrata; / que predicar en deserto / da miña terra n'é usanza. / Si fun curpabre en quereros / coma ningún vos amara, / por ser de terra gallega / e serdes vós castellana, / en paz, señora, vos deixo / ca vosa soberba gracia, / e voume á Galicia hermosa / donde en xuntanza me agardan / o que no tendes, señora, / i o que en Castilla n'achara: / campiños de lindas rosas, / fontiñas de frescas auguas, / sombra na beira dos ríos, / sol nas alegres montañas, / caras que nacen sorrindo / e que sorrindo vos aman, / e que inda mesmo morrendo  / en sonrisiñas se bañan. / Alí, señora, contento / cantando o doce ala lala, / baixo a figueira frondosa, / en baixo da verde parra, / c'aquelas frescas meniñas / que mel dos seus labios manan, / cando en falar amoroso / meigo nos din en voz maina / con tódalas de Castilla / nobrísimas castellanas / olvidareivos sin pena, / anque sós vós tan fidalga.
Carta de Pedro Galán Calvete a todas as persoas que acreditan nunha patria liberada, aquí representadas en Alba Castanedo, Dani García, André Laxe e a toda a súa familia, recoñecida especialmente en quen leva o seu mesmo nome, o seu sobriño, Pedro Galán
Prezadas amigas, prezados amigos,
Como algunhas persoas das que estades asistindo a este acto sabedes -si, si, non o ocultedes máis, que xa non é preciso- levo case 77 anos escondido en diferentes lugares da Coruña. Aínda que outras, que descoñeciades este feito, non poidades acreditar nas miñas palabras inicialmente, agardade e escoitádeme. Non fun eu o mozo que apareceu nunha gabia na Corveira, en Culleredo e a quen deron por morto por causa dunha “hemorraxia interna”, un eufemismo habitual nas etapas de violenta e indiscriminada represión. Chiruca, a miña compañeira da alma, foi buscarme ao cuartel da policía no Orzán, entretivo os fascistas que me custodiaban e eu logrei fuxir. Andei dun sitio para outro e souben, meses máis tarde, que me deran por morto. Non sei quen era aquel rapaz que tamén asasinaron e que xace soterrado en Santo Amaro. Mais facedes moi ben acudirdes aquí todos os anos, pois tanto ten que fose eu ou outro quen repousa para sempre. As vítimas son innumerábeis e queremos pórlle rostro a todas, mais teño para min que cando honrades unha homenaxeades calquera. Cando souben que se daba por certa a miña morte foi cando me decatei do erro que cometera pensando que non virían por min. Xa asasinaran Bóveda e Casal e tantos outros. Por que non ían ir por min?
Eu non podía aparecer e decidín refuxiarme nun e noutro lugar, agardando a que pasase o tempo. Pensei entregarme moitas veces, mais Chiruca pediume que o non fixese e as noticias de continuos crimes e de vinganzas  facíanme tremer. Foi moi duro manterme agochado tanto tempo, mesmo despois de rematar o réxime franquista e parecer -só parecer, compañeiras e compañeiros- que viña a democracia. Porque había algo dentro de min que me dicía que este aínda non era o momento da liberación. O medo vainos atenazando e así como houbo millenta ocasións en que decidía rematar o meu exilio houbo outras millenta en que alguén, ou eu mesmo, me convencía de continuar oculto, nesta tarefa de transmitir a memoria que me foi encomendada, mais tamén por temer que, de aparecer, había ser, xa para sempre, como tantos outros, un morto en vida.
En todos estes anos, dígoo agora que a miña vida se acaba e para que non fiquedes con amargura tras escoitardes esta declaración, pasei momentos moi felices, vivín non como eu quixera, mais si xulgo ter sido útil a esta sociedade e ter aproveitado o tempo. Os anos mellores foron os que partillei con Ramón Vilar Ponte e a súa filla Teresiña, que tan ben gardou as lembranzas doutrora. Entre aqueles libros e sen conexión exterior, Ramón e mais eu démonos azos mutuamente para superar aquela situación. Cando elaborou o discurso para entrar na Real Academia Galega, A xeración do 16 -realmente feito entre nós os dous, man a man, como no seu día o meu benadmirado Antón e o propio Ramón fixeran na creación das Irmandades- escollemos á mantenta aquelas formas verbais en presente en que logo reparou Pilar García Negro, que tanto bebeu desta nosa obra:
Os seus compoñentes queren por riba de todo que a Galiza deixe de ser terra de choromiqueiros e laios, de xesto resignado e actitudes conformistas e silandeiras, para se trocar en país satisfeito de si mesmo, máis disposto a imprecación que ao prego; mais propicio a exixencia que a súplica humildosa e feita en voz baixa e de xeonllos. Os da Xeración do 16 queren unha Galiza enteira que descoñeza o axeonllamento e que non saiba de concesións e renuncias vergoñosas cando lle asista o dereito e a razón se ache a carón dela. Queren unha Galiza comprensiva, disposta ao diálogo e á conferencia, sempre que sexan axeitados e non supoñan humillacións ou desigualdades; pero nunca propicia a se dar aos tratos cando non se fite con aquela paridade que un trato equitativo exixe e obriga. [...]. Os da Xeración do 16 prefiren que os estraños os fiten con sorpresa e aínda se se quer con xenreira, a que, como deica entón viñera sucedendo con todo o noso, se lles olle compasivamente, cando non con indeferenza e burla. Non xorden para buscar aprobacións. E nese senso son rebeldes e non conformistas xa que saben de antemán que o seu xurdimento por forza terá como consecuencia o esnaquizar e dar en terra con vellos conceptos, con falsos prexuízos, con adulterados valores, cuxos persoeiros serán outros tantos inimigos claros ou ocultos —máis ben isto derradeiro— dos incorporados ou alistados na grande empresa.
Daquela, cando vin a afouteza, a ousadía daquel home calado e retraído, irmán do Antón con que un cativo coma min partillara tribunas, disposto a nomear todas as persoas asasinadas, as exiliados, as represaliadas, a manifestar a súa presenza entre nós, pensei en saír, pensei en que os tempos eran chegados, mais a cruel malleira que uns falanxistas da Coruña lle deron a Ramón devolveume á realidade e mesmo me levou a abandonar o seu fogar.
Pensei en abandonar a Coruña, en fuxir de aquí mais, como ía deixar aquel concello onde Lois Peña Novo, o primeiro edil nacionalista galego, empregara o galego por vez primeira nun acto oficial?, como ía abandonar o lugar onde recibín as leccións do meu mestre, Ánxel Casal? Decidín daquela ir daquela dun lugar para outro, escondéndome en moitos lugares da Coruña, fundamentalmente en Monte Alto. Habitei, disimuladamente entra outros presos,  o cárcere da Coruña, ese espazo en que tamén estivo, entre tantos outros, moitos hoxe aínda anónimos para a maioría da poboación, Arturo Taracido, o concelleiro coruñés. Ía e viña, mais ese rematou por ser o eixo sobre o que me movín durante anos, suplantaba uns e outros, estaba afeito a non ser eu.
Despois de pechar, o cárcere foi un espazo abandonado durante anos, até que o BNG decidiu abrilo á cidadanía (e logo, xa sei, de novo o abandono). Por iso tamén Mª Xosé Bravo sabe da miña existencia. Lembro con emoción a exposición de Isabel Coixet e as fondas palabras das cartas de John Berger en que se inspirou. A frialdade daquel lugar malhabitado por tantos presos, acariñado polas palabras.
Recibín algunhas visitas das poucas persoas que souberon nalgún momento que eu vivía. A máis emocionante, a do meu querido compañeiro na agrupación xuvenil nacionalista da Coruña, Jenaro Marinhas. Tamén me visitou Elvira, a filla de Elvira Bao e Bernardino Varela do Campo, tamén irmáns da fala e galeguistas. Pregunteille por María Miramontes, a muller de Casal, o alcalde de Compostela asasinado e aparecido nunha gabia de Cacheiras. Quería falar con ela porque tiña a esperanza de que con Casal acontecese algo semellante. Mais o feito de me relatar como abandonou o país e marchou para o exilio, serviu para me abrir os ollos á crúa realidade.
Foi tamén moi especial para min o primeiro día que Manuel María e Saleta se achegaron para me saudar. As súas foron, desde que se instalaron na Coruña, e até a morte de Manuel, visitas moi frecuentes. Logo, eu mesmo lle dixen a Saleta que prefería lembralos xuntos e que tiña abondo para reler. Eles subministráronme moitos libros e de aí o nerviosismo de Saleta, que o sabía, cando estivestes tantos meses a organizar o seu legado, sabedora de que eu tiña algúns exemplares moi valiosos. Quero que o primeiro que fagades sexa recollelos e levalos para a Fundación que leva o nome do Manuel. Será o meu derradeiro contributo á causa desta nación que amo con paixón. Saber que de novo se escribía e publicaba en galego na nosa terra, coñecer de primeira man as obras, ler tanto tan novo e distinto na nosa lingua foi outro dos mellores praceres..., ese e axexar polas fendas do cárcere para ver algunhas romaxes e escoitar unha gaita tocar, ás veces era Antonio Mato, o gaiteiro da Torre, nos últimos tempos o magnífico Moncho do Orzán, a quen nunca lle agradecerei o suficiente o que fixo por min.
Non me non atrevín a que me visitase o meu sobriño, tamén Pedro Galán, mais seguín as homenaxes en que participou, el e o meu irmán cando vivía, e síntome orgulloso da súa dignidade e da súa exixencia de reclamar xustiza para todos os nomes desta fenda que se abriu como un cavorco.
Nos últimos tempos estiveron por aquí historiadores, sempre ateigados de preguntas. Algúns deles tiñan nomes poderosos, que me advertían de que estabamos chegando a unha nova era:  Uxío-Breogán, Dionisio,... Tamén veu con frecuencia Xosé Manuel Carril, un pozo interminábel de enerxía. Eu transmitíalle o meu pesimismo pola lentitude con que camiñabamos e el dábame azos para continuar a ser un corredor de fondo: “O BNG -dicíame- leva practicando a reivindicación da memoria histórica todos os días, non un día ao ano de maneira fría e ritual. Ultimamente, o BNG coruñés propuxo dedicarlle unha praza a Elvira Bao, mestra represaliada, que deu nome tamén a un grupo feminista con certa actividade durante uns anos na Universidade da Coruña. Recuperamos a memoria para o futuro que estamos a labrar”. E as súas palabras facían que durmise mellor. Algo si se move.
Estou canso. Son xa moitos anos. Achégase o momento de si acollerme este cemiterio e de lles comunicar a todas as persoas boas e xenerosas desta nación que fun eu quen depositei en distintos lugares documentos e libros, deixei nomes anotados, fixen que algunhas persoas tirasen lousas e remexesen a terra para dar cos mortos, estiven detrás de case todo o moito que se moveu para dar a coñecer o nome e o labor de tantos compañeiros de causa. Relede a xeración do 16. Velaí tedes quen somos, quen somos, en presente, porque aquí estamos hoxe, conxuntamente, a partillar un pensamento, unha ideoloxía, un mesmo amor por Galiza.
Quero, antes de vos deixar, transmitirvos que precisades estar vixiantes, recoñecer as ameazas e as novas (e vellas) formas de fascismo, que aínda campan entre nós. Precisamos a memoria para nos constituírmos en voces alternativas e partillar proxectos que fagan posíbel enfrontármonos ao perigo do discurso monocolor, do silencio, da represión, da manipulación. Ben sei que nestas semanas asistiamos a como un alcalde deste país se atrevía a afirmar que foi xusta a morte e a represión de tantas e tantos mártires da Guerra civil española. Coa súa actitude destápase a máscara para facer evidente a realidade de negar a historia, de a deformar e de querer converter as vítimas en culpábeis. Non é este un capítulo esporádico na mochila ideolóxica dos herdeiros doutro tempo, un feito que vivín todos estes anos en diferentes ocasións e cuxo bafo de pensamento único sinto cada vez máis na caluga. Estremecen estes días as imaxes de xente nova facendo o saúdo fascista ou burlándose das persoas que defenden os seus dereitos. Irrítame especialmente a impunidade, a fachenda das súas accións. Tentan, máis unha vez, estender o medo.
Mais sei que agora si podo irme tranquilo, porque acredito en que non poderán connosco. E seino desde o día en que escoitei con forza os nomes de mozos e mozas de Galiza Nova da Coruña e souben de primeira man que era nelas, neles, onde recaía o peso da organización deste acto e de tantos outros actos. Levades tempo a traballar e máis cedo que tarde, nestes tempos de loita, ha rematar por brillar a estrela desta patria que nos guía. Como xa non teño memoria, agora si preciso de vós, de vós concretamente, Alba, Dani e André, e de todas e todos os que desexaren acompañarvos nesta viaxe. Tócavos agora, non é sen tempo, despois de tantos anos agochado, erguer a miña memoria, difundir o meu nome, dar a coñecer a miña vida, conseguir que toda Galiza saiba cantas persoas nos ocultamos, dunha e doutra maneira, até agardar por unha patria soberana. Berrade comigo e logo cantade e festexade este encontro: Viva Galiza ceibe!
Escóitanse as voces dunha rebelión cívica que leva algún tempo entre nós, mais que en ocasións non sentimos por se ocupar, silenciosa e constantemente, en desenvolver tarefas que van tecendo redes para mellorar a vida de veciñas e veciños dos nosos concellos. Mais hai momentos en que cómpre afirmar, ben alto e ben claro, que xa abonda de inxustizas e de indignidades, que non podemos aturar máis a perda de dereitos da inmensa maioría da sociedade e, sobre todo, dos sectores máis desfavorecidos, castigados por enfermar, por envellecer, por traballar noutro tempo e noutro lugar, por aforrar,... O espírito de Riotorto percorre Galiza para petar nas nosas conciencias e transmitirnos a mensaxe de que todo pode mudar se estendermos a insubmisión ás directrices económicas neoliberais e reclamarmos o noso dereito a decidir como desexamos construír os alicerces dunha vida digna. E parece que funciona, porque Feijoo esgrime a autoridade dunha norma estatal e tenta desacreditar o movemento acusando os concellos de estes non cumpriren no futuro coa veciñanza. Pensa o ladrón...
A forza deste xesto de insubmisión está en dar a batalla social, en explicarlle á cidadanía quen son os responsábeis destas políticas e en exixir a derrogación da resolución que asinou o goberno do PP no Estado español–con efectivos como a ex-conselleira de Sanidade Pilar Farjas– e conseguir que a Xunta de Galiza non a aplique no seu territorio. Velaquí o que lle doe a Feijoo. Porque hai outras comunidades que xa anunciaron que non ían aplicala mentres el ameaza coas ordes do estado e acata submiso normas contrarias aos intereses de galegas e galegos. O espírito de Riotorto pretende que a poboación tome consciencia desta situación e que recoñeza nesta medida máis unha actuación contra a universalidade e a gratuidade da Sanidade. Mais o espírito de Riotorto avisa de que os concellos do BNG remexerán debaixo das pedras para que veciños e veciñas non sufran máis, mesmo negándose a asumir o teito de gasto para poder desenvolver políticas transformadoras, facilitar vivendas ás persoas desafiuzadas e pór en marcha políticas de emprego.
Porque é unha mesma política a que están a denunciar os concellos de Pontevedra e de Riotorto ou Rianxo (ou tantos outros...) co seu rexeitamento a seren monicreques manipulados desde outras instancias que ditan o que se pode e o que non se pode facer. É esperpéntico que concellos coas contas saneadas non poidan investir en alternativas transformadoras, por estaren obrigados a non superaren un teito de gasto imposto, segundo as directrices europeas, desde o goberno do Estado español a través de medidas pactadas polo PP e polo PSOE. O caso é máis dramático por seren algunhas grandes cidades gobernadas polo PP as causantes dunha débeda que corresponde nunha medida insignificante aos concellos, mesmo contándomos eses grandes espazos de dilapidación que son Madrid ou Valencia.
Por iso, o espírito de Riotorto está tanto na decisión do Concello de Pontevedra de superar o teito de gasto para favorecer investimentos sociais como na idea de Riotorto de asumir o repagamento dos fármacos para doentes graves ou crónicos. Porque o que se denuncia nun e noutro caso é a inxustiza que se comete castigando a poboación e o que se exixe é unha mudanza nas políticas que está a executar o PP. A rebelión cívica de que estamos a falar ofrece un abano de posibilidades de se concretar, todas elas lexítimas por responderen ao mesmo proxecto de insubmisión: facer fronte ás decisións austericidias e conseguir que a veciñanza sexa cada vez máis consciente da existencia de políticas alternativas contra a fraude que estamos a padecer.
E todo isto acontece nunha nación especialmente castigada, nun territorio con concellos xa fortemente discriminados por non se teren en conta criterios específicos como a dispersión da poboación e o seu avellentamento e onde existe un rexeitamento frontal á reforma local que impón o PP estatal e Feijoo acata a pesar de coñecer a oposición unánime da FEGAMP e a ruína que suporá para a cidadanía galega. Neste mes de novembro, queiran ou non, na Galiza sobrevoa o espírito de Riotorto, evocando o traballo dos seus ferreiros, para transmitir que a insubmisión vai continuar, desde dentro e desde fóra das institucións. Pálpase nas ganas da xente, na ilusión por construír algo novo e diferente e por mudar o rumbo dunhas políticas inhumanas e antisociais. Por diante temos as importantes citas do 8 e do 17 de novembro. Todo o mundo á rúa. Eis o que nos move.