Unha vez pasado o 17 de maio semella que xa podemos facer unha bóla de papel cos textos e letras das últimas semanas. Unha bóla como as que cada día nos meten dende os catro puntos cardinais ou como as implicadas nos fenómenos fanáticos deportivos. I é que, a diferenza do que ocorrería con calquera outra figura tridimensional, perfectamente delimitada por vértices e arestas, as infinitas caras da esfera resultan o mellor invento para esconder esa patente sensación de que xa todo está inventado. Resulta complicado loitar contra esa idea de que unha bola, por moito que varíe de forma, tamaño, peso e gusto non deixa de ser unha bola.
A escrita, como oficio artesán que é, tamén é unha bola que cociñamos para que outros coman ou incluso para comer nós mesmos. Pero, ata qué punto é nutritivo o pan que amasamos? Implica certo egocentrismo pensar que é mellor o noso pan que outros para poñelo no mercado, ou é unha simple oferta que facemos para enriquecer un panorama panadérico múltiple, diverso e cambiante? Sería máis egoísta ficar co noso pan só para nós ou é lícito pensar que a arte é un produto co que se poida comerciar?
Supoño que cada quen pode tomar partido e xogar coa bóla/bola literaria ao seu antollo, seguindo os seus criterios sobre orixinalidade, autenticidade, honestidade e economía. Teremos en conta que o propio embigo é tamén unha cuestión de redondeces.
Sermos Galiza, Maio de 2013
cando soño
vou pola rúa escoitando música
nun radiocasette a pedais.
cando soño
constrúo castelos de area
en tanto que oio música.
cando soño
a area sabe a pexego
a limón e a amorodo.
cando soño
a milfollas é de chocolate
adobiada con areas de cores.
cando soño
os garfos saben a comer contigo,
mais cando como contigo,
nunca usamos garfos.
SaLGada. Ed. Fervenza.
Espímonos
e xuntos mergullámonos nun río de mercurio
foinos subindo a febre
e febrosos chegamos inevitablemente xuntos
a un océano de chumbo
no que imaxinamos xuntos ser polbos e peixes
e centolas entre anémonas.
Espidos
pedimos socorro imposible
aos avións de papel que nos sobrevoaban
construídos coas misivas dos tempos fluviais
nos que sobraban as palabras.
Nús
entre as bágoas negras
de tinta verquida
polo avión suicida das verbas desdebuxadas.
nús
construimos un caiuco
de cartón sintético
abandonándonos xuntos ao laberinto e á travesía.
E nús
Envolveunos, ferindo, a salitre
cas proporcións da cristalización perfecta
e os bicos salobres
tornáronse intragables.
Espidos
xogamos xuntos a debullar polispán.
Cando acordamos
xuntos
acabaramos co barco.
SaLGada. Ed. Fervenza.