Dous amigos camiñan parellos pola beirarrúa dunha cidade anónima.
Un cartel apelicado nun esbrancuxado muro atrae a súa atención.
O porco de pé, reza o encabezamento en grandes letras que tentan imitar a escrita manual.
Os homes detéñense ante o devandito, e coas mans nos petos do pantalón, estúdano con interese.
“E logo? Será un homenaxe a Risco?”.
“Non, é que o porco leva tempo farto de estar deitado”.
“E?”.
“Pois non escoitaches que hai que ser máis compasivo cos animais?”.
“Escoitei”.
“E non coñeces o dito: máis vale morrer de pé que vivir axeonllado?”.
“Coñezo”.
“Pois aí o tes, agora ao porco, por razóns humanitarias e compasivas, hai que matalo de pé”.
“Pero de pé o porco ou o matachín?”.
“Imos ver, non estas atento cando falo, quen vai morrer?”.
“Normalmente o porco...”.
“Pois logo, é o porco o que ten que estar de pé para cumprir “.
“Que queres que che diga...eu son máis de morrer deitado. Na cama, a poder ser...”
“Insinúas que habería que matar ao porco na cama?”.
“Tal e como están as cousas, iso daría lugar a moita viuvez...”.
“Esa retranca túa, ás veces...dáme medo”.
Haz clic aquí para editar.
Gustáballe a roupa alegre, non rechamante, aínda que era consciente de que as cores vivas eran rechamantes.
Ademais da que el ocupaba, había outras dúas cadeiras de brazos naquel pequeno cuarto no que agardaba, dende había máis de media hora, a que o chamaran.
Unha muller e un home sentaban no resto.
Os dous moi quedos, vestidos como de loito, de rigoroso negro.
Co aceno serio, a ollada ao fronte, como temendo atoparse cos ollos dos seus compañeiros de agarda.
El non era un home competitivo en absoluto, aínda que alí estaba para facerse co posto, e iso aledaríao. Mais igualmente se aledaría, se o posto ía para calquera dos seus acompañantes.
A súa avoa, en paz descanse, inculcoulle dúas cousas dende ben cativo.
Unha non ven ao caso agora, a outra: a mellor reacción que podes ter ante as vicisitudes que a vida che presente é aledarte.
A alegría só trae consigo cousas positivas.
A tristura non leva a nada máis que a máis tristura.
Era unha magoa que este xeito de reaccionar tivera coma contrapartida habitual, desprezo, hilaridade e no peor dos casos comentarios do tipo: “este rapaz é parvo”.
-Parece que alguén ten o reloxo fóra de hora, non? -dirixiuse aos seus atribulados compañeiros cun sorriso sincero adobiando a súa faciana.
A muller virou a testa cara el sorprendida, e bosquexou un sorriso forzado.
Deseguido, continuou coa súa ollada cravada no linóleo.
O home ollou un intre de esguello cara Ramón, e asentiu coa testa dun xeito case imperceptible.
-A min as esperas lémbranme o necesario que é ás veces pararse a pensar, a pensar sen máis...non vos parece? -insistiu Ramón.
O home esta vez fixo caso omiso das verbas de Ramón e do seu tento de iniciar unha conversa.
A muller sorriu, esta vez dun xeito máis natural e desenfadado. Isto deu azos a Ramón, que proseguiu.
-Chámome Ramón, con quen teño o gusto de compartir espera? -preguntou alternando a ollada entre os seus dous acompañantes.
-...eu son Basilio, -respondeu o home impertérrito e con voz queda.
-Eu son Iria, e traballo para ReHuSa, -deixou uns segundos para comprobar o efecto das súas verbas. Supoño que vos soara o nome da empresa?
-Abofé que si! -respondeu Ramón enérxico.
O outro home pareceu sorprendido e non foi quen de articular palabra.
-Efectivamente -proseguiu a muller. O meu traballo aquí consiste en seleccionar á xente que eu considero máis apropiada para o posto en cuestión...-interrompe a aclaración para ollar a cada un dos presentes.
Basilio parece comprender o que aquela muller aínda non anunciou en voz alta.
-Ramón podes pasar, acabas de amosar un don de xentes que coroa o resto de probas que superaches. Parabéns, o posto e teu! -deseguido virase cara a Basilio-. Síntoo Basilio.
Haz clic aquí para editar.
Rondaba a nosa casa dende había varias semanas.
Fun eu quen me decatei en primeira instancia da súa incómoda presenza.
Un día chegas a casa despois de facer a compra, e hai un home parado diante da túa casa.
Un home con aspecto estraño, pero que ao mesmo tempo tenche un aire familiar, faiseche coñecido.
O día seguinte volves velo pola zona, preto da túa casa. E pensas en porque te lembra a alguén coñecido.
O cine.
Recórdate ao típico psicópata de película americana, un asasino en serie.
Cando fas ese descubrimento, malia saber que todo é produto do teu maxín, un desacougo acompáñate ata que pasados un par de días sen volver a ter novas daquel misterioso home, pensas no parva que fuches e esqueces o tema.
Ata aquí o que poderíamos denominar como a primeira etapa, a toma de contacto, con aquel visitante.
A existencia dunha parada vivindo na casa dos pais máis alá dos trinta e cinco anos é difícil, pero non queda outra.
Que a parella ideal coa que te bombardea o cine e demais contos, non apareza por ningures tampouco axuda; e que os teus amigos e amigas so saiban falar de cueiros, remata de fixar un negro panorama para a interesada, neste caso.
A tranquilidade dura un par de semanas.
Pasado ese tempo, un día érgome a media mañá, despois dunha tola noite de festa cunha amiga que non vía dende había tempo.
Pasamos unha das noites máis divertidas da miña vida.
Descorro a cortina do meu cuarto, aínda con lagañas nos ollos. Arrimada ao bordo da fiestra paseo a miña ollada polo exterior. Alí está.
Volve o desacougo de súpeto.
Leva unha especie de bufanda que lle resgarda a cara das olladas alleas e un gorro escuro que evita mesmo adiviñar a cor do seu cabelo.
As mans detrás, ao lombo.
Mais nin sequera todo iso pode agochar o seu nariz, que agroma entre o escuro da súa face coma se fora o cumio dun volcán en erupción. Ese nariz que tan familiar se me fai, e que remata sendo fetiche dos meus pesadelos.
A mesma roupa que levaba as outras veces.
De entrada non lle digo nada a miña nai. Ela está atarefada sempre coas cousas da casa, para ela son o máis importante do mundo. Senón queres meterte en leas con ela, mellor non dar a túa opinión ao respecto.
Que se as novas alfombras do corredor que ben quedan, que se hai que mercar máis vasos que so quedan unha ducia e calquera día ven alguén a tomar algo e non hai para todos.
Aínda así un día sacudindo as alfombras pola fiestra da ventá viuno. Nada fora do normal para ela que non ten por costume ser moi observadora co que sucede de cancela para fóra.
Pero o día seguinte tamén o viu. E o seguinte. E así toda semana.
Entón entra en pánico e cóntamo á noite, mentres meu pai cea so, como adoita facer mentres ve as novas na televisión.
Eu esa semana estou fóra, en casa dunha amiga, nunha localidade próxima, facendo un proxecto de empresa que agardo sexa o catalizador para abandonar o niño familiar.
Regreso un venres.
Cando chegas a túa casa, a que consideras o teu fogar, o sitio do mundo onde te sintes máis segura, despois de cinco días de ausencia, e a túa nai recíbete con cara de circunstancias...aquí pasa algo, pensas.
Cando despois da cea, conta que hai un home que nos axexa, e vexo que está aterrorizada, toda a seguridade que me da o meu fogar salta polos aires, esnaquízase nun intre.
Regresaba coa convicción de que todo fora unha casualidade, que non pasaba nada anormal. Trabuqueime.
A partir de aquel día a paranoia.
Dun xeito temesiño comezamos a confiar unha na outra o que pensamos daquel home. Cales poden ser as súas intencións.
Aquilo é claramente un erro.
O que comeza coma un xeito de tranquilizarnos mutuamente e de compartir as nosas inquedanzas con respecto a aquela visita non desexada, muda nun acto de febril desacougo.
O que os detractores dos fenómenos paranormais, e os psicólogos, chaman histeria colectiva ou psicose colectiva.
O home do nariz vermello, vixiante, calado, matinando en facernos a min e a miña nai as maiores maldades. De momento olla. So olla.
Pero de seguro que leva un coitelo, un enorme coitelo de matachín, agochado baixo a roupa. Listo para mutilarnos e quizais gardarnos por partes no conxelador, e alimentarse da nosa carne.
Miña nai máis eu cada día estamos máis asustadas coa teima daquel home, pero non somos quen de preocupar a meu pai con aquilo.
Calámolo para nós, incorporámolo aos nosos pesadelos.
Pode haber maior maldade que deixar que matines que o peor que es capaz de imaxinar vaite pasar a ti?
Non sabes cando, pero esa insistencia diaria, esa lembranza continua que semella dicir: aquí sigo, pode ser hoxe ou mañá, pero sabes que vai pasar.
Co paso dos días aquel home perde a vergoña e a precaución.
Achégase dun xeito cada vez máis descarado á casa. Fica parado perante a cancela, a piques de traspasar o limiar pero sen chegar a facelo.
Fita cara a miña fiestra, e así queda parado durante minutos, tan alto coma é.
Aproveita cando meu pai está traballando para facer a súa parada diaria, como se fora seu traballo, chova ou faga sol.
El olla, só olla. O home que olla, que maldade.
Ao comezo a súas visitas duran cinco minutos. Cinco minutos de terror. As dúas abrazadas diante da fiestra do meu cuarto fitando cara el.
Agardando que non de un paso máis. Que aquel non sexa o día escollido para levar a cabo seu sinistro cometido.
Pero non pasa nada. El fita cara miña ventá, e nos tras ela fitamos cara el.
Pouco a pouco as visitas aumentan en duración.
Dez minutos. Quince minutos. Media hora.
A hora da visita, sempre pola mañá, varia.
Até que se produce, eu máis miña nai non facemos outra cousa que perder tempo mentres non chega o noso visitante.
Finximos estar ao noso, pero de xeito soterrado o noso pensamento está naquel home.
Miña nai pela unha pataca durante horas.
Eu leo un importante traballo relativo o meu proxecto sen pasar de páxina en toda a mañá.
Un día sucede algo curioso.
O noso visitante non se presenta. Despois de semanas de visitas regulares, ese día non ven.
As dúas estamos incómodas ese día. Meu pai está enfermo, un forte catarro, nada grave. Pero ese día non vai traballar.
A nos parécenos unha intrusión. Non o dicimos en voz alta. Pero as dúas pensamos o mesmo de seguro.
Menos mal que non sae da cama, da súa habitación.
Non sei como explícalo. Pero o feito de que non veña o noso “amigo”, lonxe de aliviarnos, provócanos un fondo desacougo ás dúas.
Ficamos nerviosas, coma adictas que non poden acceder a súa dose.
Berramos entre nós pola cousa máis miúda.
Que se non sabes pechar a porta máis a modo, que se baixes o volume da televisión que o teu pai durme, que se a ver se atopas traballo que xa está ben de vivir á nosa conta.
Non cabe a dúbida. Estamos a vivir o noso particular síndrome de Estocolmo.
Ese foi o primeiro sinal de alarma. A partir de ese día a miña preocupación aumenta.
O día seguinte o alivio ven coa visita do noso “amigo”.
Recibimos a nosa dose de terror desacougante.
Meu pai volve ao traballo. Estamos as nosas anchas, matando o tempo.
Agardando a súa visita. Co medo paralizante de que á ausencia se perpetúe.
Chega coma sempre, camiñando moi a modo, como se non tivese claro o camiño.
Parase diante da cancela da casa e queda fitando á miña fiestra, tan alto como é.
A miña nai máis eu recuperamos a nosa conexión especial de súpeto.
Abrazámonos mentres ollamos para el.
Pasan os minutos. Estamos mergulladas nunha especie de éxtase aterrador.
Un terror que nos alimenta, que anhelamos cada día.
O medo a ser desmembradas por aquel descoñecido.
O terror a ser violadas, humilladas.
Entón ocorre.
O home que fica parado de súpeto espirra.
O involuntario movemento fai tremer a bufanda que lle cubre o rostro, até o punto de, por unha milésima de segundo, facernos crer que imos a ser testemuñas da face do noso visitante.
O home reacciona a tempo e bota a man á bufanda que volve ao seu sitio.
O seu nariz está máis colorado e vermello que nunca. Tamén é certo que estamos en xaneiro e vai frío.
Despois de iso, segue impertérrito durante varios minutos máis antes de retirarse coma veu. Camiñando de xeito quedo.
Levo semanas sen descansar.
Semanas dun sono intranquilo e sementado de pesadelos, todos co mesmo protagonista.
As miñas pálpebras inferiores están rodeadas de manchas escuras o mesmo cas da miña nai.
Olleiras. Cansazo. As dúas alouladas. Cheas de medos e máis medos.
Decido falar de elo abertamente coa miña nai.
“Temos que contarllo a papá, e se é preciso poñer unha denuncia onde corresponda”.
Miña nai oponse. Que se xa sei coma é meu pai, que se é capaz de matalo.
Que el é home de poucas palabras, que non vai atender a razóns con aquel home.
Que o mata.
Que non quere ver ao seu home no cárcere.
Que se que mal fai aquel home, que non é pecado mirar.
“Pero mamá, acaso non estamos estarrecidas co medo?”
“Mirácheste nun espello mamá?”
Que se son unha esaxerada, que así non lle estraña que non atope traballo.
Que aos homes non lle gustan as mulleres fantasiosas e problemáticas.
Que máis me vale pechar a boca se non quero matala dun desgusto.
“Que queres hoxe para comer filla?”
Pregunta de seguido coma se estivesemos falando da climatoloxía.
A miña preocupación aumenta. Sei ben coma é miña nai.
É das que agocha, disimula.
Non recoñece os problemas. Elúdeos. Agóchaos. Óbviaos.
Recoñecelos abertamente? Xamais.
Todo vai ben. Somos xente normal, coma todo o mundo.
Isto todo non obvia que todos os días acudamos xuntas á nosa cita co terror.
Creo que lle estou collendo cariño a aquel descoñecido.
Cada vez teño menos medo de el. E iso dáme medo. Outro tipo de medo.
Medo pola nosa cordura, pola nosa saúde mental.
Contarlle o que pasa a meu pai pode que non sexa boa idea.
Tamén é certo que chegados a este punto cada vez dáme máis reparo falar con el.
Nunca tiven moita confianza con el, sempre se mantivo distante, coma subido nunha torre de vixía.
Cumpre co seu deber e nada máis.
Nova visita do noso descoñecido.
Decido ollalo eu soa.
Pecho a habitación e non deixo que miña nai me acompañe.
Ela non o toma ben.
Bate na porta coma se estivese tola. Maldice. Insúltame.
O descoñecido hoxe ten algo diferente.
Agora miña nai chora, laméntase da súa existencia.
O home leva un obxecto brillante nun peto do abrigo escuro que o o cubre ata os nocellos.
Cravo a miña ollada naquel obxecto, tentando descubrir de que se trata.
Semella que el é consciente da miña teima.
Saca unha das súas enluvadas mans tras do lombo, e metea no peto onde sobresae o brillante obxecto.
Pasados uns segundos saca a man do peto co obxecto entre os dedos.
É un coitelo. Ten o mango de madeira, adobiado con motivos metálicos que coruscan.
Acabouse.
Boto a man ao meu teléfono móbil.
Miña nai segue berrando, chorando e batendo na porta, pero de xeito máis maino, coma con resignación.
Busco na memoria o número da policía municipal e chamo.
Veñen por el.
Resulta ser meu pai.
Esquizofrenia dixeron.
Este relato resultou gañador no 2016 do Certame de Relato Curto de Lermos.gal
Xurxo Esquío foi un dos seleccionados para incluír no vindeiro número da prestixiosa revista de xénero fantástico en formato libro, Contos Estraños.
Este Volume 11 da revista, titulado A rebelión de Prometeo,inclúe ademais do relato de Xurxo Esquío O nacemento dos deuses, a dez escritor@s máis na categoría de relato, a sete na de poesía e a dous ilustrador@s.
Tanto os textos como as ilustracións, versan sobre a temática proposta pola revista, a rebelión da humanidade fronte aos poderes dos deuses ou os poderes ultraterreos .
Contos Estraños, que vai polo seu volume nº 11, estrea con este novo número a independencia do selo editorial Urco Editora, e pasa a ser unha editora independente como asociación cultural sen ánimo de lucro.
A presentación terá lugar na feira da cultura galega, o Culturgal, que se celebrará entre o 1 e 3 de decembro no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Contos Estraños ten este ano un stand propio, o número 17, onde presentarán ás súas novidades editoriais e onde comparecerán algúns d@s autor@s que participan neste Volume 11.
Esta é a lista de autor@s incluídos no Volume 11- A Rebelión de Prometeo:
RelatoMarcos López Concepción –A filla das Insectas
Roberto A. Rodrigues –Chincha rabiña
Lois Z –Pantomina
David Botana –Unha fantasía
Alba Rozas Arceo –A dama do corazón negro
Xurxo Esquío –O nacemento dos deuses
Jorge Emilio Bóveda –A resurrección de Herminio Espada
Xosé Carlos Carracedo Porto –Universos
Manuel Ángel Gayoso –O neno melón
Violeta González –As verdades
Santiago Bergantinhos –Eles gritaron o meu nome
IlustraciónMaría Montes
Lúa Campos (QR en poema)
PoesíaAndrea Fernández Maneiro –Delirium
Jonathan Costas –I e II
Miguel Ángel Alonso Diz –Epitafio dun deus
Laura Rey Pasandín –Metamorfose da memoria
Lúa Campos –Simbiose
Artemisa Semedo –O lume roubado
Ramiro Torres –Prometeu
Máis info:
http://contosestranhos.com/
http://culturgal.com/es/
O vindeiro 25 de novembro será o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
Que ben, que concienciado está este sistema que ten un día para cada causa reivindicable e para algunha que outra estupidez (por exemplo, o chamado singles-day).
Polo tanto, o vindeiro venres 25 de novembro moita xente encherase á boca con bos desexos e palabras, moitas palabras. Son consciente, e teño constancia porque estou preto de xente así, que moita desta xente faino de boa fe. Namentres, millóns de mulleres en todo o mundo seguirán sendo explotadas, humilladas, maltratadas e insultadas, polo sinxelo feito de ser femias. O colmo, é que moitos deses e desas que van encher a súa boca de demagoxia bensonante, terían o poder se tivesen a vontade, de cambiar un pouco as cousas, de emprender a senda cara un futuro no que non fagan falta estes "días de expiación".
Pero non caerá esa breva, este sistema precisa tanto destes "problemas" como de vender que están á procura da solución.
Un sistema capitalista, baseado en que o máis rico sempre esmaga ao máis pobre, en que o máis forte expolia e elimina ao máis feble, pensades que de verdade ten a vontade de eliminar estas espantosas realidades?
Tan só substituindo este arcaico sistema de educación baseado no modelo prusiano, por un que fomentara dende a infancia a igualdade e uns valores de respecto cara a todos os seres vivos, suporia un paso moi grande para solucionar este e outros problemas, polo menos en occidente. Mais o sistema quere man de obra para o seu engrenaxe, o demais non importa, son danos colaterais.
Non me gustan este tipo de días porque son unha persoa pragmática que ano tras ano ve pasar estas xornadas, pero non ve nin melloras nin datos que alenten ao optimismo. Ogallá isto cambie algún día.
Estes días que estou repasando as letras para a inminente gravación de Esquíos, lembreime dun relato que escribín hai tempo e que quero compartir con vós, sobre a miña nula capacidade poética.
O DÍA QUE FIXEN POESÍA
Dende ben cativo, tiven fixación polas infinitas combinacións de palabras que poden facerse para comunicar emocións, para soar harmoniosamente unha detrás doutra, formando coa beleza do seu significado, unha trenza de verbas afíns que adoitamos chamar poesía.
Nos albores da miña puberdade, foi cando empecei a ler poesía conscientemente. O primeiro libro de poemas que lin, atopeino casualmente na casa dos meus pais, mentres fedellaba na abundante libraría que posuían, na procura dunha novela de Verne. Foi escrito por unha tal, daquela descoñecida para min, Rosalía de Castro. Chamoume a atención o nome da autora, soábame rimbombante e o mesmo tempo próximo. Collín o libro do estante e ollei a súa portada, os rechamantes caracteres barrocos, a suavidade do seu tacto, todo nel empurroume á súa lectura, a intimar cos seus versos ata chegar a consideralos parte da miña familia, como sucedeu.
Conforme fun medrando, medrou tamén comigo o gusto pola poesía. Devorei máis ca ler libros e máis libros, ducias deles, doutros tantos autores e autoras, até chegar o día, cando tiña cumpridos os dezasete anos, que púxenme diante dun folio en branco cun lapis na man coa intención de escribir, de escribir poesía. Pasaron uns segundos, que logo foron minutos, ata que caín na conta que non era quen que escribir ren. O branco do papel foi un espazo demasiado grande para min, case infinito, que me amedrentaba e non era quen de encher. As verbas bulían nos meus miolos vacuas de significado, cando tentaba trenzalas para inmortalizalas no papel. Despois de varios intentos que só deron coma froito dúas deslembradas liñas, abandonei a miña teima no convencemento de non estar dotado para o fin de xeito algún.
Esquecinme do meu fracaso, e proseguín cultivando o meu gusto pola lectura poética. Pasaron os anos, e malia non volver tentar escribir nin matinar nisto conscientemente, sempre sentín unha espiña fondamente cravada nalgún recóndito recuncho do meu corpo.
Hai uns anos, cando estaba pasando unha auténtica treboada tanto a nivel persoal coma profesional, decidín coller unha semana de vacacións no mes de marzo, co obxectivo de esquecerme un pouco de todo e gozar da tranquilidade dun pequeno pobo da costa lucense, durante os estertores do inverno.
O tempo era inusitadamente cálido aqueles días, e incluso durante un par deles, puiden gozar dun ceo baleiro de nubes moi pouco habitual naquelas latitudes. Aproveitando as menores tarifas da tempada baixa, aluguei un pequeno apartamento preto da praia. A miña rutina cotiá durante aquela semana, consistía en erguerme ben cedo pola mañá, e despois de almorzar, ir pasear pola praia e se o tempo o permitía, sentar a ler poesía, novela, ou algunha revista de divulgación científica as que son moi afeccionado.
Polas tardes, soia ir no meu coche a percorrer os arredores na procura de fermosos paraxes, monumentos ou calquera cousa que chamara minimamente a miña atención. O pobo no que me atopaba era eminentemente pesqueiro, e algunha mañá, denantes de ir a praia, paseaba polo porto ollando o ir e vir dos mariñeiros, as mulleres tecendo as redes e o bulir na lonxa cando chegaba o peixe. O porto pesqueiro daquel pobo, ao igual que calquera porto pesqueiro do mundo, cinguíase o paradoxo de ser un lugar cheo de vida no que se comerciaba coa morte, coa morte de centos de peixes e demais habitantes do mar.
O quinto día da miña estancia alí, foi un dos días nos que o sol lucía esplendoroso no ceo, sen que ningunha nube nos roubara o seu fulgor. A temperatura era bastante elevada para a época, e fun a praia ben cedo, preto das oito da mañá. Levei unha versión facsímile da primeira edición do primeiro libro de poesía que lin, Follas Novas de Rosalía.
Despois de ler varios dos meus poemas preferidos, poemas que coñecía de memoria tras habelos lido en incontables ocasións, sentei na area da praia e púxenme a ler unha revista de divulgación científica. Había un artigo sobre a orixe da vida na terra, sobre como todo comezara nas salobres augas mariñas.
Que poético soaba.
De súpeto, comezaron a bulir no meu maxín unha serie de versos, de palabras encadeadas e trenzadas entre si cun sentido, cun obxectivo. Enchido dunha fonda ledicia recollín todo e corrín cara ao coche, tiña medo de que aquelo pasara, de que todo se perdera. Conducín coma un tolo ata chegar ao apartamento, o medo a perder aquelas verbas sen poder inmortalizalas, facía que o corazón latexarame coma un martelo pneumático no peito.
Cheguei a casa, non tiña folios en branco, entón collín unha carta de propaganda, un lapis, e sentado na mesa da cociña, escribín no canto baleiro do papel:
Os elementos á humanidade
Tan salobre como a suor que perla a túa fronte,
Tan libre como a luz que ilumina a túa pel,
Así é a auga onde creceu túa semente.
Tan intanxible como a vontade de ser,
Tan forte como a treboada de verán,
Así é o aire que enche os teus pulmóns.
Tan resistente como a folla verde no caloroso verán,
Tan doce como a ollada da nai o fillo recen nado,
Así é a terra que albergara os teus restos.
Tan destrutor coma un tremor de terra,
Tan insaciable como a túa cobiza,
Así é o lume no que todo arderá.
Dende aquela non volvín escribir. Non sentín a necesidade de facelo, e sei, que de tentalo de novo, non atoparei nada que dicirlle ao níveo folio branco.
Sei, que mal que me pese, eu non nacín para poeta, o teño ben claro. Porque unha vez pintara o interior da miña casa, non significa que sexa ou me sinta pintor, e o mesmo razoamento pódese aplicar neste caso. Pero quédame o consolo de, polo menos unha vez, ter vivido a experiencia de facer poesía, de sentir a necesidade imperiosa de trasladar ao folio as palabras e os sentimentos que dita algo dentro de ti, e con iso doume por satisfeito. Onde fora que tivese cravada aquela espiña, xa non estaba, xa non tiña razón de ser.
Non entro a valorar a calidade do meu poema, coma unha nai non pode ser obxectiva cando describe ao seu fillo. Teño a ledicia de saber, que houbo un soleado e máxico día de marzo, no que durante uns intres sentinme poeta. Sentín coma as verbas fluían dos meus miolos ao lapis, e tomaban forma no folio, tan doadamente coma respirar, sen esforzo.
Sentín como se fai a poesía.
Limiar
Son unha persoa sinxela. Coido que razoablemente podo ser considerado unha boa persoa, ou polo menos, non creo ser unha mala persoa. Adoito pensar que o resto da xente, mentres non me amosen o contrario, tamén son boas persoas. Por isto non tiña eu impedimento ningún, ante a falla dun medio de locomoción propio, en recorrer ao autostop para trasladarme dun lugar a outro cando así o precisaba -a idea de ter coche propio estaba aí, mais os cartos non-.
Facer autostop é un medio de transporte, ou mellor dito é un xeito de transportarse dun lugar a outro, que foi moi importante nunha época, e que na actualidade é moito menos frecuente debido a diversos motivos. Un deles podería ser que a xente nova ten acceso de xeito máis doado a un medio de transporte propio, cousa que hai uns cantos anos era impensable. Tamén o medo é un importante factor; o medo da xente a recoller a alguén que resulte ser un ladrón ou algo peor. Nesta percepción seguramente terá moito que ver o cine, en maior medida o norteamericano. Quen non viu unha película na que un autostopista resulta ser un perigoso asasino psicópata, un violador...etc. Tamén ocorre á inversa; un rapaz ou rapaza recollido na estrada resulta agredido, desaparece, róubanlle os órganos... a lista de maldades pode ser infinita.
Esta historia ocorreume hai uns anos, e quero dala a coñecer co obxectivo de romper unha lanza a prol deste xeito de viaxar. Estou seguro de que considerándoo en global, haberá moitos máis casos positivos que negativos; xente que recolle autostopistas que resultaron unha agradábel compaña durante a viaxe, ou que axudaron a reparar o vehículo despois dunha malfadada picada, ou infinidade doutras posibilidades. Pero que ten iso de shock? Que ten iso de impresionante para a maioría da poboación occidental do século XXI? E moito máis impresionante para a masa, e polo tanto queda gravado no noso inconsciente colectivo, un autostopista asasino ou violador, ou a maldade que toque -tamén á inversa, unha persoa que recolle a xente con malfadadas intencións-. Estes casos si que transcenden fronteiras de todo tipo, ata o punto de que feitos que só ocorreron no maxín dalgún guionista de Hollywood, poden chegar a formar parte das lendas urbanas que moita xente considera reais, e deste xeito inflúen decisivamente no seu comportamento cotián. Decídome pois a escribir a miña experiencia, coma un pequeno gran de area na balanza a prol do costume de facer autostop. Un gran de area que pese no lado positivo, sabendo que faría falla dar a coñecer milleiros de casos similares -en canto a experiencia positiva-, para equilibrar a balanza e que este xeito de viaxar, senón que fose percibido coma algo bo en si mesmo -que non ten porque selo-, polo menos non tivese a auréola perigosa que actualmente ten para moita xente. Isto non quere dicir que esta historia remate ben ou mal, sinxelamente para min foi unha experiencia positiva, e a vida vén sendo iso, unha serie de experiencias que independentemente de que no seu momento sexan percibidas coma malas ou boas, co paso do tempo poden chegar a ser positivas ou negativas no conxunto dunha traxectoria vital.