Non sei, a verdade, que pasa que dende hai algún tempo non deixo nin por casualidade de escoitar ou ler por aquí e por acolá aquilo de “son un privilexiado/a” ou estoutro tamén, por exemplo, de que tal persoa está nun momento “complicado”... Deixo por suposto de lado outras expresións do mesmo estilo que se poderían engadir. Só quero neste intre referirme a estas dúas pois, aínda que me fagan sorrir unha vez máis cada vez que as oio (e iso non deixa de ser polo visto ben bo pra a saúde...), tamén me producen elas un innegábel fastío. E isto igual, pola contra, xa non é tan bo... Enténdese naturalmente o que tales falantes queren dicir con iso. É só a demasía ou plana homoxeneidade da súa utilización en relación con calquera situación, ben sexa esta de persoa, animal, vexetal, mineral ou de calquera outro ente terráqueo ou celestial (e engade a isto pola túa conta, amigo lector, o que a ti se che ocorra).
Descoñezo, na miña ignorancia, se iso se pode deber á pobreza dos axeitados recursos lingüísticos da meirande parte da xente, á inconsciente e abusiva repetición de cómodos vocábulos que andan por aí e, coma os virus, se multiplican sen sequera nos darmos conta, ou ó que sexa...
É verdade que son os falantes os que constrúen ou renovan ó seu antollo o seu falar. Porén, os falantes somos todos. Xa que logo, tamén cantos loitan pola súa conservación, purificación e perfección no ámbito ou seo da mesma lingua.
Con isto non quero nin podo erixirme en “privilexiado” (!) ente utilizador da miña (nosa) lingua. Son só un máis dos que, en cativa medida, nos ocupamos e interesamos polo belo e axeitado uso da nosa secular e enxebre lingua nestes tempos de agora e na perspectiva de vindeiras e inacabábeis primaveras que outros, pola súa parte, continuarán a construír.-
[“Faro de Vigo”, 9 de outubro de 2020]
(26 xullo 2020)
Hoxe en día non parece que haxa dúbida de que os nosos comezos como seres humanos están en continuidade con toda a historia física e biolóxica ocorrida en tempos anteriores. Refírome ó que adoitamos chamar a evolución, a evolución xeral cara ós seres vivos e o xurdimento dos primeiros seres que poden xa ser denominados humanos. Disto falan de maneira ampla a paleontoloxía, a antropoloxía e outras ciencias.
A pesar desa relación que temos co mundo animal e co universo todo, podemos falar tamén de que nós, as persoas humanas, nos distinguimos moito dos nosos predecesores puramente animais. A mesma antropoloxía xeral, mais sobre todo a psicoloxía e a filosofía, apréndennos a vérmonos como uns animais moi especiais. Especiais precisamente porque, tal como se di, non somos animais “especializados”. Unha gaivota ou unha anduriña fan o seu niño ano tras ano máis ou menos da mesma maneira, por moitas dificultades que lles poñamos para a súa construción. Un león ten comportamentos que practicamente son e serán sempre os mesmos. E así outros animais. Están “especializados” para unha vida concreta e particular, a súa e maila da súa especie.
Nós, os seres humanos, en troques, case non dispoñemos de instintos ou comportamentos específicos e determinados. Temos que aprender practicamente todo: a andar, a falar, a relacionarnos coas outras cousas e persoas. Estamos así abertos a moitas posibilidades. Nada nos enche ou satisfai plenamente. Por iso cando temos unha cousa, estamos xa pensando como acadaremos outra mellor. E cando nos pasa algo desagradábel, axiña empezamos a pensar como saírmos desa situación.
Con este comportamento específico noso estamos a dar testemuño tamén da nosa especial relación con Deus. Deus fíxonos a nós, os seres humanos, a través de toda a evolución cósmica, coa idea de nos facer partícipes da súa vida, da súa natureza divina. Como Deus quixo e quere comunicarse connosco, estar connosco, xantar á mesa connosco, e tantas outras cousas como poderíamos aquí engadir para poñer isto aínda máis de relevo, por iso precisamente, é dicir, para que iso sexa posíbel, tivo Deus que facernos semellantes a el e facerse tamén a si mesmo semellante a nós en Xesús.
En que está a nosa semellanza con Deus? Pois en que todos queremos ser absolutamente felices, en que todos queremos vivir sempre, en que todos queremos telo todo, coñecelo todo, etc., etc. En definitiva, en que todos queremos ser coma o mesmo Deus que nos fixo. Deste tipo de consideracións provén aquel dito tantas veces repetido de Santo Agostiño nas súas Confesións: “Fixéchesnos, Señor, para Ti e está inquedo o noso corazón ata que acougue en Ti”. Porque, para Santo Agostiño, Deus é a expresión máxima da felicidade, da verdade ou do amor á que un pode aspirar.
Co que acabo de comentar, aínda que sexa dunha maneira moi esquemática, podemos achegarnos algo ó que nos din as comparacións ou parábolas de Xesús no evanxeo de hoxe. Nelas faise comparanza do contido ou do fondo da mensaxe de Xesús cun tesouro co que se topa unha persoa nun terreo alleo, pero que ela, “chea de alegría”, quere facer seu, aínda que sexa a costa de ter que vender canto ten. Pode ser un secreto e rico tesouro ou unha perla “de gran valor”. Ou tamén, se un é afeccionado á pesca, un peixe moi grande, no que un tal pescador algunha vez, de noite ou de día, soña ou imaxina que vai pescar ou que querería pillar... Por iso se di que os pescadores, os de río polo menos, tenden a dicir pequenas mentiras cando falan por exemplo de que a troita que se lles desprendeu do anzol era enorme ou de cousas semellantes...
Como vedes, parece claro que a mensaxe cristiá está dirixida de maneira especial para os que teñan grandes desexos, é dicir, para os que sexan e queiran ser plenamente felices e humanos. En certo modo poderiamos dicir que o cristianismo non está feito para os que queiran alimentarse de rutinas, de servilismos ou de pequenos ritos ou obrigas que un se impón ou que outros lle queren impoñer. Dese modo non pasariamos de asemellármonos ós simples animais, que non están abertos a esas amplas dimensións, propias dos seres humanos.
Tampouco é ese o camiño para atoparmos a verdadeira felicidade. Un bo cristián terá, si, que renunciar a determinados egoísmos que se pechen ás necesidades dos demais. Mais este tipo de renuncia a egoísmos insolidarios non significa que a felicidade vaia fuxir de nós ou abandonarnos.
Ben sabemos, por experiencia propia e allea, que a felicidade só se atopa cando un é fiel á súa conciencia e teima en todo momento por ser bo con todos. Trátase dunha felicidade que fai a un feliz e que fai tamén felices os que conviven con un. O sufrimento mesmo, en principio, non ten tampouco por que lle roubar a un a felicidade. Porque cando se sabe que o propio sufrimento pode ter un sentido ou que con el podemos facer un ben ós demais, entón seriamos capaces de aturalo e de transformalo en bendición para os demais e para nós mesmos.
Ser feliz é ter azos para facer ben as cousas e saber así ser de proveito para os demais, aínda que sexa a costa de renunciar, como o sabio rei Salomón, a unha vida longa ou a riquezas innecesarias. Xa antes de que Xesús nos falase do “tesouro agachado” ou da “perla fina”, fora Salomón loado no Antigo Testamento por non lle ter pedido a Deus para si “vida longa” ou “riquezas”, senón acerto para gobernar os seus súbditos.
Os pais, no pequeno e particular goberno da súa familia, deberían aprender desta mensaxe de Salomón e da de Xesús a saberen que a súa felicidade e a das súas fillas e fillos depende moito de os fornecer dunha boa educación, por máis que este labor non sexa hoxe cousa doada. É así como irán eles aprendendo, tal como axeitadamente se di, a “ser” antes que a “ter”.
E xa para rematar. Os que se dedican ó difícil e meritorio labor da política recoñecen ás veces, por exemplo ante un fracaso electoral, que non foron capaces –tal como din- de comunicar correctamente a súa mensaxe. De xeito semellante, os cristiáns e de maneira especial cantos intentamos con temor e tremor facer presente hoxe en día a mensaxe de Xesús deberiamos ser quen de poder comunicar ós demais correctamente e con insistencia que a mensaxe de Xesús é verdadeiramente un “gran tesouro”, unha “finísima perla”, que ben paga a pena intentar adquirir. Que o bo Deus nos axude a todos neste intento.
Aproveitando o día festivo do pasado 15 de agosto alá me fun a un fermoso lugar do Morrazo, desde o que ó lonxe se albisca a ría de Vigo cando empeza xa a estreitarse, envolta cada vez máis pola luxuriante vexetación que mansamente a acolle nunha mutua e emotiva aperta. Estamos en Galicia. A Galicia tradicional, mariñeira e labrega que mutuamente se complementan creando beleza, riqueza e modos propios de convivirmos e de estarmos neste país. A calor apertaba e seguramente non había mellor refuxio ca unha popular e asemade elegante casa de comidas, ben incardinada no entorno local. Como eu era un dos agradecidos convidados, no podía rexeitar tal convite, pois atopármonos xuntos familiares e amigos é sempre un galano meirande cá selecta inxestión ou consumición dos excelentes produtos do país. De tales produtos temos dabondo, ben sexan do mar azul ou da verde e agarimosa terra interior. Lampexaba entrementres o rei sol tralas contras entornadas do local, teimando inmiscirse entre nós coma un máis dos convidados. Mais acordamos que desta vez fose el quentar e dourar máis ben a pel virxe dos veraneantes que naquel intre encherían a praia de Samil.
Non pertence de todos modos á temática destas liñas levantar só acta encomiástica do excelente menú que alí nos ofreceron. Apunteime pola miña parte ó bacallau á brasa mentres que outros do noso grupo preferiron a croca da terra interior. Excelentes ámbalas dúas escollas. Agora ben –e aquí empeza, digamos, propiamente o conto-, debaixo dos pratos dos diversos comensais había cadanseu papel de 30x40 cm. de medida, a modo de pano de mesa, no que, onda un par de debuxos ou deseños, se podían ler estas corteses frases: “Buen Provecho / On Egin / Bon Profit / Bon Appétit / Gutten Appetit”. Aparentemente todo normal (á parte de que lle sobrase unha te ó “Gutten” alemán). Mais había un pequeno detalle –unha ausencia, máis ben- que me fixo axiña exclamar nun ton de voz para todos intelixíbel: “O de sempre!...” Porque é iso o que está a pasar en boa parte deste país e o que dá ó tempo cumprida razón do título destas liñas, “A Galicia ausente”. En moitos grandes temas pero tamén en pequenos pero significativos detalles deste noso país. Como calquera pode ver, un modesto “Bo proveito” ou calquera outra expresión semellante galega están alí clamorosamente ausentes, ó contrario do que ocorre por exemplo co “On Egin” vasco ou co “Bon Profit” catalán. Galicia xunto coa súa propia lingua fanse así invisíbeis e inexistentes. Despois, e grazas ás informacións do Sr. Google, puiden saber que os tales papeis proceden da empresa “Bersan Papeles y Manipulados S. A.”, radicada en Valencia. Cumpriría xa que logo informalos sobre a existencia dun vello país chamado Galicia que ten unha lingua propia e oficial polo menos tan digna como o son o éuscaro, o catalán ou o castelán.
A cousa, porén, non rematou aquí, pois á hora do café (un bo e caseiro café de pota), a súa consumición, no canto de me facer esquecer o tema, aviveceuno polo contrario sorprendentemente aínda máis. Razón? Pois resulta que –como se todo o que estaba a ocorrer non fose máis ca obra dun demiño gracioso que por alí andase solto- decateime para máis inri de que, artisticamente inscrito nos pratiños do café, se podía ler a seguinte información: “Temos un arume especial”... Supoño que o artista desa incitante frase querería dicir “aroma”, pois o arume, alomenos desde os tempos do himno galego do gran Pondal..., non é nin máis nin menos cá folla do piñeiro e tal folla seguro que ó café non lle vai nada ben... Pobriña lingua a nosa, tan ausente, tan deturpada!
* [“Faro de Vigo”, 26 de agosto de 2019]
Foi o 7 de xaneiro de 1969 –é dicir, no día seguinte á festividade dos Reis Magos de hai agora xustamente cincuenta anos- cando os bispos galegos comunicaron oficialmente a aprobación, por parte das correspondentes instancias romanas, do uso da lingua galega na liturxia. Abriuse así un camiño á normalidade e á esperanza despois de moitos esforzos por acadar tal fito histórico. O 13 de xaneiro, seis días despois desta comunicación, remitía desde Vigo o xesuíta Xaime Seixas unha sinxela e gozosa carta a un seu compañeiro, Manuel Santos Santórum, eficaz xestor de tal logro, nestes termos:
“Moi querido Santos: Respondín ás túas anteriores menos á derradeira do 3 novembro 1968. É que quería dar novas. E as novas chegaron. Xa as sabes. Aprobación total! Os do SEPT (sobor de todo Domingo [Fernández del Riego] e Xaime [Isla Couto]) están convencidos de que a túa visita foi decisiva. Supoño que recibirías o telegrama de noraboa firmado polo SEPT. Vouche contar algo. Cando ti escribiches que había que dar a loita eiquí, Xaime enviou un documentado documento a Quiroga [Fernando Quiroga Palacios] coincidindo coa reunión nacional dos bispos. Era unha peza mestra! Logo chegou a visita a Roma do Cardeal e a visita del ó Cardeal Gut. Esta foi definitiva, mais o camiño estaba xa preparado. E nisto ti tes unha meirande parte: non o esquecemos. Gracias, moitas gracias, Santos! Ó voltar de Roma, o Cardeal chamou a Xaime: quería darlle a boa nova. Viña moi ben impresionado (é curioso, o Cardeal pensaba que Xaime falara en Roma e eras ti o que falaras: Xaime calou). Polo tanto, coido que fixo gran impacto a túa visita a Gut e a Bugnini, cheo de documentos. En fin, a cousa chegou! Agora vouche contar como está aquí o ambiente: a ledicia foi tan grande (deron a nova ó remate da reunión de bispos galegos, o día sete deste mes), que comezaron a chover telegramas de gracias a Quiroga (di que foron moitos centos; soio de Vigo máis de douscentos, etc.). O oito toda a prensa de Galiza deu a nova con meirandes títulos nas primeiras páxinas. En Santiago dixeron unha misa concelebrada onte nas Ánimas como acción de gracias. Predicou o Pai Lousa, moi ben. En Vigo comezamos onte [domingo, 12 de xaneiro] a misa en galego na nosa eirexa, ás doce e cuarto da mañá: predicou Laredo [Xosé Luís Laredo Verdejo] e misou totalmente en galego. Moita xente e moito ambiente. Seguiremos tódolos domingos a esta hora. En Pontevedra os franciscanos puxeron unha ás doce da mañá con meirande éxito. En fin, a Galiza rexurde e o millor é que, deste xeito, a eirexa cumpre unha obriga de fai moitos séculos. Agora hai que levar a cousa con xeito: o que se faga facelo ben [...]. Xaime”.
Vivimos todos de lembranzas e esperanzas. Mais estas últimas continúan construíndose desde aquelas. Cumpría xa que logo exercer hoxe un chisco o oficio de lembrar. Pois son elas as que empuxan, coma o vento, a nosa travesía.
* [“Faro de Vigo”, martes, 8 de xaneiro de 2019]
Non vos é desde logo boa noticia -e se cadra por iso non foi case comentada- iso de vivirmos oficialmente nunha cidade, Vigo, que polo que hai poucos días se informou nalgún xornal resulta ser a máis ruidosa, tanto de día coma de noite, de todo o territorio español, entrando en liza neste tema unhas corenta cidades de máis de cen mil habitantes.
Pensaba eu que tal privilexio sería cousa de cidades con máis habitantes ca Vigo, como Madrid. Pois non. Madrid ocupa o antepenúltimo lugar en produción de ruído. Nesta disputada liga de ruídos e decibelios, a chamada cidade olívica (quen o diría, levando como leva ela consigo un fermoso adxectivo de resonancias vexetais!) ocupa neste intre polo contrario o primeiro posto. Mellor sería que ese posto o ocupase o Celta de Vigo pola súa boa categoría futbolística e non que fose o ruído quen erga o brazo triunfante.
Posibelmente sexa o ruído un inconsciente berro de desespero dos galegos non afeitos a vivirmos artificiosamente amoreados trala súbita desfeita da tradicional vida rural nun mesmo distante e inhóspito lugar, no que a paisaxe deixou xa de ser próximo e inmediato compañeiro de cada quen. Son moitos os séculos e xeracións que levamos vivindo en pequenos lugares ou parroquias, ben asentados na paisaxe case coma niños de pombos ou rulas, agarimados de noite pola lene música do silencio e de día polo canto lonxano do lento andar dun carro do país.
En vez de continuarmos irmandando paisaxe e hábitat humano, en íntima e esponsalicia convivencia, fíxose o que se fixo e á vista está. Agora non hai enxeño mecánico tan descomunal que sexa quen de anchear de vez unhas rúas que oprimen a residentes ou viandantes case como fai o bocadillo co friame que leva dentro agachado. Pois para “humanizar” as rúas ou beirarrúas das cidades habería antes que “vexetalizalas” a fondo e non permitir que as máquinas que temos construído para andarmos comodamente nelas actúen libremente como ruidosos altofalantes ou botafumeiros laicos, que coa súa ameazante contaminación fan enfermar ouvidos, pulmóns e corazóns, fornecendo hospitais e centros médicos de precioso e axeitado material para poderen así eles sobrevivir e medrar.
Por que continuamos logo aínda a encartar penosamente as perniñas no interior dunha máquina produtora de gases daniños para achegármonos a unha pequena tenda a só case un tiro de pedra, se dispoñemos todos e gratis do  ben ecolóxico coche de San Fernando?
* [“Atlántico”, mércores, 1 de febreiro de 2017, p. 19]
Xustamente mentres na mañá deste domingo do Domund o Celta lle estaba a dar un bo repaso ó Dépor (cousa que lamento algo porque nalgún tempo fun fan do equipo de Arsenio), entraba eu pola porta dunha igrexa viguesa por aquilo de cumprir co precepto.
Na curta andaina ata alí non me atopei cos tradicionais rapaces pedindo coas huchas na man unhas moediñas para o Domund, mais seguramente as habería no interior da igrexa, como así foi en forma de pequenos sobres destinados a tales efectos. Ah!, había tamén na entrada uns fermosos anuncios do Domund e por aquilo da miña curiosidade innata por ler calquera papel, pequeno ou grande, que se me poña por diante, lin o primeiro que albisquei ó entrar.
Por certo –e antes de continuar- viña eu meditando pola beirarrúa que me conducía á igrexa nunhas palabras que un día ou dous antes formulara un dos bispos galegos nun xornal do país a propósito do Domund deste ano. Laiábase alí o bo bispo de ter que se pór algo triste cando ó final da campaña do Domund lía os magros resultados do recadado na súa diocese e de que incluso había parroquias nas que nin sequera se facía a preceptiva colecta. Ten el toda a razón do mundo para se queixar.
A min pasoume algo semellante, aínda que seguramente non tan grave. Só foi isto. No cartel oficial do Domund na entrada da igrexa figuraba este lema: “Sal da túa terra”. En principio pensei que se trataba de simple propaganda do común e valioso condimento culinario mais con raíces autóctonas no noso país. Pero non! Os incultos autores dese lema só querían dicir: “Sae da túa terra”. Os que deberían “saír” da nosa terra, pois ben que contaminan, son eles!
* [Publicado no “Faro de Vigo” do 27 de outubro de 2016 e mais no “Atlántico” do mesmo día]
Que quero dicir cun título así para referirme a unha festa eminentemente popular como o é a Rapa das bestas que non sexa xa algo común a toda festa? En realidade os tempos festivos tradicionais “concéntranse” xa sempre, por así dicilo, en datas e espazos concretos. Son tempos, ademais, nos que se dan ou ocorren tamén “excentricidades”, pois o tempo festivo rompe coa rutina do normal e ordinario, aínda que isto non quere dicir tampouco que nos tempos festivos os participantes se evadan do regrado e tradicionalmente herdado.
Aclarareime, pois, algo. Comentaría, en primeiro lugar, que a festa da Rapa, a pesar de participar, como toda festa, das anteriores características festivas, semella ademais funcionar á maneira dos pulmóns que no seu movemento de expirar e inspirar o ar exercen de maneira saudábel a súa función benfeitora. A Rapa expande, “expira”, no día da baixa, efectivamente, cara ós montes da contorna a mocidade, leda e activa, á procura das bestas para seren concentradas primeiro no Peón e marcharen logo conducidas pola xente, facendo cordón, cara a Sabucedo. Por outra parte, nas accións seguintes e específicas da aloita no curro, a “concentración” como momento máximo de “inspiración” pulmonar festivo chega ó seu cumio. Alí, no redondo caos onde as bestas loitan á busca dunha orde imposíbel, é onde os humanos e os belos e libres animais, donos primixenios dos nosos montes, forman unha orixinaria e comunitaria unidade. Albíscase alí a orixe primitiva do noso ser común. Alí paira no ar a aperta unitaria dunha creación común. Alí apertan aloitadores e aloitadoras o corpo áxil, forte e tremente dos nosos visitantes montesíos na busca dunha nova comuñón coa natureza. Hai loita e aloita en mutua cooperación e pertenza.
Será ó final de todo, cando homes e animais teñan xa asinada a común acta da anual visita realizada, cando o movemento festivo de “expiración” convida bestas, cabalos, poldros e bichiños a retomar a viaxe, tranquila, sosegada e acougada, cara á orde que segue ó caos creador experimentado no encontro tradicional en Sabucedo coas xentes, sempre iguais e tamén distintas, desta pequena parroquia da Galicia eterna. Pois é sempre o caos o que crea a orde. Esa orde e xerarquía natural que cada garañón ou griñón sabe exercer con sabedoría e espontaneidade na súa propia zona de montaña.
Repítense ou imítanse así, a nivel pequeno, os ciclos cósmicos das formacións evolutivas que constitúen o universo todo. Todo está en movemento, de concentración cara a expansión, de inspiración cara a expiración. Todo é -no que ós humanos nos atinxe- historia, acción humana, mergullada nos procesos cósmicos. Porque tamén é posíbel albiscar historia, verdadeira historia humana, no devir anual dos acontecementos relacionados coa celebración da festa da Rapa das bestas de Sabucedo.
Pois son a enfermidade, a peste ou o andazo os que “expanden” e converten en “excéntricas” as “vellas” irmás que foxen do “centro” da aldea cara a zonas máis agrestes nas proximidades da mesma. Mais serán elas tamén, fieis ás súas promesas ó santo padroeiro Lourenzo que habita “concentrado” na ermida de Sabucedo, as que lanzan cara á liberdade aberta de pertenceren dende agora ó “santo” unhas bestiñas súas que levan agora, a cabalo mesmo delas, o futuro dunha festa que se irá “expandindo” ó longo dos tempos.
Houbo épocas, na cambiante historia do acontecer desta festa tan nosa, nas que a doazón das “vellas” ó santo padroeiro se chegou a entender como algo case exclusivamente relacionado coas concretas persoas que exercían o poder eclesiástico. De modo que en tal sentido se podería falar dun determinado divorcio entre o pobo e tal poder. Ata tal punto chegaron a estar tan inoperantemente “concentrados” no concreto e xerárquico espazo eclesiástico os resortes do acontecemento da Rapa que tanto o párroco coma os veciños de Sabucedo chegaron a vérense ameazados, concretamente no ano 1779, polo entón bispo auxiliar de Santiago, Xoán Varela Fondevila e Verea, coa pena de excomuñón maior latae sententiae no caso de non faceren o debido reconto das bestas por medio da baixa das mesmas a Sabucedo. En realidade, os veciños non querían ocuparse de algo co que estritamente, dadas as concretas circunstancias, tiñan pouco ou nada que ver. O acontecemento da Rapa precisaba, pois, unha vez máis, de “expansión”. É dicir, necesitaba converterse en acontecemento verdadeiramente popular.
Tal “conversión” da Rapa en acontecemento verdadeiramente popular, condición necesaria para a súa posterior “expansión” festiva, non se iniciou por iso en realidade ata mediados do século XIX, cando moi oportunamente o párroco Manuel de Castro permitiu que empezase a haber nas greas “do santo” un número cada vez maior de bestas particulares. Cousa que naturalmente estaba en relación coa simultánea e progresiva liberación social do pobo respecto dos seus "señores" tradicionais, tanto civís coma eclesiásticos. Deste xeito acadábase un dobre efecto mutuamente beneficioso, tanto para a igrexa coma para o pobo, dado que os veciños, ó tempo que atendían as súas propias bestas, non podían menos de prestaren tamén atención e coidado ás bestas “do santo” coas que formaban un único conxunto.
Quero engadir aínda que boa parte do relativamente bo éxito e atractivo do actual acontecer da Rapa radica na xenerosidade e colaboración da mocidade nos diversos labores ós que se adscriben en relación cunha celebración festiva que resulta ser diferente e singular. Pois trátase dunha festa que atrae, que “inspira” (continuando co símil) a xentes moi diversas, mais coincidentes na súa querenza pola natureza, pola vida, pola beleza. Se as augas termais en lugares próximos sandan as xentes, a inmersión viva na natureza vexetal, animal e estritamente humana que se ofrece en Sabucedo pode facelo tamén. Este tipo de “regresión” ás dimensións que nos converteron no que somos pode ser unha eficaz terapéutica para o “homo patiens” dos nosos días, pois non sempre calquera suposta “progresión” nos produce máis benestar ós humanos. E nesas estamos.
En tal sentido, os impulsos que se van producindo en relación co feito da Rapa cara a novas posibilidades de dar vida ó mundo rural galego, freando no posíbel a súa crecente despoboación, deberían ser coidadosamente atendidos. Non só por mor da subsistencia da mesma festa da Rapa, que sen xentes que de preto a coñezan e apoien dificilmente se podería manter, senón tamén polo dereito que en principio toda persoa debería ter a vivir e traballar alí onde nace e vive.
[Publicado en “ADN SABUCEDO” - Anuario da Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo, nº 1 (2016) 28-31]
No evanxeo de hoxe segue a contarnos Lucas cousas importantes sobre Xesús. Continúa a presentarnos, coma no anterior domingo, un Xesús que nos amosa, no seu comportamento, un Deus (seu Pai, a quen ben coñece) como compasivo e liberador, non castigador ou condenador. Segue así Lucas a darnos mostras do programa aquel liberador que Xesús anunciara na súa aldea de Nazaret ó comezo da súa vida pública. Un programa que escandalizou os veciños de Xesús, que se puxeron en contra del, porque a eles non lles parecía moi correcto ou ortodoxo falar sobre Deus desa maneira. Porque Xesús, ó ler na sinagoga diante dos seus veciños un texto de Isaías, fora modificando antigas palabras de condena e vinganza de Deus proclamadas por Isaías por novas palabras de liberación. Dicía así Xesús ante os seus abraiados e escandalizados conveciños: “Mandoume (o Espírito do Señor) para lles anunciar a liberación ós secuestrados e a vista ós cegos, para lles dar liberdade ós asoballados e proclamar o ano de graza do Señor”.
O episodio que nos conta hoxe Lucas sobre a “muller pecadora” é para algún comentarista “un dos episodios máis importantes do evanxeo de Lucas”. Seguramente é así, porque se respira nel moi claramente esa atmosfera libre, liberadora, chea de agarimo e de compaixón, en perfecta consonancia co proclamado por Xesús no seu discurso na sinagoga de Nazaret.
O contrapunto aquí, coma sempre, son os aferrados ás antigas tradicións das normas, ritos e preceptos, que é preciso cumprir e ós que un se ha someter. Así lles pasa ó fariseo Simón, que convidou a Xesús a xantar, e mais ós outros comensais. Eles seguramente eran xente ben, oficialmente ben vista e de boa posición social. Mais Xesús quere darlles a eles unha lección práctica de por onde vai a súa mensaxe liberadora, non opresora ou ordenancista.
Nesta lección é protagonista unha “muller pecadora” (tal como a denomina Lucas). Oficialmente, pois, mal vista. Simón, o anfitrión, dáo ben a entender cando ante a actitude amorosa da muller, lavando e perfumando entre choros de humildade e arrepentimento os pés de Xesús, dubida incluso do poder profético de Xesús que se deixa tocar por unha tal “caste de muller”, tal como comenta Lucas que Simón está a pensar nos seus adentros.
Porque, claro, no contexto cultural das vellas normas do Antigo Testamento, o pecado, é dicir, os pecadores e pecadoras, contaxiaban en certo modo a cantos se relacionaban con eles. E Xesús no fai intento algún de fuxir dos humildosos agarimos desta muller, senón que se deixa lavar e perfumar os pés por ela, non condenándoa nin arrepoñéndose en contra do seu comportamento. Xesús olla sempre os corazóns e non os clixés sociais que circulan sobre as persoas.
Son dous mundos moi diferentes e incompatíbeis entre si. O ámbito do amor, por un lado, que xera e crea liberdade, comprensión e agradecemento e, por outro, o ámbito da lei, da norma, do deber, que en canto tales tenden a nos converter en dogmáticos e escravos. Se queremos ser seguidores de Xesús, está ben claro que temos que mergullarnos ben a fondo no ámbito primeiro: o do amor e da liberdade. Non debe ser doada esta tarefa, tendo en conta o moito que nos custa, tanto a nivel persoal coma social, camiñar nesa dirección.
Cústanos perdoar. Cústanos mirar con bos ollos cara ós que non se comportan como cremos nós que se deberían comportar. A dificultade ou o problema radica en que para sermos amorosos, comprensivos, compasivos, etc., precisamos de experiencias fondas de como son as cousas, sobre todo de como é ese Deus do que todos procedemos. Xesús tiña unha fonda e moi íntima experiencia do seu Pai Deus, para quen Xesús era o seu “Fillo benquerido”. Xesús sabíase fillo especialísimo de Deus e irmán ó mesmo tempo de todos e de todas. Esa experiencia capacitaba a Xesús para se comportar da maneira como sempre se comportou. Xesús creaba ámbitos de amor e de liberdade. A “muller pecadora”, que nos presenta Lucas, respirara xa esta atmosfera amorosa de Xesús antes do seu encontro con el na casa de Simón. Sabía quen era el e como se comportaba. Estaba segura de que Xesús non rexeitaría o que ela ía facer con el. E acertou. Porque o amor sempre acerta. O amor e a confianza que espallaba Xesús, por onde queira que ía, fixeron que esta muller tivese así unha fonda experiencia de Deus. Por iso se sentía ela perdoada, antes incluso de que Xesús lle dixese formalmente que os seus pecados lle estaban perdoados. Por que? Porque ela amaba xa en Xesús a Deus. Coméntallo ben claro Xesús a Simón, cando loa en presenza dela o seu amor e critica ó tempo indirectamente o pouco amor do seu anfitrión: “Moitos pecados se lle perdoaron a ela cando mostra tanto amor; a quen pouco se lle perdoa, pouco amor mostra”.
O amor crea amor, posibilita liberdade, fai xurdir fillos e fillas, non servos ou escravos. En cambio, a lei, as normas, sen o necesario ingrediente do amor, só poden crear espírito servil, angustiado, temeroso. A lei non fai fillos ou fillas senón mecanos ou robots, non persoas. E Deus Pai quere ter fillos adoptivos, á semellanza do seu único Fillo benquerido, Xesús. Na carta ós Gálatas dínolo Paulo ben claro: “sabemos moi ben sabido que ninguén se xustifica polas obras da Lei senón pola fe en Xesús Cristo”.
Esta fe en Cristo -engado agora xa eu- significa fe no amor, na compaixón, na liberdade que Xesús nos anuncia a todos, como efecto e resultado da súa experiencia e da súa intimidade co seu Pai Deus. Esta fe concreta no Deus de Xesús é a que redime e libera tamén a “muller pecadora”. Unha fe que fai desaparecer os pecados, á maneira como a calor do sol fai derreter a neve. Tal como lle di Xesús: “Salvoute a túa fe, vai en paz”. O apóstolo Pedro facíase tamén eco deste comportamento de Xesús cando escribía na súa primeira Carta: “o amor cubre a multitude dos pecados”.
Como vedes, no evanxeo (é dicir, na boa nova) o amor ocupa sempre o primeiro lugar. O pecado queda sometido a el e desaparece automaticamente ante a súa presenza. Xesús convértese así verdadeiramente en saudábel e reconfortante “camiño, verdade e vida” para nós, para todos.
*  (12 de xuño de 2016)
A vida de Xesús consistiu en sementar arreo vida e esperanza, devolvese ou non vida física, curase ou non fisicamente a unha persoa concreta. Non ten sentido pensar que Xesús tivese que se dedicar durante a súa estancia entre nós a curar ou lles devolver a vida a tódolos seus contemporáneos. El non veu cambiar os procesos normais e naturais da vida humana que Deus mesmo dispuxo. Tampouco o seu Pai-Deus o liberou a el, a Xesús, das dores da súa inxusta paixón ou da súa morte na cruz.
O que si fixo Xesús foi realizar algún sinais sorprendentes, que nos puxeron de manifesto que Deus é esencialmente Vida e que todos nós estamos tamén destinados a unha vida que empeza, pero que, pese a tódalas aparencias, non rematará en definitiva endexamais.
Deixando de lado as diversas curacións realizadas por Xesús das que nos falan os evanxeos, no que se refire ós relatos de resurreccións realizadas por el, os evanxelistas só nos falan en realidade de tres casos: o da resurrección de Lázaro (descrito só por Xoán), o relato da volta á vida da filla de Xairo (descrito por Marcos, Mateo e Lucas, pero non por Xoán) e, por último, o relato que acabamos de recordar hoxe no evanxeo: a resurrección da  filla da viúva de Naín (do que nos fala Lucas, e nada máis ca Lucas).
Son tres sinais, tres pequenas mostras simbólicas, nas que Xesús, en continuidade coa súa mensaxe xeral de vida, nos quere manifestar o misterioso segredo da nosa vida neste mundo e no vindeiro. Por medio de Xesús maniféstanos Deus Pai, polo tanto, como é el mesmo, como é Deus. Por medio das obras de Xesús e tamén dos seus ditos. Algunha vez nos di, por exemplo, Xesús que Deus non é “un deus de mortos, senón de vivos, porque para El todos viven”.
Esta íntima relación de Deus coa vida maniféstase tamén, consecuentemente, na compaixón que Xesús exerce con cantos se ven afectados polo sufrimento ou pola morte dos seus seres queridos. Deus amósasenos así en Xesús como un Deus que é esencialmente achegado a nós, próximo, “salvador”, non castigador ou condenador. Deus é un Deus compasivo e misericordioso. Un Deus que sabe “padecer con”, que sabe “compadecerse”.
Así procede Xesús con esta pobre nai e viúva de Naín, que está a acompañar xunto cos seus veciños o seu único fillo defunto, un rapaz noviño, cara á sepultura. Xesús non pode menos de se compadecer e achegar a esta sufrinte muller para lle dicir, de todo corazón, e non coma un simple cumprido: “Non chores”.
Hoxe en día están a poñer de relevo diversos teólogos esta decisiva face compasiva, sandadora, curadora de almas e de corpos de Xesús, en canto manifestación do que Deus mesmo é. Que queren dicir estes teólogos coa importancia que lle dan a Xesús como curador e sandador, como compasivo e misericordioso?
Porque Xesús curaba, si, pero non a todos nin por todas partes. Seguía a haber xente enferma e xente que morría. Mais Xesús vén indicarnos co seu comportamento cómo é Deus e como deberiamos polo tanto comportarnos os seus discípulos. Xesús non se preocupou propiamente de proporcionarnos unha moral especial. Nin estableceu ritos ou cultos novos. Non fundou tampouco neste sentido, estritamente, unha nova relixión. O que si vai facer, e de maneira moi insistente é mostrarse compasivo coa xente, atender a todos, escoitar a todos, apoiar os humildes e necesitados para que saiban sentir en si mesmos a dignidade de fillos de Deus. Todo isto de maneira moi concreta e real. Por aquí semella tamén querer camiñar decididamente o noso novo papa Francisco, como exemplo e convite para todos nós.
Sendo e comportándose deste modo Xesús, móstranos nidiamente como é o seu Pai e o noso Pai e lévanos así a el. Porque Xesús non é un simple filántropo, baseado en consideracións puramente humanas. El sabe que o Reino que el nos trae está baseado na fonda experiencia súa de que Deus é Pai universal de todos, que nos quere ben a todos e, de maneira moi especial, os máis pobres e necesitados, coma esta pobre viúva que sofre tanto no seu interior ante o que lle está a acontecer.
O “non chores” que lle di Xesús á viúva de Naín encheuna a ela de vida e de esperanza. Podemos dicir que a resucitou a ela antes, en certo modo, que ó seu fillo. Porque o Xesús que dixo tantas veces de si mesmo que é “Vida” (tal como recordabamos no anterior domingo, festividade do Corpo e Sangue de Cristo), non sabe facer outra cousa senón contaxiar vida e esperanza. E se el ”com-padece”, entón o peso do sufrimento da compadecida muller faise menor, porque a carga da dor repártese entre os dous. Por iso son “simpáticos” aqueles que saben compadecerse sinceramente dos demais, interesándose polos seus problemas e dificultades para lles poder ofrecer a súa axuda. Os “simpáticos” son os que practican a “sim-patía”. E esta palabra procede directamente do grego que literalmente habería que traducir como “com-paixón”. A palabra “compaixón” vén do latín, pero o seu significado orixinario é o mesmo que a palabra “simpatía” de orixe grega. De modo que se queredes ser verdadeiramente simpáticos, tedes que ser compasivos.
O contrario dos “simpáticos” son naturalmente os “antipáticos”, é dicir, os non compasivos, aqueles ós que non lles importan ren os demais e que non falan máis ca de si mesmos e do moi importantes e grandes que se imaxinan ser.
Se queremos ser verdadeiramente grandes, temos que unirnos e xuntarnos ós demais, participando, coma Xesús, dos seus sufrimentos e tamén das súas alegrías. Non hai outro camiño para a vida e para a salvación, alomenos para un cristián, senón o de practicar esta “compaixón”, esta “simpatía”. Tal e como nolo aprendeu Xesús.
* (5 xuño 2016)
No pasado domingo celebramos a festa da Santísima Trindade, na que reflexionabamos sobre o significado desta festa como revelación de Deus a nós do que El mesmo é: un Deus que, desde sempre, é un e trino, unido e diferente en si mesmo. Un Deus que quere comunicarse a todos nós e facer de nós, en comuñón con El, algo semellante ó que El mesmo é: unha soa e incomparábel familia. Unha familia, na que esteamos todos unidos entre nós e con El polo amor, manténdonos todos e cada un autónomos e libres, é dicir, diferentes.
Ó celebrarmos agora a festa do Corpo e do Sangue de Cristo, non podemos esquecer este contexto xeral grandioso do que Deus mesmo é. Como sabemos, a meirande expresión da relación de Deus con nós é o feito de que El se fixo humano en Xesús, o seu Fillo encarnado, cun corpo igual ó noso.
Pois ben, con este Xesús visíbel, audíbel e tanxíbel estiveron en contacto directo os seus apóstolos. Por iso son eles para nós as verdadeiras testemuñas de Xesús e tamén polo tanto de como Deus é. Os que viñemos ó mundo despois deles, temos tamén a posibilidade de relacionármonos de maneira especial con Xesús e, a través del e nel, co Pai e co Espírito Santo. Esta é a fonda mensaxe da festa de hoxe, a do Corpo e Sangue de Cristo.
Porque na eucaristía entramos en contacto especial con Deus. E isto ocorre de dúas maneiras fundamentais:
A primeira é cando escoitamos comunitariamente a palabra de Deus. Ben sabemos o agradábel que nos resulta a todos cando alguén nos dirixe amigabelmente a palabra. E tamén como nos doe cando algún coñecido noso pasa ó noso lado sen dicirnos ren. Medramos e fortalecémonos internamente coa palabra e cos agarimos dos demais. Pois ben, Deus diríxenos a súa palabra amorosa de xeitos moi diversos. A través da nosa propia conciencia, dos bos exemplos que recibimos dos demais, a través da palabra súa que se nos fai presente nos relatos evanxélicos. Neste senso, a palabra de Deus é para nós verdadeira comida. Porque nos alimenta e nos dá azos, porque nos ofrece un sentido para a vida, porque nos fai vivir con plenitude.
A segunda maneira de entrarmos en contacto con Deus nos nosos encontros semanais na igrexa é a comuñón eucarística. Cando facemos iso, sabemos que non realizamos un rito baleiro. Pola palabra de Deus, na que cremos, somos conscientes de que na comuñón do “corpo de Cristo” recibimos un incríbel impulso vital e vitalizador. Xesús definiuse a si mesmo moitas veces como “Vida”: “En son o camiño, a verdade e A VIDA”. “Eu son o pan VIVO”. “Se alguén come deste pan, VIVIRÁ para sempre”. “O pan que eu darei é ... para a VIDA do mundo”. “Quen come a miña carne e bebe o meu sangue, TEN VIDA ETERNA E EU RESUCITAREINO no derradeiro día”. “Quen come este pan VIVIRÁ para sempre”.
Concretamente, na segunda Lectura de hoxe lémbranos Paulo na súa carta ós Corintios os acontecementos da derradeira Cea do Señor, cando Xesús lles di ós Apóstolos: “Isto é o meu corpo”, “Isto é o meu sangue”. Trátase dun corpo e dun sangue que, tal como lles di Xesús, “se entregan por vós”. Nas nosas eucaristías é iso o que comunitariamente intentamos facer: “lembrármonos”, como nos pide o mesmo Xesús, desta súa entrega total a nós para que pola nosa parte fagamos nós o mesmo con todos. Esa era tamén a intención, convertida en pedra, da escultura da “Derradeira Cea” que temos aquí diante, realizada por Xoán Piñeiro Nogueira, nado preto de aquí, en Cangas, ó outro lado desta nosa fermosa ría de Vigo: facernos artisticamente presente a derradeira mensaxe de Xesús.
Esta festividade ten que ser, pois, para nós unha nova e especial ocasión de agradecermos a Deus pola súa xenerosidade infinita. Un Deus que se entrega a nós e se deixa comer por nós para que así poidamos participar nós da súa forza e da súa vida.
Hoxe en día instrúennos de cando en vez os especialistas e os medios de comunicación sobre os alimentos que cómpre comer ou deixar de comer para mantérmonos en forma e para alongar o máis posíbel a nosa vida ou, como se di, a nosa calidade de vida. Todo iso está moi ben, aínda que sabemos que por moito caso que lles fagamos a esas recomendacións, o problema principal, a posibilidade de vivirmos sempre, non nola resolven.
En calquera caso e en canto cristiáns temos que saber proclamar e ofrecer tamén os nosos produtos, a nosa propia dietética. Que consiste, en definitiva, en anunciarmos e vivirmos ó tempo en nós mesmos a Cristo como “Vida”, como dador de vida, dunha vida sen data de caducidade, porque é eterna.
Unha forte crenza na vida, por outra parte, que ten que se amosar no noso interese pola vida de todos, de maneira especial pola daqueles cos que convivimos e que poden precisar da nosa axuda. Axuda material e espiritual, proporcionando amor, acompañamento humano e tamén os medios materiais que lles poidamos ofrecer. Por iso, esta festa eucarística ha ser sempre unha festa non só íntima ou devota, senón tamén e sobre todo social e comunitaria. Para que así como Deus nos ofrece e nos dá a súa vida a cada un de nós, así tamén deamos nós algo polo menos da nosa vida, do que somos ou temos, ós demais.
Todo isto é o que está tamén no fondo da mensaxe da “multiplicación dos pans e dos peixes” do evanxeo de Lucas. Tivo que se tratar dun acontecemento bastante especial ou rechamante para que os catro evanxelistas falen del (Mateo e Marcos falan del incluso dúas veces). Da escena da multiplicación dos pans e dos peixes podemos deducir que Xesús quere e busca de verdade a nosa felicidade, material e espiritual. Unha felicidade total e compartida. Non pode ser que só uns poucos vivan felices e contentos mentres que os demais teñan que pasalo moi mal para acadaren o que precisan tanto eles mesmos coma os que teñen ó seu coidado.
Todo isto temos que telo en conta cando celebramos a festa do Corpo e do Sangue de Cristo. Porque “corpo de Cristo” son tamén, e de maneira moi especial, os pobres e necesitados. De maneira que comulguemos así non só co corpo eucarístico de Xesús, senón tamén cos corpos famentos e necesitados que existen en tantas partes do mundo e que nos fan presente a ese Xesús, fillo benquerido de Deus, que decidiu identificarse con eles.
Por iso a esta festividade do Corpo de Cristo está tradicionalmente asociado o Día da Caridade, como ocorre hoxe. Queiramos, pois, os demais como o Deus de Xesús quere a todos e de maneira especial ós seus fillos e irmáns nosos máis necesitados.
*  (29 maio 2016)