É sabido que no transcurso do período republicano (1931-1936), tivo lugar a primeira (case poderíamos dicir que a única) tentativa en España de separar o Estado da Igrexa Católica. Unha das medidas que se tomaron daquela, foi a de eliminar o control que sobre os cemiterios mantiña o clero católico, para garantir que calquera persoa puidera ser enterrada con dignidade dentro dos recintos funerarios, con independencia das súas crenzas e ideario. Tratábase, pois, de impedir a vergonzosa práctica de soterrar aos ateos e aos seguidores da relixión protestante en campo aberto (“coma os porcos”, segundo se dicía naquela época), ou nos recunchos excluíntes e insalubres que levaban a denominación de “cemiterios de disidentes”.
En Cerdedo, como en moitos outros lugares do Estado español, as necrópoles levaron durante aquel breve período o rótulo de “cementerio municipal” en troques de cemiterios parroquiais, para escándalo de cregos retrógados. Entre eles, mesmo houbo ún, falamos do abade de San Martiño, que, ademáis, fixo todo o posible para impedir a construcción dun novo camposanto fora do entorno da igrexa parroquial. Daquela, o enfrontamento entre o párroco Manuel López Vizcaíno, de ideoloxía carlista, e os integrantes da “Sociedad de Agricultores y Obreros `El Trabajo´” de Figueroa, adherida á CNT, non deixou de carrexar tráxicas repercusións para estes últimos no intre do golpe militar de xullo de 1936.
A presión da Igrexa Católica para perpetuar o seu influxo tanto na vida como na morte das persoas, fixo dificultosa aquela mudanza decidida polas Cortes republicanas, de maneira que cada enterramento civil (ou sexa, sen a presencia de sacerdote no intre da defunción e sen simboloxía relixiosa nin no enterro nin na sepultura) era considerado como un acto cívico que reafirmaba o réxime de liberdades públicas recén instaurado no 14 de Abril de 1931, e daba lugar a verdadeiras manifestacións cidadáns.
Ate hoxe ten chegado a memoria de, cando menos, tres enterramentos civís no Concello de Cerdedo na etapa republicana. O máis discreto, por ser o dun meniño, tivo lugar, precisamente, en San Martiño na persoa dun fillo de Benigno Simal Penelas, membro destacado da “Sociedad `El Trabajo´”. Anos andados, Benigno tivo que marchar a Arxentina fuxindo da barbarie falanxista e alí morreu sen voltar á súa terra. Aínda hai quen lembra, tamén, o enterro en Pedre dun veciño de Vichocuntín, que retornara como tantos outros do Brasil con ideas espiritistas e insistira en que quería enterro sen cura; desta volta, o acto foi multitudinario e contou coa asistencia de varias sociedades da “Federación de Agricultores y Obreros de Cerdedo” cos seus estandartes e coas súas bandeiras.
Mais o que sí resultou un verdadeiro acontecemento e como tal recolléuno o xornal vigués “El Pueblo Gallego” correspondente ao primeiro día de novembro de 1932, foi a procesión cívica alentada polo enterramento laico dun vello republicano de Castro: José Gómez. Alí, no adro da parroquial de Santa Baia, e con presencia de mil e pico cidadáns procedentes de diversos lugares do Concello (tamén de Presqueiras, Caroi, Sabucedo e San Isidro) convocados por un feixe de entidades republicanas, socialistas e agrarias, o destacado militante do PSOE e benquerido mestre de Cerdedo, Francisco Varela Buela, dirixiu a palabra aos asistentes para dar o derradeiro tributo ao finado correlixionario. Daquela, “Don Paco” rematou o seu discurso cun fermoso canto á República e “hizo resaltar la importancia del laicismo del Estado, único medio de ejercer los ciudadanos con libertad de conciencia sus ideales”.
Se cadra, as palabras daquel recoñecido ensinante posteriormente perseguido e represaliado polos franquistas, teñan aínda hoxe moita razón e sentido.
Publicado no Boletín “Verbo Xido2, nº 10, maio 2005
Por riba dos penedos da Porta do Alén, as nubens empedran o ceo coas historias do Seixo.
O can de Cernadelo
Cinco casas abertas tiña, daquela, Cernadelo, terra de patacas e augas abondosas, tanto como as visitas do xabarín e, ás veces, as do lobo. Un mal día, morreu xa maior un dos veciños, deixando sen sustento e sen amo un can impoñente, protexido por un colar de coiro e pugas.
Día tras día, o can tornaba daquela casa valeira. Unhas veciñas que ían e viñan a Pontevedra, deixábanlle un saco de pienso para que non morrera de fame e, compadecidas do seu abandono, dábanlle agarimos. Contaban que, cada vez que retornaban a Cernadelo e o can ía ao seu encontro, aquel animal choraba de certo.
Aos poucos, as mulleres foron espaciando as visitas á casa matriz por causa dos achaques ate que, un día, non voltaron máis.
Casas pechadas en Cernadelo; noites desoladas nas que oubea un can.
En salvaxe compaña
Disque o amor move montañas, malia que no Seixo mellor sería dicir que as traspasa. De Cernadelo a Chamadoira, noite si e outra tamén, un mozo alumea o camiño das bestas co fachuco, pensando na rapaza que agarda na palleira.
De súpeto, decátase de que non anda só: por acá e por acolá sínte folguexar e, mesmo, pode imaxinar os ollos acesos da manada.
Mentres avanza acompañado entre uces e penedos estremecidos, desconfía de como saír desta mala partida.
Non houbo tal: os lobos tan só déronlle escolta ao seu devezo e chegou sen mal a Chamadoira.
Anos andados, baixo o trebón da guerra, aquel mozo socialista de Cernadelo aprendeu que, nesas mesmas paraxes do Seixo, o home resultou ser máis fero que o lobo.
Furados
Tal que os montes veciños de Beariz ou Cachafeiro, pola banda de Presqueiras as abas do Seixo están inzadas de pequenas minas de estaño e de wolfram.
Velaí os vellos galpóns da “Estañífera Gallega” e a canle feita por uns ingleses, seica para conducir a auga precisa para os lavadoiros. Tamén, a lembranza das xentes adicadas á roubacha nas escombreiras naqueles anos famentos da posguerra; a presenza dos traficantes de mineral na vila de Cerdedo....
Sen que ninguén a recolla e acariñe, a memoria esvaece.
Patrimonio estragado
Camiños do Seixo rebentados polos artiluxios “todo terreo”.
Muíños da Cavadosa, socavados hai un lustro por unha chea do río do Seixo, hoxendía esnaquizados sen remedio.
Ao seu carón, a serra hidráulica, noutrora intacta, en perigo de desfeita.
Río abaixo, a ponte “romana” deturpada polo formigón e o desleixo de uns e outros.
Vanas promesas do alcalde “vello” e menosprezo mercantilista do alcalde “novo”: ¿na mesta “noche ibicenca” do 4X4  e dos noxentos xogos de guerra, qué futuro para o que foi fermoso e útil noutrora?.
Rebeldes e perseguidos
Disque o mítico canteiro socialista de Presqueiras, Alfredo Iglesias, adoitaba facer xuntanzas clandestinas na campa de Santa Mariña alá polos tempos da Ditadura de Primo de Rivera.
Cando a guerra, outro socialista cerdedense, José Torres, andivo días fuxido polo Seixo; cando baixou á vila para facerlle unha visita á muller, alguén avisou aos falanxistas que o cazaron metido na cambota da cheminé.
Naquel verán do inferno, un republicano perseguido chamado Severino Bugallo, liscou de Cerdedo e deambulou pola Chamadoira, por Limeres e polo monte arriba; alí, entre unhas rochas, deixou agachado o “ferro” antes de marchar para América.
Tempos andados, no devalo dos anos 40, o Seixo debeu ser transitado polas partidas guerrilleiras de “Foucellas” e do “Xanote”, como rota de paso entre as terras de Rivela, na Estrada, os outeiros de Casetas e Cachafeiro no concello de Forcarei, e o concorrido agocho de “Covaladróns”, encanfurnado entre os montes de Pedre e Limeres.
No Seixo, veñen a rebolo as nubens e as historias......
Publicado en Solla, C. “Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica”, Ed. Cardeñoso, Vigo, 2007.
Hai poucos días, mercé aos bos oficios do director do Museo do Pobo Galego, soubemos da existencia desta publicación no fondo que alí deixou D Antonio Rodríguez Fraiz. E abofé que pagou a pena a lectura dos 11 exemplares que alí se conservan, para coñecer algúns detalles sorprendentes do potente agrarismo de carácter socialista que encabezou a rexa figura do canteiro de Presqueiras, Alfredo Iglesias. Porque, ¿hai alguén que lembre hoxe que nas eleccións municipais do 1 de Abril de 1922 , Forcarei foi o único concello do Estado español presidido por un socialista, chamado Saturnino Monteagudo?. ¿E que ao devandito faltoulle tempo (tres meses) para virar a chaqueta e pasarse con parte dos seus correlixionarios ao cacique Riestra?. Daquela quedaron como minoría no Concello tres socialistas (Iglesias, Valiñas e Campos) e, outra sorpresa, nada menos que un concelleiro comunista da Magdalena, José Taberneiro. A polvoreira que a actitude de Monteagudo levantou na “Federación de Agricultores y Oficios Varios” de Forcarei, composta por 10 sociedades influenciadas polo ideario socialista e, en menor medida, polo comunista, foi de campionato: puxéronlle de alcume “Mata la burra””e por cantarlle o conto nos fuciños, Monteagudo meteu no xulgado a un fato de mulleres de Soutelo que, se coñece, daquela xa eran ben destemidas.
“Acción Social” exerceu de voceiro da Federación ata o 31 de Maio de 1924 baixo a dirección de José Mª. Cabadas y Villar, secretario da “Sociedad de Agricultores `Defensa y Justicia´” de Millerada e o apoio dos emigrantes da Terra de Montes nos EEUU e na Arxentina que, por certo, editaban outro voceiro denominado “Umia y Lérez”. Logo, desapareceu forzosamente a mans da Ditadura de Primo de Rivera, cando Alfredo Iglesias xa tomara camiño dos EEUU, empurrado pola falla de liberdade imperante.
Polo contido do periódico, sabemos das concurridas celebracións do 1º de Maio de 1923 con xira e mitin na carballeira das Casculliñas en Quintillán, onde o coro feminino de Soutelo entonou con grande éxito nada menos que “La Marsellesa” e “La Internacional”. Baixo os carballos, ergueran as súas bandeiras as sociedades de Forcarei, Soutelo, A Magdalena, Millerada, Dúas Igrexas, Meabía, Pereira e Quintillán, mentres que os agrarios de Presqueiras celebraran o seu mitin na Casa do Pobo do lugar xunto cos de Pardesoa: naquela tribuna roxa, logo da rotunda intervención de Alfredo Iglesias na que solicitou a abolición foral, sonaron outra volta as notas da Internacional, agora a cargo do orfeón infantil de Presqueiras....¿Vivirá aínda algún daqueles rapaciños?.
Finalmente, “Acción Social” recollía nas súas páxinas algúns detalles de modernidade para aquel tempo, como o feito de escribir unha moza de Presqueiras, Dolores Cendán, botando pestes do transfuga Monteagudo, ou a presencia do galego nas colaboracións de Manuel Martínez Díaz e nos poemas “O Galo Negro” e “A Man Segreda” da feitura de Ramón Cabanillas.
En definitiva, “Acción Social” deu conta do dinamismo e a rebeldía dunha cidadanía que naqueles tempos espertaba na Terra de Montes e hoxe semella unha especie en perigo de estinción.
*Boletín Verbo xido, nº3, decembro de 2002.
Como é sabido, no presente ano celebrase o centenario do nacemento, alá polas terras lucenses do Concello de Ribeira de Piquín, de Aníbal Otero Álvarez (Barcia, 1911- 1974), pioneiro da linguística galega ao tempo que unha magoada vítima máis do funesto golpe de estado do 18 de xullo de 1936. Non é moi coñecida a breve pero intensa relación de Aníbal coa Terra de Montes, un vincallo lembrado máis que nada polas súas achegas ao estudo do verbo, a lingua dos arghinas, pero que conta con outros episodios esquecidos dos que pretendemos dar conta eiquí e agora.
Tal e como o recolle Xesús Alonso Montero na súa recente obra “Aníbal Otero. Linguística e política en España na Guerra Civil e no franquismo” (Ed. Xerais, 2011), a devandita relación comeza, que nós saibamos, coa presenza daquel peripatético e concienciudo linguísta no Concello de Cerdedo no outono de 1935, coa teima de cubrir o cuestionario do Atlas Linguístico da Península Ibérica impulsado polo “Centro de Estudios Históricos”, dependente do Ministerio de Instrucción Pública da IIª República.
Naquela altura, Otero xa levaba máis de un ano percorrendo Galicia de norte a sur, enchendo en cada localidade das 53 que elixiu dous cadernos de feitura oficial, un de fonética e outro de vocabulario.
Daquela, no 23 de outubro do ano en cuestión, o investigador achegouse á case que illada parroquia de San Pedro de Parada para entrevistar a un dos seus 125 habitantes, o señor Severino Vidal Beiro, de 63 anos, labrego e antigo emigrante en Brasil, Cuba e no Concello leonés de Cabrillanes, onde traballara canda outros conveciños cerdedenses nas minas de carbón da conca do Laciana. E naquela exhaustiva enquisa, que hoxe está custodiada con agarimo polo filólogo Antón Santamarina no Instituto da Lingua Galega, o Sr. Severino agasallou a Otero non só cunha chea de verbas e frases propias da contorna, tal que a expresión “corren os surros” empregada noutrora cando chovía a cachón e as augas pluviais limpaban os camiños inzados de estrume, senón que engadiu informacións de relevancia etnográfica tal que as lambetadas propias da zona, caso da vincha, as filloas de sangue e as torradas de manteiga molladas en viño.
Nove meses despois, virá o trebón. Nese intre, Aníbal Otero, que remataba os derradeiros cuestionarios recollidos polo Norte de Portugal, foi detido en Valença do Minho, acusado de espía pola policía portuguesa ignorante do significado das transcricións fonéticas incorporadas nos seus cadernos e devolto ás novas autoridades españolas pola Ponte Internacional de Tui. Condenado á cadea de por vida nun Consello de Guerra, Otero comezará o seu calvario persoal por distintos penais: Tui, Vigo, Illa de San Simón, Burgos e, ao cabo, a Prisión Central de Figueirido, de onde sairá mediado o ano 1941.
Precisamente na Colonia Penitenciaria do antigo Lazareto de San Simón, na que ingresará o 27 de setembro de 1937, terá Aníbal Otero o seu reencontro con xentes da Terra de Montes. Alí, como apunta Antón Santamarina(1), no transcurso do mes de outubro Otero aproveitou o tempo estancado dos penados para encher un sinxelo caderno escolar cun vocabulario do verbo dos canteiros de Presqueiras composto por 414 entradas, acompañadas por dous textos redactados en arghina. Naquel improvisado soporte, Aníbal non deixou constancia de quen fora o seu informante, mais agora sabemos polas listaxes de presos naquel illó fornecidas polo investigador Gonzalo Amoedo, que o único veciño de Presqueiras alí encanfurnado non foi outro que o canteiro Alfredo Iglesias Álvarez, senlleiro cadro do PSOE pontevedrés e antigo tenente de Alcalde do Concello de Forcarei, natural de Alfonsín, lugar de Santa Mariña de Presqueiras.
Alfredo, fora detido o 22 de xullo de 1936 en Codeseda (A Estrada), onde traballaba como contratista no vial de Vilapouca, e vira moi comprometida a súa situación na cadea de Pontevedra tras as acusacións deitadas polo párroco falanxista da Magdalena (Soutelo de Montes) Aquilino López Picón, que, de xeito inaudito, comandara á brava o asalto ao seu domicilio de Alfonsín levado a cabo por un remuíño de gardas civís e membros da Garda Cívica de Forcarei, na procura de probas de cargo. Semellante “razzia”, deu como resultado a incautación dun carné de cando andara, alá polos anos 20, Alfredo emigrado nos EEUU, afiliado á Masons´ Union (Unión de Albaneis) integrada na central sindical International Working & Ove Book, así como un escrito datado en xaneiro do ano 1932 asinado por numerosos veciños da súa parroquia, pedindo a clausura temporal da igrexa de Santa Mariña mentres non se reparara o tellado, pois estaba en mal estado e xa caera enriba dos fregueses en plena Misa.
Daquela, obra e graza da mala entraña do cura Aquilino de infausta memoria na zona, no sumario do Consello de Guerra o carné sindical mudou en carné “masónico” e o inofensivo escrito nunha instigación en toda regra a clausurar as igrexas e a erradicar a relixión no que noutrora fora solar dos Churruchaos.
En definitiva, Alfredo Iglesias zafará por pouco da morte mercé o testemuño favorable doutro crego, o benquerido abade da súa parroquia e canteiro vocacional Manuel Fraíz Garrido (alcumado “O Morrón”, debido ao seu devezo polo arghina), e dalgún veciño solidario caso de quen ocupara a alcaldía de Forcarei durante boa parte da República, o avogado Sabino Mariño Pereira. O veredicto daquel xuízo-farsa foi, porén, reclusión a perpetuidade, condena que o canteiro de Presqueiras comezou a cumprir na Colonia Penal de San Simón a partir do mes de febreiro de 1937. Alfredo Iglesias estivo naquel esfameado e húmido presidio ata mediados de outubro do mesmo ano, polo que con toda seguridade coincidiu un tempiño con Aníbal Otero; o xusto para servirlle de guieiro nos segredos do latín dos canteiros. Despois, Alfredo continuou o seu adoecido roteiro penitenciario: o Cuartel de San Cristóbal, perto de Pamplona; o sinistro Penal do Dueso, en Santoña; un batallón de traballadores en Villablino e de novo Santoña, de onde sairá en liberdade vixiada en agosto de 1943 á idade de 60 anos, sen traballo e case na miseria2. Non merecería tan sequera un recordo e unha homenaxe pola nova Corporación municipal de Forcarei?. Facemos votos por que así sexa.
Aínda habería un terceiro e último acto do itinerante vencello de Aníbal coa Terra de Montes: en marzo de 1941, perante a súa estancia no Cuartel de Artillería de Figueirido agora transmutado en penal, recolleu en tres cadernos un Vocabulario gallego comparado, froito das súas enquisas entre compañeiros de prisión orixinarios de 43 localidades galegas, entre elas Cerdedo. Da quincena de veciños do Concello que daquela aínda penaban en distintas cadeas, descoñecemos cal deles informou a Aníbal Otero de expresións tal que “alto coma un laral”, ou adxectivos coma reberte para definir rapaces travesos, randas e fedellos. Son palabras que hoxe están case que tan esquecidas pola veciñanza, coma a “memoria dos vencidos” cerdedenses por parte dos actuais mandatarios municipais; recuperalas, ten un significado compartido e xusticeiro: enfeitar a nosa lingua ao tempo que dedicarlles un librepensamento aos que arelaron liberdade e riqueza compartida para as súas vidas e, só por iso, foron represaliados de maneira implacable.
* Publicado en A Xanela, Revista Cultural das Mariñas, nº 31, Betanzos, primavera 2011.
(1) Santamarina, A. “Contribución de Aníbal Otero a un vocabulario do "verbo" dos canteiros de
Pontevedra”, en Boullón Agrelo, A. I. (coord.) “As tebras alumeadas: estudos filolóxicos
ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo”, Santiago, 2005.
(2) Ver Causa 525/1936, Tribunal Militar IV, Terra. Algúns autores, en ausencia de fontes rigorosas,
esquecen de xeito interesado o seu periplo carcerario e atribúen a Alfredo Iglesias un imaxinario exilio
nos EEUU tras o golpe militar; ver Barreiro, X. L. “Facendo historia sen fontes: os canteiros da Terra de
Montes”, en Revista Cotaredo, nº 4, Forcarei, 2001.