O acto terá lugar este venres, 24 de outubro, ás 20:00 h no MOME da Estrada, organizado pola Asociación Cultural Vagalumes.
David Otero Fernández, poeta cun profundo compromiso coa lingua e a cultura de Galicia, amplía a súa xa extensa produción literaria —que abrangue poesía, narrativa e ensaio— cunha obra que convida á reflexión e á conexión coas emocións máis profundas. Otero, autor de títulos como Para iso está o futuro (Fervenza, 2003) e A Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración (Laiovento, 2008), é unha voz poética esencial na literatura galega contemporánea, destacando pola súa fonda conexión coa identidade do país.
O acto de presentación contará coa participación de destacadas figuras do ámbito cultural e social:
- Clara Iglesias (Presidenta de A. C. Vagalumes)
- Marcos Borraxeiros (Historiador e membro de A. C. Vagalumes)
- Mencía Vidal (Graduada en Dereito)
- Anabel Montoto (Ilustradora e Deseñadora Gráfica), responsable da parte visual do proxecto.
- E o propio autor, David Otero.
A Asociación Cultural "Vagalumes" anima a toda a veciñanza, amantes da literatura e representantes dos medios a asistir a este evento cultural que afonda no valor da poesía e na defensa da nosa lingua.
Haz clic aquí para editar.
Feed RSS
