Ás 12:00 h. no Pico Sacro
LECTURA DO ALBA DE GLORIA DE CASTELAO,
un dos textos máis fermosos da literatura galega e que o noso grande político e artista escribe estando xa exiliado en Bos Aires.
Lembramos así a subida a este monte de Castelao e un grupo de amigos seus, algúns membros das Irmandades da Fala e, asemade, os 75 anos da súa morte.
PROGRAMA da lectura do ALBA DE GLORIA
12:00h.: Benvida e intervención de Manuel Rey profesor e estudoso da figura de Castelao.
12:30h.: Subida ao último treito do cumio do Pico Sacro con parada na capela. Xa no petouto, as AC. Vagalumes, AC. O Galo e varias asistentes, lerán Alba de Gloria de Castelao.
13:30h.: Baixada con parada para ver a chamada cova e a rúa da Raíña Lupa.
15:00h. aprox.: Xantar de convivio no val do Ulla. O lugar depende da climatoloxia e cada quen levará a súa comida, bebida e os aparellos necesarios.
17:30h. aprox: Saída para Compostela para ollar, no salón Fonseca da USC, a exposición Traxes e colores de Galiza. Identidade Nacional nas artes Plásticas de Castelao, mostra comisariada por David Quiñones e promovida por pola Asociación Etnográfica Sete Espadelas, con motivo do 75 cabodano do pasamento de Castelao.
RSS Feed
