Hoxe percorremos a Estrada na compaña de Manuel María, facendo oír os seus poemas nos recantos da nosa vila, no seu pequeno comercio, na súa hostelería, escollendo algúns destes establecementos representativos para que a beleza das relacións humanas que facilitan os lugares de encontro directo entre descoñecidos que neste tipo de locais acaba facendo amizade e veciñanza.
0 Comments
O próximo sábado, día 7 de maio, a AC Vagalumes dará comezo aos actos de celebración do Día das Letras, en que se conmemora a figura e a obra do escritor Manuel María, coñecido e recordado especialmente como grande poeta, aínda que tamén cultivou a narrativa e o teatro. Constitúe unha referencia imprescindíbel no panorama literario da segunda metade do século XX, pola amplitude dos seus rexistros, das súas propostas e da súa temática: intimismo, paisaxismo, socialrealismo, defensa da lingua… Desde o existencialismo e o pesimismo inicial camiña cara o compromiso coa realidade social e co seu pobo, tendo sempre como eixo de todo o seu mundo poético a tarefa de construción e reivindicación da patria.
Queremos achegar Manuel María ás rúas da Estrada, aos comercios e ás cafeterías, porque a rúa, o contacto coa xente, é o lugar que lle corresponde a un poeta que entendeu a poesía como instrumento de transformación social. Por iso, realizaremos un paseo poético con Manuel María, que comezará o sábado 7 ás 11:00 h. da mañá. O poeta visitará os seguintes establecementos: libraría Marxe, cafetaría Alameda, zapatería A Esquina, moda Treixa, zapataría Xove by Moksin, galerías San Antón, cafetaría Andalucía, tecidos Nobelo a Nobelo, taberna A Navegación, Innova Ópticos. Efectuarase en cada un destes lugares un breve recitado de textos do autor, que se gravará para, finalmente, editar un vídeo conmemorativo do acto. |
Colaboracións
Todos
Un proxecto de:Estamos en:Histórico
Septiembre 2024
Tabeiros Montes (Portal cultural de Tabeirós-Terra de Montes) de Asociación Cultural "Vagalumes" e Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial 4.0 Internacional. Con base nunha obra dispoñíbel en http://www.tabeirosmontes.com/. Os permisos alén do foco desta licenza pódense atopar en http://www.tabeirosmontes.com/colabora.html. |