Calros Solla
Simboloxía franquista en Cerdedo (III)
* Na parroquia de Pedre non se localizou ningún inmóbel sinalado con simboloxía franquista.
Simboloxía franquista na parroquia de Quireza
- Fonte pública de Cuíña
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Cuíña.
Coordenadas: X: 544.296; Y: 4.710.965
Inmóbel: Fonte pública con placa memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1949, cadrando coa alcaldía de Xerardo Lorenzo, o primeiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Fonte e pío. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Placa de mármore gris con inscrición.
Dimensións: 53 cm x 20 cm.
Texto e/ou emblema:
[Emblema de Falanxe (á esquerda)]
J.A.M. AÑO 1949,
SIENDO ALCALDE
GERARDO LORENZO
Accións pendentes: Retirada do elemento, destrución ou entrega á familia Lorenzo, no caso de que o reclamen.
- Fonte pública de Laxoso (fonte de Riba)
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Laxoso.
Coordenadas: X: 547.537; Y: 4.714.398
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, pío e lavadoiro. Na cabeceira da fonte talláronse o emblema de Falanxe (xugo e frechas) e debaixo as siglas J.A.M., acompañando a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada apegou unha lámina cun galo pintado. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas. En tempos da República, a aldea de Laxoso era coñecida pola “Rusia pequena”.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 32 cm x 18 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Laxoso (fonte do Medio)
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Laxoso.
Coordenadas: X: 547.605; Y: 4.714.350
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pía. No centro da cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Enriba do emblema riscáronse as siglas J.A.M. e debaixo, a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada pintou unha pomba da paz. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 41 cm x 26 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Laxoso (fonte de Baixo)
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Quireza.
Lugar: Laxoso.
Coordenadas: X: 547.644; Y: 4.714.292
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e pío. Na cabeceira da fonte talláronse o emblema de Falanxe (xugo e frechas) e debaixo as siglas J.A.M., acompañando a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No ano 2004, un veciño de Laxoso abuxardou o emblema de Falanxe (xugo e frechas). Enriba da superficie labrada pintou dúas margaridas. Así mesmo, resaltou con pintura branca a inscrición restante. Esta decisión causou malestar entre os veciños de dereitas.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 25 cm x 12 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M.
1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
* Na aldea de Tresaldeas (lugar da Xesteira) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro). Na pedra da cabeceira da fonte labrouse a inscrición “AÑO 1949”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* Na aldea de Tresaldeas (lugar dos Sieiros) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro). Na pedra da cabeceira da fonte labrouse a inscrición “año 1947”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
* Na aldea de Tresaldeas (lugar do Quinteiro) localizamos unha fonte (pío e lavadoiro cuberto) en cuxa pedra cabeceira se labrou a inscrición “AÑO 1947”. A data de construción non se acompaña de simboloxía franquista.
- Fonte pública de Barbeira
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Barbeira.
Coordenadas: X: 548.296; Y: 4.714.574
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte, bebedoiro e lavadoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas), flanqueado polas siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista. No arquivo do colectivo Capitán Gosende gárdase unha foto da fonte que data da súa inauguración.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 73 cm x 25 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M. [emblema de Falanxe] 1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.
- Fonte pública de Barbeira
Localización
Concello: Cerdedo.
Parroquia: Tomonde.
Lugar: Barbeira.
Coordenadas: X: 548.383; Y: 4.714.647
Inmóbel: Fonte pública con inscrición memorativa na cabeceira. Inaugurada no ano 1952, cadrando coa alcaldía de Manuel Gutiérrez Torres, o terceiro alcalde da ditadura en Cerdedo. Na actualidade, o inmóbel consta de fonte e bebedoiro. Na cabeceira da fonte tallouse o emblema de Falanxe (xugo e frechas), flanqueado polas siglas J.A.M. e mais a data de construción. As siglas J.A.M. correspóndense a “Juntas de Ayuda a Municipios”, un desaparecido organismo franquista.
Aditamento ilegal:
Elemento: Inscrición.
Dimensións: O texto inscrito ocupa unha superficie de 70 cm x 30 cm.
Texto e/ou emblema:
J. A. M. [emblema de Falanxe] 1952
Accións pendentes: Abuxardado da inscrición, respectando a data de construción.