A cerimonia enmarcarase na programación das súas Xornadas de Divulgación Histórica (25, 26 e 27 de setembro), nas que participarán recoñecidos autores e investigadores como Sole Felloza, Arantza Portabales, Héitor Picallo, Manuel Gago ou Ángel Carracedo.
Os membros do Capitán Gosende desexan agradecen o Equipo Compostela Histórica a súa honrosa deferencia, garantindo que perseverarán nos obxectivos que, dende a súa fundación (ano 2012, e xa antes), veñen desenvolvendo na comarca de Terra de Montes: exploración, investigación, documentación, valorización e divulgación; salvagarda do patrimonio cultural material e inmaterial, defensa do medio ambiente e firme compromiso en prol da recuperación da Memoria Histórica.
O Colectivo Capitán Gosende aborrece a mansedume e hónrase de non ser profeta en terra propia. O día 26 de setembro, en Compostela, o Colectivo Capitán Gosende daralles voz a todos os que soñan cunha Terra de Montes máis próspera, máis sabia, máis tolerante e, polo tanto, máis libre.
Feed RSS
